FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 mar 2010

Serafín Martínez Acevedo compite hoxe no País Vasco

Velaquí vos deixamos o enlace ao blog do noso ciclista profesional, Serafín Martínez Acevedo, compoñente do Xacobeo Galicia, que vén de disputar a Volta a Catalunya e hoxe, luns 5 de abril, se atopa en Vizcaia preparando a súa participación na "Vuelta al País Vasc...

Curso de Primeiros Auxilios de Cruz Roja

Segundo nos informa Neli Rodríguez, Cruz Roja Española Baixo Miño convoca un novo curso de interese sanitario, dirixido a persoas maiores de 16 anos. Este curso de Primeiros Auxilios, baremable para o Sergas, ten unha duración de 40 horas teórico-prácticas e se celebrará na Guarda os días 8, 15 e 29 de maio; 5 de xuño, sendo o horario de 10.00-14.00 e de 16:00 a 20:00 horas. O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenrolar perfectamente...

28 mar 2010

Comeza no Rosal a Semana Santa deste ano 2010

Estamos traballando para en breve ofrecervos novas noticias. De momento, velaquí vos deixamos unha das nosas reportaxes fotográficas que realizamos o pasado ano con motivo da Semana Santa....

25 mar 2010

Escrito da Asociación de poetas do Baixo Miño

Transcribimos literalmente o escrito enviado onte, xoves 25 de marzo, á nosa redacción: "La Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño agradece al Concello do Rosal (departamento de Cultura) dirigido y representado por Charo Tabales Perozo, la deferencia de contar un año más con nuestra asociación para participar en el Festival poético-musical celebrado el pasado domingo, día 21, en el auditorio de la Villa, con motivo de la celebración del Día Mundial de la Poesía.Atentamente,Oliva Mª Pereira Gonzále...

24 mar 2010

A Agrupación Musical do Rosal celebra "Sons Galegos"

Segundo nos informan dende a Agrupación Musical do Rosal, esta levará a cabo nos primeiros días da primavera dous concertos baixo o nome de "Sons Galegos", nos que só se interpretarán obras de temática galega e nos que terá lugar a estrea de dúas composicións. O primeiro terá lugar o vindeiro 28 de marzo ás 18:30 h. no Auditorio Municipal do Rosal e o segundo o mércores 31 de marzo ás 20:30 h. no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova...

22 mar 2010

Festival de Música e Poesía 2010 no Auditorio

O domingo 21 de marzo -e organizado pola concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal un novo Festival con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía. Neste acto, presentado pola propia edil, interviron as poetisas Emilia Pérez Rosende, Estrella Velasco "Elfa" e Oliva María Pereira González, da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño. Así mesmo recitaron poemas o xuíz de Paz do Rosal,...

17 mar 2010

Lembramos o Curso de Carpintería do Concello

Queremos lembrar dende Noticias O Rosal -e como recoñecemento aos seus múltiples traballos- que durante case seis meses, dende o 18 de maio ata o 26 de novembro do pasado ano 2009, quince alumnos recibiron no Rosal clases teóricas e prácticas de Carpintería. Este curso foi impartido polo mestre Rafael Dorado Rodríguez e estivo coordinado por Araceli del Pozo Galiñanes, AEDL do Concello, dentro do Plan de Accións Formativas para Desempregados, subvencionado...

16 mar 2010

Reportaxe da Feira de San Gregorio 2010

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica da Feira de San Gregorio que se celebrou en Pías (San Miguel de Tabagón) os días 13 e 14 de marzo deste ano 20...

Prazas vacantes: Arte Floral e Automaquillaxe

Quedan DÚAS PRAZAS vacantes para o Curso de Iniciación en Arte Floral (16 horas) e UNHA PRAZA para Automaquillaxe (10 horas). Arte Floral terá lugar os mércores de 20.00 a 22.00 horas e Automaquillaxe os martes e xoves de 20.00 a 22.00 h. O prezo é de 40 euros Arte Floral e de 30 euros o de Automaquillaxe. Se te interesa podes chamar ao teléfono 986 609450 ou pasarte polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello, no Centro...

15 mar 2010

Celebrarase en Novás a Festa de San José

Este xoves 18 de marzo comezan en Novás as Festas na honra de San José coa apertura da cantina do mesmo nome, que estará aberta dende as 00:00 ata altas horas da madrugada. Xa ao día seguinte, venres 19, ás 12:30 da mañá terá lugar na ermida a misa solemne cantada polo coro Ecos do Folón. Ademais poderase degustar durante todo o día de San José un dos pratos típicos da gastronomía galega como é o "polbo á feira". Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe...

11 mar 2010

O Rosal participou na IV Mostra da Camelia

Os días 6 e 7 de marzo celebrouse na Quinta das Mercedes da Gándara (A Guarda) a IV Mostra de Camelia do Baixo Miño. O sábado 6 tivo lugar a inauguración deste evento, organizado polo Centro San Xerome Emiliani, coa colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal, Tui e A Guarda, xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra. Ata a Quinta das Mercedes se achegaron representando á nosa vila as concelleiras Mabel Franco Pérez, Mª Carmen Alonso e Mª...

Mensaxe e petición de axuda na nosa redacción

Velaquí vos deixamos a mensaxe íntegra que recibimos dunha lectora de Noticias O Rosal residente en Arxentina, solicitando información sobre o seu avó, por se alguén pode axudala: "Mi nombre es Emilce Díaz Alonso, vivo en Argentina, soy nieta de José Benito Alonso Fernández, nacido en O Rosal en 1895. Tengo planeado para el año entrante ir a visitar su tierra natal. Me gustaría contactarme con algún familiar que pudiera mostrarme cual fue su casa,...

10 mar 2010

O equipo Xacobeo Galicia está facendo o Camiño da Costa

O equipo Xacobeo Galicia, do ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, está realizando o Camiño de Santiago por terras portuguesas. O martes saíron dende Lisboa co fin de "simbolizar a apertura do itinerario peregrino que chega a Compostela dende Portugal, e por outro, realizar un adestramento colectivo e reforzar a cohesión como preparación para o importante bloque de carreiras de primavera que se lle presenta". Hoxe chegarán xa...

Celebrouse o IV Torneo de Cachiza en Pías

Fotografías extraídas da web Pías San Gregorio Velaquí vos deixamos a reportaxe do IV Torneo de Cachiza que se celebrou o sábado 6 de marzo na Alameda de Pías (San Miguel de Tabagón). Podedes ver estas e outras fotografías de anteriores edicións na web: http://piasangregorio.blogspot.es/...

8 mar 2010

Conmemorouse o Día Internacional da Muller

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e ao igual que o ano pasado, as traballadoras do Concello do Rosal foron obsequiadas simbolicamente cun pequeno agasallo en forma de flor, como representantes de todas as mulleres do municipio. Velaquí vos deixamos algunhas fotografí...

O Rosal celebrou o Día da Muller Traballadora

O domingo 7 de marzo tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal un acto socio-musical organizado polas concellarías de Cultura e de Muller, que se uniron nesta ocasión para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra cada 8 de marzo. Comezou este evento coa lectura dun manifesto a cargo de María Jesús Videira, traballadora do Concello, quen lembrou que “un ano máis, en todo o mundo, únense voces e vontades para conmemorar...

4 mar 2010

A Asociación de Persoas Maiores do Rosal, de festa

O vindeiro día 14 de marzo a Deputación Provincial de Pontevedra organiza unha Festa coa orquestra Panorama no Recinto ferial IFEVI de Vigo ás 18.00 horas. A Asociación de Persoas Maiores do Rosal dispón de 50 invitacións para dita festa e ninguén será admitido na mesma sen a presentación deste convite. Calquera persoa do Rosal que estea interesada en acudir deberá pagar 6 euros en concepto de gastos de ida e volta en autobús. A saída realizarase...

3 mar 2010

Inauguración do "Bar-Tapería La Revancha"

O mércores 3 de marzo fomos convidados á inauguración dun novo establecemento no Rosal. Trátase do bar-tapería La Revancha, propiedade de Roberto Martínez de Antoñana Delgado, que abriu as súas portas nas inmediacións da Cruz de Ferro. Tal e como reza un dos seus carteis, os venres a partir das 22 horas haberá Campionato de Tute e se servirán tapas e bocadillos todos os días da semana. Entre os asistentes que se achegaron ata este local puidemos...