28 feb 2010
Diplomas da "Asociación Española contra el Cáncer"
28.2.10
Comentar
Os días 24 e 25 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente de O Rosal o Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) e que contou coa colaboración da Obra Social Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. Este curso –que foi impartido por médicos, psicólogos, traballadores sociais e mesmo voluntarios- clausurouse o pasado xoves coa entrega dos correspondentes diplomas...
27 feb 2010
Prazas vacantes no curso de Inglés (iniciación)
27.2.10
Comentar

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que quedan prazas vacantes no curso de Inglés nivel iniciación. O curso terá lugar os luns e mércores de 20.00 a 21.30 h. cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo, entregándose ao final o correspondente certificado. Para máis información podedes achegarvos ata o Centro Social Polivalente...
Cea de fin de tempada do Club Ciclista O Rosal
27.2.10
Comentar

Segundo informa na súa web, o Club Ciclista O Rosal celebrará o sábado 6 de marzo a súa tradicional cea de fin de tempada nun coñe-cido restaurante da vila como homenaxe á actuación dos seus ciclistas no pasado 2009, convidando a "socios, afeccionados e demais simpatizantes" a esta "festa do ciclismo rosaleiro". Para máis información e formalizar a inscrición podedes chamar ao teléfono 680 993 0...
13 e 14 de marzo, a Feira de San Gregorio 2010
27.2.10
Comentar
Os días 13 e 14 de marzo terá lugar en Pías (San Miguel de Tabagón) a Feira de San Gregorio, avogado da cabeza e do estómago. Velaquí vos deixamos o programa deste ano 2010:
EXPOSICIÓNS
Exposición sobre "O deporte no Concello do Rosal".
-Material fotográfico e documental
·Exposición encaixe de palillos e palillada
·Exposición e venda de antigüidades
·Exposición de pintura: óleos de Charo Trigo
V Feira de Artesanía
ACTOS RELIXIOSOS NA CAPELA...
Solteiras vs Casadas. Partido de fútbol en Novás
27.2.10
Comentar
Seguimos ofrecéndovos pouco a pouco as nosas reportaxes deste Entroido 2010. Velaquí vos deixamos desta vez preto de duascentas fotografías do partido entre solteiras e casadas que se celebrou o 14 de febreiro en Novás, na Praza de Ventosela, e que, como observaredes, estivo cheo de emoción, amizade e sobre todo, moito, moito hum...
26 feb 2010
APRÁZASE ao día 6 a Excursión a Manzaneda
26.2.10
Comentar

Con motivo do temporal anunciado para mañá, 27 de febreiro, suspéndese a excursión prevista para este día, que estaba organizada pola Parroquia de Santa Mariña. APRÁZASE para o sábado 6 de mar...
24 feb 2010
A AECC organiza un curso na Vila do Rosal
24.2.10
1 comentario
Onte e hoxe (24 e 25 de febreiro) celébrase no Centro Social Polivalente de O Rosal o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos” organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) e que conta coa colaboración da Obra Social Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal. O mércores tivo lugar a presentación a cargo de Mª Josefa Crespo Amigo, presidenta da Xunta Provincial de Pontevedra e de Esmeralda Martínez Pedreira, presidenta...
23 feb 2010
Excursión comercial ás Termas de Monçao
23.2.10
Comentar

Organizada pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal, o venres 12 de marzo celebrarase unha excursión comercial ás Termas de Monçao cun circuito de dúas horas e media aproximadas e con comida incluída. Poderán anotarse todas as persoas maiores de 35 anos que o desexen. O custe desta actividade é de 18 €, ata cubrir as prazas. Inscricións e información no teléfono 986 60 94 ...
As grazas da Cruz Vermella e a Agrupación Musical
23.2.10
Comentar
Velaquí vos deixamos íntegra a mensaxe que foi remitida á nosa redacción: "Dende Cruz Vermella e a Agrupación Musical do Rosal queremos agradecer enormemente a colaboración de todos e todas co acto benéfico que tivo lugar o pasado domingo 21 no auditorio do Rosal. Gracias á colaboración de todos, membros da Agrupación, empresa patrocinadora, Concello do Rosal, voluntarios de Cruz Vermella, e por suposto gracias a todos aqueles que non dubidaron en achegarse o domingo e asistir ás actuacións. Gracias a todos e todas logramos recaudar entre donativos...
22 feb 2010
Entrega de premios Concurso de Entroido 2010
22.2.10
Comentar
Velaquí vos deixamos a nosas fotografías e relación de premiados do tradicional Concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais organizado polo Concello no que este ano se repartiron preto dos 2000 euros en premios. Estes foron os vencedores nas diferentes categorías:
Individual Infantil
1º: Los Vikingos
2º: El Pequeño Jinete
3º: A Colombiana de Café
Individual Xuvenil-Adulto
1º: A Tela e a Araña
2º: As Dúas Caras da Baralla
3º:...
19 feb 2010
Desfile-Concurso de Entroido do Rosal, 2010
19.2.10
3 comentarios
O pasado domingo 14 de febreiro celebrouse o Desfile de Entroido do Rosal polas rúas do Calvario, participando sete concursantes na categoría individual infantil: El Pequeño Jinete, A Colombiana de Café, La Primavera, Bucaneros, Hindú, Los Vikingos e Dioses Egipcios; nove na xuvenil-adulto: Burbujita Freixenet, A Tela e a Araña, Os Milagres de Cupido, Astérix e Obélix, A Fanta e a Coca-Cola, As dúas Caras da Baralla, As Hello Kitty cobran vida, Pastor,...
18 feb 2010
Actividades do Concello do Rosal
18.2.10
Comentar
O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, está levando a cabo actualmente os seguintes cursos:
·Cociña, os martes, ata o día 9 de marzo.
·Repostería, os mércores, ata o día 3 de marzo.
·Automaquillaxe, os martes e xoves, ata o día 25 de febreiro.
·Arte floral de iniciación, os mércores, ata o 17 de marzo.
Todos estes cursos realízanse dende as 20.00 ata as 22.00 horas no Centro Social Polivalente, salón de pintura...
Dúas prazas vacantes no curso de Inglés Medio
18.2.10
Comentar

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que ten dúas prazas vacantes no curso de Inglés Nivel Medio. Este curso terá lugar os martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran as dúas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo. Unha vez rematado entregarase o correspondente certificado. Máis información no Servizo de Información Xuvenil e Animación...
17 feb 2010
Entroido dos nenos/as do CRA María Zambrano
17.2.10
Comentar
Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do desfile de Entroido e as actuacións dos nenos e nenas do CRA María Zambrano que tiveron lugar o venres 12 de febreiro na Praza do Calvario....
11 feb 2010
Doce escolas provinciais de fútbol reciben material deportivo no Auditorio Municipal
11.2.10
Comentar
O xoves 11 de febreiro tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a entrega de material (camisetas, pantalóns cortos e balóns) a doce escolas deportivas provinciais de fútbol: Porriño e Atios, Gondomar, O Rosal, Tui, Oia, ás tomiñesas Tebra, Sobrada, Goián e ás guardesas La Guía, San Caetano e Alameda. A este acto, que presentou o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, asistiron o deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, diferentes...
9 feb 2010
Festas de Entroido 2010 no concello do Rosal
9.2.10
Comentar

Este Ano Santo 2010 comezan as festas de Entroido no Rosal xa o sábado 13 de febreiro coa inauguración ás 0:30 horas da “Karpa Fornelos 2010”. Ao día seguinte, domingo 14, ás 11:30 horas celebrarase no Calvario o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais organizado polo Concello no que este ano se repartirán preto dos 2000 euros en premios. O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa...
8 feb 2010
Celebráronse un ano máis as festas na honra da Virxe da Saúde e de San Brais en Tabagón
8.2.10
Comentar
Velaquí vos deixamos esta interesante reportaxe fotográfica do noso colaborador Noé C. Brey con motivo das festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais que se celebraron a pasada fin de semana na parroquia de San Xoán de Tabagón. Lembramos que xa o venres 5 de febreiro, segundo a hora prevista, procedeuse á Subida do Artístico Arco, que como dixemos este ano levantouse (de novo coa forza da xente e sen necesidade da grúa) en "homenaxe ao Xacobeo...
6 feb 2010
Serafín Martínez Acevedo, "O Tren do Rosal", comeza unha nova tempada na elite do ciclismo
6.2.10
2 comentarios
.jpg)
O ciclista rosaleiro Serafín Martínez do Xacobeo Galicia disputará dende o 7 ao 11 de febreiro a Challenge de Mallorca, a súa primeira proba do ano. Dende Noticias O Rosal desexámoslle moita sorte para esta nova tempada que comeza e que siga nesa liña ascendente que xa demostrou en 2009, gañando as metas voantes da Clásica de Almería, conseguindo o triunfo na clasificación xeral do Premio da Montaña na Vuelta a Burgos e a súa recordada actuación...
4 feb 2010
Sabine Pfister impartiu un xenial contacontos
4.2.10
Comentar
O sábado 30 de xaneiro tivo lugar na Biblioteca Municipal un contacontos organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, dentro do seu programa de fomento da lectura. De novo a encargada de transmitir as diferentes historias para os máis pequenos foi Sabine Pfister, que -cun teatriño- e ataviada cun disfrace fixo as delicias dos máis de vinte e cinco nenos e nenas que se achegaron ata o “Rincón do Conto”. A próxima cita será...
Acto pola Paz da ANPA do Manuel Suárez Marquier
4.2.10
Comentar
O venres 29 de xaneiro tivo lugar na Praza do Calvario do Rosal un ACTO POLA PAZ organizado pola directiva da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier. O acto foi presentado pola psicopedagoga e logopeda Ana María Montes Santomé, secretaria desa asociación de nais e pais de alumnos/as, quen deu a benvida e convidou á xente a achegarse ata o micrófono para ler uns pequenos textos a favor da Paz. Mentres, pequenos e maiores, ían colocando e acendendo velas...