FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 abr 2010

Queremos formar un gran equipo... ¿úneste?

Aínda que seguimos traballando nas nosas últimas reseñas e reportaxes...-VII Feira do Libro do Rosal-IV Mostra de Teatro do Miño-Presentación do Camiño Portugués da Costa polo Concello do Rosal-V Gran Premio Deputación de Pontevedra de Ciclismo-Exposición de cómic na Biblioteca Municipal-O Mecalia Atlético Novás de balonmán, en Badajoz-Novo premio para a Banda da Agrupación Musical do Rosal... en novas entrevistas e demais publicacións de interese para a cultura da nosa vila e do Baixo Miño, vémonos na obriga de pechar durante un tempo Noticias...

23 abr 2010

Encontro organizado pola ANPA das Escolas Rurais

A ANPA das Escolas Rurais do Rosal que preside Aurora Lomba, celebrará un encontro lúdico no parque de Pías, o día 24 de abril ás 16:00 horas. Organizarán xogos tradicionais: o pión, a cachiza, a carreta, a corda...(invitan a traer os que teñan pola casa). Así mesmo desexan que asistan os avós e avoas para que lles ensinen a xogar. Levarase merenda para compartir entre todos e disfrutarase do parque. Tamén haberá talleres de pintura e globoflexia....

22 abr 2010

Podemos ver ao Novás en directo por Internet

Grazas á información que remite á nosa redacción Flores, os afeccionados e simpatizantes do balonmán rosaleiro poderán ver neste ENLACE os partidos por Internet da fase de ascenso á División de Honor B que vai a xogar o Mecalia Novás no pavillón "Juancho Pérez" (Badajoz), lembrando que tamén van radiar o encontro. Esta fase está organizada polo Balonmano Pines Extremadura Badajoz.A programación segundo a páxina web é a seguinte: -Venres 23, ás 18 horas: Nava Caja Segovia - Mecalia Novás. Ás 20 horas: Sant Martí (Barcelona) - Pines Badajoz. -Sábado...

Miguel Rodríguez Amenedo, gañador do cartel da Feira

A XVIII Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 16, 17 e 18 de xullo na Praza do Calvario. Nela estarán representadas a maioría das adegas pertencentes á subzona do Rosal. Este ano o gañador do cartel anunciador da “XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL” foi o deseñador gráfico guardés Miguel Rodríguez Amenedo. Nos últimos anos este evento recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, dunha gran variedade de produtos típicos da zona...

21 abr 2010

Agustín Hernández visita as obras da VAP (Tui-A Guarda)

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández visitou o luns 19 de abril as obras iniciadas recentemente do tramo III da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda ao seu paso polo concello do Rosal. Aquí estivo acompañado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, pola delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares Pérez, por diversos...

Actividades culturais de Cruz Roja Baixo Miño

Segundo nos informa a nosa colaboradora Neli Rodríguez, aínda quedan prazas vacantes para o novo curso de Primeiros Auxilios e Socorrismo Terrestre que organizará en breve Cruz Roja Baixo Miño. Así mesmo esta Asamblea Comarcal realizará o xoves 22 de abril unha excursión cultural aos Cañóns do Sil e a Celanova coas asistentes ao "Taller de Estimulación de Memoria"....

19 abr 2010

Novás. Festas na honra de San José Obreiro

O venres 30 de abril darán comezo en Novás as Festas de San José Obreiro cunha Gran Verbena a cargo da Orquestra Jerusalén e o Grupo Alkar, que se prolongará ata altas horas da madrugada. O día 1 de maio, ás 11:30 h. da mañá, acompañada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, terá lugar a baixada do Santo en Procesión ata a Praza de Ventosela, onde se celebrará ás 12 unha Misa de Campaña na honra de San José, que será cantada pola Coral...

Á venda un cruceiro da autoría de Julio Martínez

Xa está á venda unha das máis monumentais e mellores obras do xove canteiro do Rosal, Julio Martínez Martínez. Trátase dun artístico e impresionante cruceiro galego, de 5’90 metros de altura, que a bo seguro será idóneo por exemplo para un chalet ou casa de campo. O seu prezo: 8500 euros. Para máis información podedes contactar co artista nos teléfonos 986 62 57 33 / 658 050 4...

O V Gran Premio Deputación de Pontevedra, no Rosal

O vindeiro sábado 24 de abril a partir das 17:00 horas, disputarase o V Gran Premio Deputación de Pontevedra categoría Junior organizado polo Club Ciclista O Rosal. Tanto a saída como a chegada terán lugar na Praza do Calvario. As Metas Voantes estarán situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario (dúas veces) e o Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo) tamén dúas veces. Velaquí...

18 abr 2010

Enlaces de interese e webs da Comarca

Agrupación Musical do Rosal http://www.bandadorosal.org/ Agrupación Musical (facebook):  https://www.facebook.com/pages/Agrupaci%C3%B3n-Musical-do-Rosal/174272082936?fref=ts A Guarda en imaxens http://fotosaguarda.blogspot.com/  Anabam http://www.anabam.org/ ACOR http://comerciodorosal.com/ Asociación Os Cabaqueiros http://www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com.es/ Concello do Rosal http://www.concellodorosal.es/portal/ Coro Ecos do Folón http://ecosdofolon.blogspot.com/   Club Ciclista O Rosal http://ccorosal.blogspot.com/ David...

V Feira de Oportunidades organizada por ACOR

O pasado domingo 11 de abril tivo lugar na Praza do Calvario a V edición da Feira de Oportunidades organizada pola Asociación de Comerciantes do Rosal que preside José Martínez González (Pepe Berdeal). Os establecementos estiveron durante todo o día mostrando os seus produtos con importantes descontos á vez que, xa de tarde, se celebraba un concurso-obradoiro de debuxo e de globoflexia, a cargo de Patricia Dorado Pregal. Precisamente o debuxo gañador...

15 abr 2010

Peregrinación polo Camiño Portugués da Costa

O Concello do Rosal organizará todos os sábados dende o 8 de maio ata o 12 de xuño unha peregrinación a pé por etapas a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa. O custe desta actividade é de 35 euros en concepto de gastos do servizo de autobús. O prazo para inscribirse rematará este venres 16 de abril. Convocarase a todos os participantes a unha reunión conxunta no Centro Social Polivalente o día 23 de abril ás 20:00 hor...

Disputouse o derbi entre o Ribera e o Guardés

O pasado domingo 11 de abril disputouse no Campo Municipal da Mata -e ante uns 450 espectadores- o derbi comarcal de fútbol entre a U.D. Ribera e o Sporting Guardés. Antes de iniciar o encontro se lle fixo unha pequena homenaxe ao equipo de Benxamíns por ter finalizado a Liga como segundos clasificados do seu grupo no primeiro ano de participación. Os seus compañeiros do equipo "grande" fixéronlles en recoñecemento o coñecido "pasillo". Así mesmo...

14 abr 2010

O domingo 18, a VII Feira do Libro do Rosal

Este domingo 18 de abril e a partir das 10 da mañá terá lugar no Rosal a VII Feira do Libro. Aínda que nun principio estaba previsto que se celebrase na Praza do Calvario, debido ás posibles inclemencias atmosféricas para ese día optouse porque as distintas librerías do Baixo Miño e Val Miñor participantes estean ubicadas no Salón de Exposicións municipal. Así mesmo ás 5 da tarde comezarán as actividades para os nenos/as organizadas pola concellaría...

7 abr 2010

Sorteo da Asociación de Comerciantes (ACOR)

Sara Carrera, "man inocente", remexe os boletos-vales de compra para o sorteo O pasado mércores 31 de marzo tivo lugar no local da Asociación de Comerciantes do Rosal o sorteo dos vales de compra e do xamón cos que este organismo agasallaba nese mes aos seus clientes. Ao acto asistiron o propio presidente de ACOR, José Martínez González (Pepe Berdeal), a vicepresidenta, Sara Carrera, así como a súa técnica, Eva Pacheco. Esta é a relación das afortunadas/o: -1º...

6 abr 2010

O Rosal, na Semana do Audiovisual Galego

O Concello do Rosal participa na programación da “Semana do Audiovisual Galego 2010”, dentro do proxecto Cinemas Dixitais que promove a Consellería de Cultura e Turismo e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración con AGADIC. Con este motivo o vindeiro sábado 10 de abril ás 19:00 horas, proxectaranse no Auditorio Municipal os films “Stop explotación infantil” e “Mulleres da Raia”....

Contacontos de Beatriz Permuy Martínez

O pasado sábado 27 de marzo e organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, tivo lugar un novo contacontos na Biblioteca Municipal do Rosal. Esta vez a encargada de transmitir aos máis pequenos os divertidos relatos foi Beatriz Permuy Martínez, mestra da Escola de Couso. Bea, que é a creadora e coordinadora do blog Cousas de Peques, define a súa intervención como “unha macedonia de contos, na que con axuda dos nen@s que...

5 abr 2010

Reportaxe do concerto musical "Sons Galegos"

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica de Jesús González Álvarez (Suso) que realizou con motivo do primeiro concerto que ofreceu a Agrupación Musical do Rosal baixo o nome de "Sons Galegos", celebrándose o pasado domingo 28 de marzo no Auditor...