31 mar 2009
Estivemos na lexendaria "Cova dos Mouros"
31.3.09
Comentar
29 mar 2009
O día 19 de abril celebrarase a Feira do Libro
29.3.09
Comentar
Durante toda a xornada do domingo 19 de abril terá lugar na Praza do Calvario a VI Feira do Libro do Rosal. Pola mañá, entre outras actividades, haberá "Contacontos de libros contentos" e pola tarde, obradoiros de marcapáxinas, debuxo e cómic.
Proxección de películas no Auditorio Municipal
29.3.09
Comentar
Segundo informa a concellaría de Cultura do Rosal, que preside Charo Tabales Perozo, a partir do sábado 4 de abril comeza a sesión de proxeccións de cine no
Auditorio Municipal, tendo como referencia a películas baseadas en obras de recoñecidos escritores galegos contemporáneos. Este día poderase visionar Trece Badaladas baseada na novela de Suso de Toro. O sábado 18, e tamén á mesma hora (20:00) proxectarase O lapis do carpinteiro, na que se conta unha historia de amor en tempos de guerra, de Manuel Rivas. O día 25, doble proxección, xa que haberá unha sesión ás 18 horas e outra as 20 horas. Na primeira poderase disfrutar da película de animación El bosque animado baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez. Na segunda se proxectará A lingua das bolboretas, tamén inspirada na obra de Manuel Rivas.

27 mar 2009
Entrevistamos ao "showman" Oliver Martínez
27.3.09
Comentar
Debido ás múltiples peticións que chegan á nosa redacción seguimos facéndolle entrevistas a rosaleiros que dun modo
ou outro, polas súas diferentes características, condicións, estudos ou mesmo experiencia destacan no panorama galego, nacional e aínda internacional. Hoxe imos a coñecer un pouco máis ao cómico e "showman" Oliver Martínez, que ten participado en multitude de programas televisivos e na actualidade segue ligado ao mundo artístico-humorístico. Oliver nas súas propias palabras “naceu no hospital”, "entre planta e planta, case no ascensor, pero consta como que son jalejo”. Emigrante en Suiza, dá os seus primeiros pasos no mundo inter
pretativo, volvendo aos 16 anos a O Rosal para coidar da súa avoa e facer a mili, mentres pouco a pouco e co paso do tempo se vai forxando un futuro no mundo da actuación e como non, do humor. Oliver, como podedes comprobar a continuación, participou en concursos como Supermartes ou Buscando Estrelas e en programas como Arre Demo e o Show dos Tonechos da TVG. Un último apuntamento: este rosaleiro é un dos poucos que pode dicir que traballou como actor profesional e aínda... para un presidente do Real Madrid. Sen máis, aquí vos deixamos a nosa entrevista a Oliver Martínez:
.jpg)
26 mar 2009
En breve, novas reportaxes e entrevistas
26.3.09
Comentar
Estamos traballando para ofrecervos as nosas últimas reportaxes, así como varias e xugosas entrevistas a destacados rosaleiros que temos realizado estes días.
24 mar 2009
Sabine Pfister contou contos no Rosal
24.3.09
Comentar
A Deputación organiza o arquivo da Mancomu-nidade Intermunicipal do Baixo Miño
24.3.09
Comentar
Coa intención de preservar e poñer en valor a documentación producida no decurso da xestión das administracións públicas da provincia acábase de acometer un proceso de centralización, organización e descrición dos fondos da Mancomunidade intermunicipal do Baixo Miño, integrada polos concellos de Tui, A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño. Inicialmente esta mancomunidade constituíuse coas seguintes finalidades: conservación, ampliación, mellora e reparación das vías municipais; recollida e tratamento de residuos sólidos; abastecemento domiciliario de auga; depuración de augas residuais; Protección Civil e prevención e extinción de incendios; transportes públicos; matadoiro; posta en marcha de programas de desenvolvemento rural; conservación e potenciación do patrimonio histórico-artístico; actividades culturais, deportivas e educativas; protección do medio ambiente; desenvolvemento de programas de atención social e desenvolvemento de actividades de promoción turística no ámbito territorial da Mancomunidade. A maior parte dos fondos corresponde á xestión e control orzamentario, a documentación dos órganos de goberno da Mancomunidade e á xestión das subvencións e dos diferentes proxectos acometidos ("Forest", "Qualitour", "Citania", "Hortomulier", ”Tuyeco", "Formación interactiva intersectiva de práctica prelaboral e laboral de xoves discapacitados en integración" e "Provolgapor").
22 mar 2009
23 anos despois a Garda Civil volve a O Rosal
22.3.09
Comentar
Festival de Música e Poesía no Auditorio
22.3.09
Comentar
19 mar 2009
Celebrouse a Festa de San José en Novás
19.3.09
Comentar
As clases de pintura contan con nova aula
19.3.09
Comentar
Recentemente as clases de pintura organizadas pola OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Rosal trasladáronse da aula do Centro Social Polivalente ao edificio municipal e antiga escola da rúa Simón del Mazo. Dende 2003 estas clases están impartidas por Águeda Suárez Vicente, con grupos de entre 20 e 30 alumnos cada ano. No actual cursan 24 usuarios repartidos en tres grupos (dous o venres de tarde e un o sábado de mañá, hora e media á semana). Os alumnos das clases de pintura -segundo afirma orgullosa Águeda- soen realizar exposicións con motivo das Festas do Pilar, do Cabaqueiro ou da Feira do Viño e refire que aínda algúns conseguiron vender cadros propios. Empregan distintas técnicas (acuarela, témpera, tinta china, pastel, carboncillo…) pero sobre todo usan o óleo. Lembra Silvia Baquero Pereira, responsable da OMIX, que este curso está dentro do Programa Integral de Animación Sociocultural xunto cos de ximnasia funcional, mantemento, ioga ou o obradoiro de memoria que se desenrolan na actualidade nas dependencias municipais. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe das clases de pintura:
18 mar 2009
A Asociación Sociocultural da Terceira Idade de O Rosal organiza unha excursión comercial
18.3.09
Comentar
O venres 3 de abril a Asociación Sociocultural da Terceira Idade de O Rosal organiza unha excursión comercial a Amares e á
Quinta Lago dos Cisnes (Portugal). O prezo desta viaxe é de 11 euros por persoa e o itinerario será o seguinte: saída ás 8 da mañá dende a Praza do Calvario ata Amares e Quinta Lago dos Cisnes, recepción, benvida e almorzo, demostración publicitaria e comida. A continuación visitarase o Santuario da Nosa Señora de Abadía, o Museo de Arte Sacra e Ponte de Porto, tempo libre e regreso a casa. Quen esté interesada/o en en participar nesta excursión pode chamar ao teléfono do Centro Social Polivalente (986 609450) de luns a venres de 9 a 13 horas.

17 mar 2009
Aberto o prazo de inscrición na Galescola
17.3.09
Comentar
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Rede Galega de Escolas Infantís informan de que o prazo de inscrición para as novas/os usuarias/os da Galescola do Rosal vai dende o 15 de marzo ata o 15 de abril. As instancias recolleranse na propia Galescola (A Devesa - Pías).
Os comercios do Rosal, con Selo de Calidade
17.3.09
Comentar
Comeza a "Festa de San José 2009" en Novás
17.3.09
Comentar
O mércores 18 de marzo, coa apertura da cantina "San José", que permanecerá aberta dende as 24:00 h. ata altas horas da madrugada, dará comezo a Festa de San José na xuradía de Novás. O xoves 19 marzo ás 12'30 da mañá terá lugar a misa solemne na ermida de San José. A partir das
17 horas haberá un gran concerto coa actuación do coro "Ecos do Folón", do grupo de pandereteiras "Río do Folón" e do grupo de gaitas "Airiños do Folón". Durante todo o día servirase polbo á feira. Na fotografía o libro Ermita de San José de Ventosela. Apuntes históricos, da autoría do investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, que fará o mércores xa 14 anos da súa saída do prelo (18 de marzo de 1995). A obra comeza cunha particular dedicatoria: "Esta publicación vaya en homenaje y recuerdo del carísimo amigo Perfecto Álvarez Rivero, excepcional devoto de San José y preocupado siempre por la solemnidad del culto anual al Santo Patrono de Novás y de la conservación de la capilla de Ventosela. Desde el 20 de diciembre de 1982 en la Eterna Morada, también presente, en Ventosela, por el recuerdo, el amor y la oración". O motivo desta primeira monografía sobre a historia dunha ermida rosaleira, foi, segundo se reflicte no libro "conmemorar el III Centenario de la Fundación de la Capellanía y Capilla de San José de Ventosela".

16 mar 2009
Remata o prazo para os Campamentos de Verán
16.3.09
Comentar
Segundo nos informa a OMIX do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira, a Xunta de Galicia organiza campamentos durante os meses de xullo e
agosto no territorio galego e tamén noutras Comunidades Autónomas. Os destina-tarios: rapaces de 9 a 17 anos. A duración é de dúas semanas, agás para os máis pequenos que son de sete días. Estarán aloxados en albergues, residencias ou campa-mentos de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma. Os prezos serán semellantes aos do ano pasado, isto é, dende os 92 € ata os 225 €. Existen descontos no prezo: 50% para familias numerosas e 25% para posuidores do carné xove. O prazo remata o 24 de marzo, xa que ese día as solicitudes teñen que estar físicamente na Delegación de Vigo. Para máis información no Centro Social Polivalente ou no teléfono 986 60 94 50.

Editouse un libro sobre As Cachadas
16.3.09
Comentar
Coincidindo coa festividade de San Gregorio viu a luz unha nova
publicación no Baixo Miño. Trátase dun libro de 72 páxinas a toda cor, editado pola Comisión da Feira de San Gregorio 2009, con texto de José Luís Lomba Álvarez e a colaboración das familias Lomba González e Lomba Alonso. Salvando as súas innumerables faltas de ortografía (a organización laméntase de que non houbese tempo para a corrección) sen dúbida este libriño é un interesante "paseo" pola historia desta coñecida fábrica. Podedes ver as fotografías da súa presentación na reportaxe que realizamos recentemente en Pías.

Comezan as rutas e visitas guiadas a O Rosal
16.3.09
Comentar
O domingo 15 de marzo e previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, visitou a nosa vila un pequeno
grupo formado por 11 persoas procedentes da parro-
quia de San Salvador de Louredo (Mos). Amantes do sendeirismo e o contacto coa natureza estes mosenses solicita-
ron o acompañamento do guía municipal para coñecer de preto os segredos da ruta que os levaría polos 67 muíños do Folón e Picón, declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 1998. Na fotografía, o grupo en Chan da Cereixeira.
15 mar 2009
Celebrouse a Feira de San Gregorio 2009
15.3.09
Comentar

11 mar 2009
O día 17 entréganse os Selos de Calidade no local social da Fundación O Rosal
11.3.09
Comentar
O vindeiro martes 17 de marzo ás 13:30 horas terá lugar na
sede da Fundación O Rosal o acto de entrega dos recoñecidos Selos de Calidade e Certificacións de Calida-

de Norma UNE 1750001 obtidos polos asociados de ACOR (Asociación de Comerciantes de O Rosal), que preside José Martínez González (Pepe) tal e como anunciabamos o mes pasado dende este xornal dixital:
10 mar 2009
"Os Campelos" actuarán o sábado 14 en Pías
10.3.09
Comentar
9 mar 2009
O grupo de teatro Agarimo actuou no Auditorio
9.3.09
Comentar
O grupo de teatro da Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" de Vigo presentou o domingo ás 19 horas no Auditorio e diante
dunhas 200 persoas a obra Maribel y la extraña familia de Miguel Mihura. Esta comedia estivo dividida en tres actos, adaptada á época actual, transcorrendo a acción en Vigo (con alusións nesta ocasión a O Rosal). Conflitos entre homes e mulleres, xirando todo arredor do equívoco, a obra foi traducida ao galego por Paula Rodríguez Ramilo. O papel da protagonista estivo interpretado por Berta Veigas, que é a coordinadora do grupo
, acompañada entre outros polo seu “futuro” marido na ficción Marcelino (Suso Fernán-
dez Copete). A dirección da obra correu a cargo da actriz, profesora e directora de teatro arxentina Alejandra Abreu Pérez. Este acto contou coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e os departamentos de Cultura e de Servizos Sociais do Concello do Rosal. Podedes ver as demais fotos no seguinte enlace:
Inaugurouse no Auditorio a Exposición "Shanti" da rosalesa de Fornelos, Naomi Brey Flores
9.3.09
Comentar
Esteban e Michael gañadores do III Campionato de Cachiza de San Gregorio (Pías-San Miguel)
9.3.09
Comentar
O sábado 7 de marzo celebrouse na Alameda de Pías o III Campionato de Cachiza con motivo das festas de San Gregorio. Segundo a organización este ano participaron un total de 16 parellas, o que supón o dobre que as apuntadas
o ano pasado. O gañador deste III torneo foi o equipo "Joreña 2" formado por Esteban e Michael (na fotografía, 110 puntos). O segundo premio foi para "Anxo Sport" de Carlos e Anxo (84 puntos), acadando a terceira praza neste campionato o equipo "Sepasa" formado por Paco e Sefo (83 puntos). A entrega de premios será o sábado 14 de marzo ás 18 horas na Feira de San Gregorio. Aquí vos deixamos o enlace á páxina da organización onde poderedes ver fotografías das diferentes actividades desenvolvidas nestes últimos anos:
8 mar 2009
As mulleres do Concello, obsequiadas no seu Día
8.3.09
Comentar
Para conmemorar o Día Internacional da Muller o seu
Servizo de Promoción municipal fixo entrega -e por sorpresa- duns pequenos agasallos ás traballadoras do Concello. A responsable de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso Alonso na compaña da colaboradora do seu departamento Banesa Cortiñas Brey, percorreron o venres as oficinas da casa consistorial e do
Centro Social Polivalente para obsequiar a todas as mulleres cunha ben adornada e sinxela plantiña. En palabras de Mª Carmen Alonso "o Servizo de Promoción da Muller do Rosal con este pequeno agasallo pretende sexa un acto simbólico a modo de homenaxe e recoñecemento extensivo a todas as mulleres da nosa vila". Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:
Un collage lembra o Día Internacional da Muller
8.3.09
Comentar
Os alumnos de 4º e 5º de Primaria do C.P.I. Manuel Suárez Marquier realizaron con motivo do Día Internacional da Muller un collage -d
istribuído en catro paneis- que estivo organizado polo Servizo de Promoción da Muller do Concello do Rosal. Segundo Banesa Cortiñas Brey, impulsora desta iniciativa, “o obxectivo que se buscaba con estes paneis é que os nenos atoparan as igualdades reais entre homes e mulleres, dun xeito sinxelo, empregando para ese fin a súa propia imaxinación". Estes paneis estarán expostos dende o luns 9 de marzo nas dependencias do Concello. Podedes ver algunhas fotografías no seguinte enlace:
5 mar 2009
Proxectouse no Auditorio "El niño de Marte", segunda película do programa Cinensino
5.3.09
Comentar
4 mar 2009
O Rosal xa ten servizo de comedor na Galescola
4.3.09
Comentar
3 mar 2009
Un libro recolle os Arciprestados de Tui-Vigo
3.3.09
Comentar
Foinos enviado recentemente á nosa redacción o tomo Arciprestados de Tui-Vigo. (II) A Guarda-Tebra. Trátase dunha publicación de 232 páxinas con imaxes a toda cor,
editada pola Delegación de Patrimonio da Diocese de Tui-Vigo e coa colaboración da Xunta de Galicia e a Vigairía de Pastoral Tui-Vigo. A coordinación deste libro correu a cargo de Juan Andión Marán, con texto de Andrés Fuertes Palomera e a portada e fotografías de Santi Vega López. Segundo os autores "no ano 2008 puxemos en marcha esta colección para dar a coñecer as parroquias da Diocese percorrendo os distintos Arciprestados que principiamos polo Miñor". Así mesm
o afirman que "a nosa modesta aspiración é que a xente que vive nas nosas parroquias -e calquera que se interesa pola riqueza patrimonial que nos rodea- teña a oportunidade de contem-


plar as obras que nos deixaron os nosos antepasados e afondar no coñecemento da súa significación". Na actualidade o Arciprestado de A Guarda-Tebra está composto por 26 parroquias e 3 anexos que son, por orde alfabética: Amorín, Barrantes, Burgueira, Camposancos, Eiras, Estás, Figueiró, Forcadela, Goián, A Guarda, Loureza, Mougás, Oia, Pedornes, Pinzás, Piñeiro, Rosal (Santa Mariña), Salcidos, Tabagón (San Miguel e San Xoán), Taborda, Tebra (O Salvador e Santa María), Tomiño (Santa María), Viladesuso e Vilameán. Os anexos son os de Currás, Hospital e Sanxián (San Xián).
Serafín Martínez Acevedo adxudícase o Premio das Metas Voantes da Clásica de Almería
3.3.09
Comentar
Segundo informa o equipo Xacobeo Galicia, o ciclista rosaleiro S
erafín Martínez Acevedo vén de proclamarse gañador das Metas Voantes da Clásica de Almería que se disputou esta fin de semana tras unha escapada de máis de noventa quilómetros con outros catro corredores, que foi neutraliza-

da a doce de meta. A victoria absoluta foi para o neozelan-
dés Greg Henderson, do equipo americano Columbia. Jesús Blanco Villar, que dirixiu ao equipo nesta Clásica, afirmaba que "a labor era ter presenza en carreira e se era posible, subir ao final ao podio. Ambos obxectivos lográronse ao meterse Serafín na escapada da xornada e conseguir, ademais, metas voantes". Dende Noticiasorosal, a nosa noraboa Sera!
2 mar 2009
A actriz arxentina Alejandra Abreu dirixirá ao grupo de teatro "Agarimo" no Auditorio
2.3.09
Comentar
ribel y la extraña familia de Miguel Mihura este domingo 8 de marzo ás 19 horas no Auditorio Municipal do Rosal. A dirección da obra, que corre a cargo da actriz, profesora e directora de teatro arxentina Alejandra Abreu Pérez (na fotografía), conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e os departamentos de Cultura e de Servizos Sociais do Concello do Rosal.
1 mar 2009
Exposición fotográfica da rosaleira Naomi Brey
1.3.09
Comentar
