TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 abr 2009

COGAMI ofreceu unha charla no colexio da Mata

Segundo informa Sandra Alonso, educadora familiar do Rosal, recentemente (o 2 de abril) tivo lugar no CPI Manuel Suárez Marquier unha charla sobre Educación Vial impartida por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ao alumnado de 4º da ESO e 2º de Diversificación Curricular. Susana Seoane, traballadora social da entidade comezou falando sobre as lesións medulares e as formas máis comúns de producirse: accidentes de tráfico, mergullos en mar, ríos e piscinas e tamén en accidentes laborais. Segundo Seoane “o 50% das lesións medulares débense a accidentes de tráfico. O alcol, as drogas e o exceso de velocidade son as principias causas destes sinistros. O 80% das vítimas non cumpriron os 30 anos, e moitos deles non usaron nin cinto nin casco”. Comentou tamén as consecuencias que provocan estas lesións, sendo moi frecuentes os problemas psicolóxicos, xa que “é un golpe moi difícil de superar. O shock producido, a sobreprotección da familia e a incomprensión da sociedade son as principias barreiras mentais”. Así mesmo falou das outras barreiras, as arquitectónicas e as sociais que son outros impedimentos comúns que se atopa unha persoa con movilidade reducida. A continuación Fabián de Saa contou aos rapaces e rapazas a súa experiencia a raíz dun accidente de moto que sufriu hai 8 anos, cando contaba con 17. Relatou como foi a súa reacción cando espertou do accidente e o traslada-ron en helicóptero ao Juan Canalejo da Coruña. Como foron os días que seguiron, a reacción da súa familia e as dificultades que supuxo aceptar a súa nova situación. Fabián contou que tivo que “aprender a moverme e a realizar cousas tan sinxelas como son facer a cama ou entrar na ducha”. Unha visión de como cambiou a súa vida, coas dificultades que se atopa nas cidades, discotecas, cines… algo no que antes nin reparaba e do que os alumnos do colexio Manuel Suárez Marquier tomaron boa nota.

0 comentarios:

Publicar un comentario