FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2008

Agradecemento da Concellaría de Turismo

Dende o Concello do Rosal e máis concretamente dende o Departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano (na fotografía) queren dar as grazas a cantas persoas decidiron visitar a nosa Vila neste ano 2008 que está a punto de rematar. Polas Oficinas de San Miguel de Tabagón e os Muíños do Folón e Picón pasaron só nos meses de verán (entre xullo e setembro) un total de 5284 visitantes, sendo agosto (2355 v.) o mes con máis afluencia de turistas....

Obradoiro sobre técnicas de busca de emprego

Dende o Servizo de Promoción da Muller organízase un "Obradoiro sobre técnicas de busca de emprego" dirixido a mulleres desempregadas do Concello. É este un dos problemas que máis preocupa, polo que é importante coñecer estratexias e recursos para atopar traballo. Trataranse contidos básicos co fin de axudar á inserción laboral nun mundo en permanente cambio: onde buscar, currículum, entrevista, procesos de selección, análise das ofertas, etc. Para...

Máis cobertura da rede "wifi" do Rosal

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de ampliación da súa rede Wireless “orosalwireless” cubrindo un 95% do seu territorio. Os novos emprazamentos dan cobertura ás zonas de Pías, Telleira, Cunchada, Fornelos ou Eiras. O ano que vén levaranse a cabo máis ampliacións e reforzos nas zonas onde o nivel de cobertura sexa deficiente ou nulo. Os únicos requisitos para poder empregar o servizo son: estar empadroado no concello e solicitar no departamento...

28 dic 2008

Michelle Jenner (Hombres de Paco) no Rosal

A actriz Michelle Jenner coñecida nacionalmente polo seu papel de Sara Miranda, moza de "Lucas" na serie de Antena 3 "Los hombres de Paco" visitou de sorpresa na mañá do domingo 28 de decembro a nosa Vila. Aquí gravará varias esceas da súa nova película. Escenarios como As Aceñas, a praia de Eiras ou o miradoiro do Niño do Corvo serán enclaves privile-xiados que sairán no seu novo film. Nas súas propias palabras "O Rosal es un pueblo maravilloso,...

25 dic 2008

Festival de Nadal o día 28 no Auditorio

O domingo 28 de decembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal terá lugar o festival de Nadal que organizan en colaboración a Escola Comarcal de Teatro e o Concello do Rosal. O festival para toda a familia consta de dúas partes, a primeira corre a cargo da compañía de teatro Albións, que fai unha recreación moi divertida dos paiasos tipo Augusto e Bianco. Bianco é un paiaso "listo" e non pode levar nada a bo término xa que sempre aparece Augusto,...

22 dic 2008

Novo horario de Nadal da Biblioteca

A Biblioteca Municipal do Rosal cambia de horario con motivo das festas do Nadal. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro abrirá as súas portas en horario de mañá, de 10 a 13 horas. Ata o 9 de xaneiro non se recuperará o horario habitual das tardes. Dende a Concellaría de Cultura lémbrase que na Biblioteca nestas datas -e ao igual que durante todo o ano- "pódese estudar ou navegar pola rede sen coste algún". Para máis información chamar aos teléfonos...

21 dic 2008

Presentouse o libro de Tamuxe e Juan Ramón

O sábado 20 de decembro tal e como estaba programado presentouse no Centro Cultural de Baíña (Baiona) o novo libro dos rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa que leva por título Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Presentou o acto a licenciada en Filoloxía Galega, a baiñesa Bárbara Pereira Meneses. Interviron aparte dos autores, o doutor en Historia, o profesor Luis Domínguez Castro e...

Entrega de premios no Centro Polivalente ás gañadoras do II Concurso de Beléns do Rosal

O sábado 20 de decembro tivo lugar no Centro Social Polivalente a entrega de premios ás gañadoras do II Concurso de Beléns organizado pola Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que coordina Silvia Baquero Pereira. Como xa tiñamos anunciado o belén gañador na categoría infantil-xuvenil foi o presentado polas irmás Sara e Alba Rodríguez Videira, de Martín. Na categoría adulto o belén...

20 dic 2008

En tempos de crise, téntase á sorte

A Administración de Lotería nº 1 do Rosal presentaba o sábado 20 de decembro -a dous días do sorteo de Nadal- un continuo goteo de xente que en ocasións, como mostra a imaxe, producía pequenas colas para "tentar" á sor...

18 dic 2008

Dous rosaleiros presentan o seu novo libro

Os rosaleiros Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, presentarán o sábado 20 de decembro ás 8 da tarde, no Centro Social e Cultural de Baíña (Baiona) a súa última publicación que leva por título Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica. Trátase dun libro de investigación sobre esta parroquia baionesa e o seu antigo e hoxe desaparecido cenobio. O estudo está editado pola Comunidade de Montes de Baíña e...

Gañadores do II Concurso de Beléns

Ás doce horas do día 18 de decembro de 2008, no Centro Social Polivalente do Concello do Rosal, reuníuse o Tribunal cualificador do II Concur-so de Beléns que foi organizado pola Con-cellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil. Despois das votacións pertinentes os gañadores deste concurso foron os seguintes. Na categoría infantil-xuvenil o belén gañador foi o presentado por Sara e Alba Rodríguez Videira, de Martín (O Rosal). Na categoría...

17 dic 2008

Os Reis Magos visitaron O Rosal para recoller as cartas e ilusións dos máis pequenos

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar puxéronse o mércores 17 de decembro en contacto co Concello do Rosal e solicitaron un emisario para ir polas escolas da vila para axudarlles á recolleita das cartas dos nenos. Mentres este mensaxeiro real viaxaba por Fornelos, Novás, Marzán, Pías ou Tabagón, as Súas Maxestades visitaban o CPI Manuel Suárez Marquier. Recibidos con algarabía, os nenos ían metendo na urna real as súas misivas mentres...

15 dic 2008

Noite máxica de humor no Auditorio do Rosal

Momento no que se descubriu todo o "lío" na obra Vaia enamoramento O domingo 14 de decembro ás 19 horas tivo lugar no Auditorio Municipal un espectáculo de humor digno de lembrar por moito tempo. En primeiro lugar a Asociación de Amigos de Camposancos e o Grupo de Teatro "Fincando o Lombo" presentaron a obra Vaia enamoramento e brindáronnos unha actuación vistosa, animada e con moitas situacións de divertidos "líos" con matrimonio, xefe gay, amante,...

11 dic 2008

Bailes na Liga de Amigos de O Rosal

A Asociación Recreativa e Cultural Liga de Amigos de O Rosal, que este ano que remata cumpre o seu XC aniversario, celebra o vindeiro día 31 de decembro a partir das 12 horas da noite, no seu salón de actos, o Baile de Fin de Ano, amenizado polo Trío Stilo. Así mesmo nos comunican que o día 28 de febreiro terá lugar o Baile de Piñata en sesión infantil ás 16:30 horas e xa na sesión para os maiores a actuación da orquestra Oro Negro. Aquí vos deixamos...

Cruz Roja Baixo Miño homenaxea o luns día 15 aos seus socios máis antigos

Segundo nos informa Neli Rodríguez, a Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño organiza o luns 15 de decembro unha homenaxe aos socios que pertencen a esta institución e que veñen colaborando desinteresadamente dende fai máis de 20 anos. En concreto cinco particulares e catro empresas: María Emilia Rodríguez Nan-dín; César Castro Rodrí-guez; Laura Castro Barcia; Victorino Caneiro Fernández; Jaime Álva-rez Mauri. En canto a empresas recoñecerase...

10 dic 2008

Pórtico Cerveirense dedícanos tres reportaxes

Xa está na rúa o número 15 correspondente ao mes de novembro de Pórtico Cerveirense. Revista de Informaçao e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho, Galiza. Dedícase nas súas páxinas tres reportaxes á nosa vila. Baixo o título Agrupaçâo Musical do Rosal marco cultural do Baixo Minho a revista afirma que O Rosal "é un concelho da orla ribeirinha do Baixo Minho, onde a cultura aliada á música, e, muito par-ticularmente á música filarmónica...

7 dic 2008

A.C.O.R. celebrou o domingo o seu magosto

A Asociación de Comerciantes do Rosal que preside José Martínez González (Pepiño Berdeal) ofreceu o domingo 7 de decembro -con motivo do día do "Comercio aberto"- un magosto gratuito nas inmedia-cións do "Edificio redondo", un dos puntos neurálxicos da actividade comercial na Vila. Aquí vos deixamos a nosa pequena reportaxe desta xornada: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/MagostoDeAC...

O escultor Julio Martínez expón en Vila Nova

O sábado 6 de decembro ás 17:00 horas españolas inaugurouse oficialmente en Vila Nova de Cerveira (Portugal) simplyARTE. Espazo dedicado á Arte. Trátase dunha galería interna-cional onde se poden ver obras de artistas consagrados de Portugal, España ou mesmo África do Sur. Acolle a exposición permanente dos portugueses Joâo Barroso (art deco), Joâo Marrocos (artes plásticas) e José Manuel Sanches (fotografía). O polifacé-tico artista rosaleiro Julio...

6 dic 2008

Presentouse o número 3 da revista Soberosum

O xoves 4 de decembro tivo lugar a presentación do número 3 de Soberosum, Revista de Estudos do Museo Municipal de Ponteareas nas propias dependencias da biblioteca e museo desta vila. O acto foi presentado polo concelleiro de Cultura pontareán, Andrés Sampedro Fernández, quen deu paso ao coñecido escritor e investigador Clodio González Pérez. Este realizou un repaso dos diferentes volumes de Soberosum, facen-do fincapé nos seus autores e as súas...

Entrevista en Red.es ao ex-profesor da Mata, Luis Miguel Pérez González

A semana pasada saíu en Red.es* unha entrevista concedida por Luis Miguel Pérez González, antigo profesor do Colexio Suárez Marquier do Rosal e na actualidade profesor no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo. Luis fálanos de como as novas tecno-loxías e Internet teñen revolucionado a maneira de actuar e comunicarse na sociedade e sobre todo dos cambios que el apreciou nos rapaces rosaleiros cando se instalou a rede wi-fi na nosa vila: http://www.archivodelaexperiencia.es/testimonios/detail.php?id=1326990#explica_embed *"Red.es...

4 dic 2008

Máis novas e reportaxes

Mañá publicaremos a reseña da presentación do nº 3 da Revista de Estudos "Soberosum" do Museo Municipal de Ponteareas que tivo lugar nesta vila o 4 de decembro e que contou coa colaboración e presenza de dous escritores rosaleiros. Tamén faremos un pequeno repaso pola última publicación de "Pórtico Cerveirense" correspondente ao mes de novembro, con múltiples reportaxes do noso concel...

Seis meses sen "Manoliño"

O martes 9 de decembro se cumprirán seis meses do falecemento do popular veciño rosaleiro "Manoliño". Cónstanos que moita xente se enterou do seu pasamento por unha breve reseña que publicamos alá polo mes de xuño con motivo da celebración do seu funeral na igrexa de Santa Mariña (http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/06/funeral-por-manolio.html). Dende aquí queremos lembrar a este singular home do pobo. ¿Quen non recorda os seus cánticos, oracións...

3 dic 2008

A Agrupación Musical do Rosal inaugura cun concerto os actos do Programa de Nadal

O domingo 7 de decembro, ás 19:00 horas e despois do magosto (http://noticiasorosal.blogspot.com/2008/11/da-do-comercio-aberto-con-magosto-en-o.html) celebrarase no Auditorio Municipal un Concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia e que servirá de homenaxe para o seu anterior director J. Vicente Simeó Máñez. Máis información no link da Agrupación en "Enlaces de interese". Para ver o programa de Nadal 2008 /2009 do...

2 dic 2008

Reportaxe fotográfica de a3sound nas Aceñas

Reportaxe que nos remite á nosa redacción a3sound realizada o domingo 30 de novembro nas inmediacións da área recreativa do muíño das Aceñas. Observando as fotografías podémonos facer unha idea da temperatura ambiente o do "quentiña" que debía estar a auga. Sen dúbida unhas boas, melancólicas e outonais imaxes dun dos puntos turísticos por excelencia de O Rosal: http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/12/a3sound-nas-aceas.h...

Poema e relato curto gañadores do I Certame literario celebrado no Rosal

Aquí vos deixamos o poema de Antón Ferreira Lorenzo, e o relato de Anselmo Martínez Pena, gañadores do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero, organizado polo Servizo de Promoción da Muller do Concello do Rosal. Hai tempo que che roubaron os soños Hai tempo que che roubaron os soños, que che cortaron as ás da liberdade, que che prenderon as esperanzas, pero a nós, a nós ¿que nos importabas? Agochaches a queixa, muda de tanto berrar, no ventre estéril do vento e as bágoas que afogaban os teus ollos perdéronse coas primeiras...

1 dic 2008

O Nadal, á volta da esquina

Iluminación de Nadal o ano pasado Estamos traballando para en breve ofrecervos as nosas últimas noticias e reportaxes. Comunicámosvos que nos vindeiros días -e debido ás múltiples peticións que chegan ao noso correo- inauguraremos unha nova sección en Noticiasorosal chamada Os vosos anuncios onde poderedes insertar calquera tipo de comunicado de compra-venda, deixar os vosos currículums, demandas de emprego, ofertas, etc. Por outra parte e cambiando...

Presentouse o libro "O Miño: unha corrente de memoria"

A Área Panorámica de Tui acolleu o xoves 27 de novembro a presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” . Presentou o mestre Ramón Fernández Leal, veciño rosaleiro. Interviron de seguido Guillermo Rodríguez, director de A Peneira, o músico e pintor Xosé Ramón Paz Antón, pechando o acto Carlos Méixome, director do Instituto de Estudos Miñoranos. Entre o público asistente puidemos saudar ao secretario do Instituto de Estudos Tudenses, Rafael...