29 abr 2009
Fedra Alcaraz actuou como "Contacontos"
29.4.09
Comentar
O mércores 29 de abril e organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, tivo lugar un "Contacontos" a cargo de Fedra Alcaraz, veciña de Fornelos. Preto da trintena de nenos e nenas disfrutaron dos relatos de Fedra no "Rincón do Conto" da Biblioteca Municipal do Ros...
Manual básico de lexicografía. Este é o título da nova publicación de José Martínez de Sousa
29.4.09
Comentar

Foi remitido recentemente á nosa redacción o último libro do escritor rosaleiro José Martínez de Sousa (http://www.martinezdesousa.net/) que leva por título Manual básico de lexicografía, de Ediciones Trea (Asturias). Nesta ocasión o autor pretende "introducir al lector en los entresijos de una técnica científica llamada lexicografía y explicar qué es una obra lexicográfica (por ejemplo un diccionario o una enciclopedia) y cómo se definen, manejan...
27 abr 2009
Comeza no Rosal o ciclo "Cinemas Dixitais"
27.4.09
Comentar

A concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo ofrece para o vindeiro mes de maio o ciclo "Cinemas Dixitais", dedicado ao cine en galego. Trátase dun proxecto que pon en marcha a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural xunto coa Axenda Audiovisual Galega. A primeira proxección -"O partido"- terá lugar o sábado día 2 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. Trátase dunha comedia...
Celebráronse Confirmacións en Santa Mariña
27.4.09
Comentar
O sábado 25 de abril tivo lugar na igrexa de Santa Mariña do Rosal a cerimonia de Confirmación de 28 rapaces da parroquia. Ao estar convalecente o bispo da diócese Monseñor D. José Diéguez Reboredo, administrou este sacramento o Vicario pastoral D. Juan Andión Marán. Este acto solemne, que contou coa participación do coro parroquial, foi así mesmo cooficiado polos cregos D. Julio Ramos Rodríguez e D. Isaac Penela Carbajales. Aquí vos deixamos esta...
Unha rosaleira presentou o seu estudo no IX Simposio de Psicolingüística, 2009
27.4.09
Comentar
Segundo recollen diferentes medios de comunicación arredor dun cento de expertos nacionais e internacionais reuníronse no IX Simposio de Psicolingüística, que se celebrou en Santiago de Com-postela dende o 23 ao 25 de abril. A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa, licenciada en Filo-loxía Hispánica, Periodismo e na actualidade estu-dando Psicoloxía na capital de Galicia presentou neste congreso o seu traballo de inves-tigación "Adquisición lingüística...
23 abr 2009
Cine no Auditorio para a tarde do sábado
23.4.09
Comentar

Este sábado 25 de abril terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha dobre proxección de cine, xa que haberá unha sesión ás 18 horas e outra ás 20 horas. Na primeira poderase disfrutar da película de animación El bosque animado, longametraxe baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez sobre a vida nos bosques de Galicia e sobre como a presenza do home os amenaza. Na segunda se proxectará A lingua das bolboretas, versión cinematográfica de...
22 abr 2009
O rosaleiro Óscar Braga Martínez (Xube) está disputando o Campionato Galego de Autocross
22.4.09
Comentar

O piloto Óscar Braga Martínez, máis coñecido por Xube, naceu no Rosal o 4 de outubro de 1988. Na actualidade está disputando o Campionato Galego de Autocross na categoría de car cross. Debutou o pasado 21 de marzo no LX Autocross Arteixo no circuito José Ramón Losada de Morás, un acontecemento ao que asistiron máis de 4000 persoas aproveitando o bo tempo que reinou durante toda a xornada. Pertencente á escudería P.A. Arteixo a súa próxima carreira...
21 abr 2009
David Gómez, en 109 marquesinas de Vigo
21.4.09
Comentar

Segundo puido saber Noticiasorosal o decathleta olímpico David Gómez Martínez realizou recentemente unha campaña de publicidade para unha coñecida compañía eléctrica. Baixo o eslogan "En cada prueba dosifico mi energía, en mi hogar ahorro en consumo", dende o 14 ao 20 de abril máis dun centenar de marquesinas da cidade olívica acolleron a imaxe do atleta rosaleiro. Podedes acceder a esta campaña -que conta con multitude de deportistas de primeiro...
A VI Feira do Libro do Rosal, un rotundo éxito
21.4.09
Comentar
A VI Feira do Libro do Rosal celebrouse o domingo 19 de abril na Sala de Exposicións da Casa do Concello e nas inmediacións da Praza do Calvario con gran asistencia de público durante toda a xornada. Nesta Feira que organizou a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, participaron entre outras librerías as rosaleiras Colores e Multi-Novás; Cervantes e Ler, da Guarda; Novidades, de Tomiño; Librería Byblos de Tui e Libraida, de Gondomar....
Obradoiro do debuxante vigués Santy Gutiérrez
21.4.09
Comentar

O domingo de tarde, e con motivo da VI Feira do Libro, tivo lugar un obradoiro de marcapáxinas, debuxo e cómic a cargo do debuxante, humorista gráfico e ilustrador Santy Gutiérrez. Segundo declaracións súas a este xornal dixital leva dedicándose profesional-
mente ao debuxo máis de 15 anos. Santy, que naceu en Vigo o 6 de novembro de 1971, traballa diariamente para xornais como La Región, El Progreso de Lugo, Atlántico Diario o La Opinión de A Coruña...
Festa en Sanxián na honra de San Xulián
21.4.09
Comentar
O domingo 19 de abril celebrouse na capela de Sanxián unha misa na honra do seu patrono, San Xulián na que dúas rapazas recibiron a Primeira Comunión. Oficiou o pai Vidal dos PP. Somascos de A Guarda e actuaron a Coral Polifónica Vagalume de Oia e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/MisaEnSanxianNaHonraDeSanXuli...
20 abr 2009
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, de novo Campión de España júnior de Duatlón
20.4.09
Comentar

Este domingo 19 de abril o rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) proclamouse en Teruel e por terceiro ano consecutivo campión de España júnior de Duatlón. Lembramos que Óscar é o actual campión de Europa da categoría, terceiro do mundo individual e campión mundial por equipos con Mario Mola e Alberto Moreno. Nunha proba con gran nivel Óscar, que recentemente regresou a Galicia tras pasar un mes concentrado en Sudáfrica xunto...
16 abr 2009
O sábado, no Auditorio, "O lapis do carpinteiro"
16.4.09
Comentar

Seguindo coa sesión de cine que ten programada a concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo o sábado 18 de abril ás 20:00 horas proxectarase a película O lapis do carpinteiro, basado nunha das novelas de maior éxito do escritor galego Manuel Rivas. Na súa versión cinematográfica está dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez e Luis Tosar. O seu argumento é o seguinte: No cárcere de Santiago de...
Certame de fotografía VIAXANDO 2009
16.4.09
Comentar
Dende a OMIX do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira infórmannos que xa están dispostas as bases do Certame de fotografía VIAXANDO deste ano 2009. Lembramos que está organizado polas oficinas de información xuvenil de Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Porriño, Baiona, Gondomar e a Casa de Xuventude de Tui. Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO. As fotografías poden ser en branco e negro ou a cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a...
15 abr 2009
Pepe Carreiro, autor de "Os Bolechas", no Rosal
15.4.09
Comentar
Pepe Carreiro amosou a súa incomparable técnica no Centro Social Polivalente
Organizado polas concellarías de Cultura e de Educación do Rosal dentro da programación de abril como “mes dos libros”, o debuxante e humorista gráfico Pepe Carreiro estivo o mércores 15 de abril no Centro Social Polivalente. Ilustrador tamén para nenos ten acadado moita fama realizando a serie “Os Bolechas”, auténtico fenómeno cultural. E precisamente máis dun cento de...
Tráxico suceso na pirotecnia do Rosal
15.4.09
Comentar
A media tarde do mércores 15 de abril escoitouse un forte estourido na pirotecnia A Rosaleira con fatales consecuencias. Alertados os corpos de seguridade confirmaron que houbera unha explosión na que desgraciadamente o seu propietario Félix Martínez Martínez faleceu no acto. Este tráxico suceso non é o primeiro que ocorre nesta pirotecnia, xa que fai anos, nun accidente similar faleceron, entre outros, os pais da vítima, Aquilino Martínez Bouzada e Odila Martínez Alonso. Así o reflectía Europa Press nunha pequena reseña nada máis ocorrer o si...
13 abr 2009
Santa Mariña do Rosal celebrou a Semana Santa
13.4.09
Comentar
Con motivo da celebración da Semana Santa tivo lugar o Xoves na igrexa parroquial de Santa Mariña a tradicional cerimonia eucarística da Santa Cea onde se escenificou o lavatorio dos pés aos apóstolos representados por nenos. O Venres levouse a cabo tamén o típico desenclavo así como a adoración da Cruz. Seguidamente tivo lugar a procesión do Santo Enterro, que fixo o itinerario de costume (Praza do Calvario - rúa do Couso - cruce de Villa - rúa...
O ilusionista Yuri Cardinali actuou no Rosal
13.4.09
Comentar
O sábado 11 de abril o bar D'Bute (Pancenteo-O Rosal) acolleu un espectáculo de maxia a cargo do ilusionista profesional Yuri Cardinali, seudónimo de Rui Cardinali Silva, descendente dunha familia circense italiana http://yuricardinali.com/. Case vinte anos avalan a este mago que -co seu show de trucos, escapismo, danza do ventre ou mesmo a "participación" de serpes- ten realizado infinidade de actuacións en Portugal, Francia e agora en España....
9 abr 2009
A web de David Gómez, de novo na rede
9.4.09
Comentar

O propio David informounos mediante un correo electrónico enviado á nosa redacción de que despois de moito tempo coa súa páxina web parada por motivos técnicos xa está de novo en funcio-namento. David Gómez Martínez cóntanos que está moi a gusto na súa andaina pola capital de España, tanto no persoal como no deportivo, a pesar de atoparse lesionado nos tendóns de aquiles. Podedes acceder mediante dúas direccións, a de ata agora http://davidgomez.interatletismo.es/...
Curso de Primeiros Auxilios e Socorrismo
9.4.09
Comentar
Segundo informa Neli Rodríguez, a "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" convoca un novo curso de primeiros auxilios e socorrismo terrestre. O prazo para inscribirse xa está aberto e está dirixido a personas maiores de 16 anos. O curso ten unha duración de 40 horas (teórico-prácticas) sendo baremable para o Sergas. Para máis información facede click no seguinte enlace: http://acomarca.blogspot.com/2009/04/la-asamblea-comarcal-de-cruz-roja-baixo.h...
8 abr 2009
Concerto da Agrupación Musical do Rosal
8.4.09
Comentar
En primeiro término Diego Javier Lorente López, director da Banda do Rosal
Velaquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do concerto que ofreceron a banda e o coro da Agrupación Musical do Rosal o domingo 5 de abril no Auditorio:http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ConcertoNoAuditorioMunicipalDoRos...
7 abr 2009
COGAMI ofreceu unha charla no colexio da Mata
7.4.09
Comentar
Segundo informa Sandra Alonso, educadora familiar do Rosal, recentemente (o 2 de abril) tivo lugar no CPI Manuel Suárez Marquier unha charla sobre Educación Vial impartida por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ao alumnado de 4º da ESO e 2º de Diversificación Curricular. Susana Seoane, traballadora social da entidade comezou falando sobre as lesións medulares e as formas máis comúns de producirse: accidentes de tráfico, mergullos...
O Mecalia Atlético Novás, camiño da DHB
7.4.09
Comentar
Aínda que perdeu na última xornada co Universidad de León ADEMAR por 27-38, o Mecalia Atlético Novás de balonmán xogará a fase de ascenso á División de Honor B. Torrelavega será a sede do grupo primeiro de dita fase que organizará o conxunto local do Grupo Pinta no Vicente Trueba os días 24, 25 e 26 de abril. Ata agora son fixos para xogar neste pavillón os equipos Alonso Moguer, o Mecalia Novás, os anfitrións do Grupo Pinta e o Vinaroz do grupo...
6 abr 2009
Santa Mariña celebrou o Domingo de Ramos
6.4.09
Comentar
O domingo 5 de abril centenares de fieis reuníronse na Praza do Calvario para proceder á bendición dos ramos, que estivo a cargo do abade párroco D. Julio. Rematada esta cerimonia organizouse a procesión cara á igrexa presidida pola cruz parroquial. Xa no interior do templo houbo a ofrenda de ritual para a celebración da Eucaristía. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica desta xornada:http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/DomingoDeRam...
2 abr 2009
O Colexio Maristas de Tui nos muíños do Folón
2.4.09
Comentar
O xoves 2 de abril e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, visitaron a nosa vila 52 alumnos/as de 3º e 4º de Primaria do Colexio Maristas de Tui, acompañados dos profesores Nuria Buján Garrido e o rosaleiro Jorge Álvarez Senra. Dende a Praza do Calvario puxeron dirección aos Muíños do Folón, e máis concretamente ao nº 1, o das Laxes, onde se realizou unha demostración de moenda. Aquí vos deixamos as fotografías...
1 abr 2009
Concerto da Banda de música e o Coro da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio
1.4.09
Comentar
O domingo 5 de abril ás 20 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal un concerto da Banda de música e o Coro da Agrupación Musical do Rosal. O programa é o seguinte: Ester - Ramón García i Soler; Rubicon - Bert Appermont (soprano solista Toñi Santos Vaquero); Polifemo - Andrés Valero; Lela - letra de Alfonso Rodríguez Castelao e a música de Rosendo Mato Hermida con arranxos de Diego J. Lorente López; Canto ó Rosal - Letra de Manuel da Ventosela...
Charla sobre Educación Vial a cargo de COGAMI
1.4.09
Comentar

O xoves 2 de abril terá lugar no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal unha charla de Educación Vial dirixida a 58 alumnos/as de 4º da ESO e de 2º de Diversificación Curricular dese centro. Por segun-do ano consecutivo persoal de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) colabora nesta iniciativa no colexio público rosaleiro. Haberá dúas sesións de 50 minutos cada unha. A primeira de 9:50 a 10:40 horas e a segunda de 10:40 a 11:30...
Campamentos de verán da Deputación
1.4.09
Comentar

Segundo nos informan dende a OMIX do Rosal, xa está aberto o prazo para solicitar os campamentos de verán da Deputación Provincial de Pontevedra que se desenvolven no "Cen-tro de Vacacións A Lanzada". Este ano organízanse 10 quendas de campamentos que se reparten entre a última semana de xuño, os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. Estas actividades van dirixidas a nenos e nenas da provincia nados entre os anos 1996 e 2001 (ambos...