29 sept 2008
A Asociación Sociocultural O Cachón (Teo-A Coruña) de visita na nosa Vila
29.9.08
Comentar
A "Asociación Sociocultural O Cachón" pousando para a foto ao pé da ringleira de muíños de Martín
O domingo 28 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou o noso pobo rosaleiro unha representación da "Asociación Sociocultural O Cachón" da parroquia de Calo (Teo), máis concretamente 23 persoas de Vilar de Calo e Cabovila. Entre eles atopábase a súa presidenta Celia Casal Castiñeiras...
O Rosal, "em destaque" na prensa portuguesa
29.9.08
Comentar

O Grupo Lirolai nunha das súas actuacións na Casa da Anta (Lanhelas-Portugal)
Co título: "O ROSAL FOI O CONCELHO GALEGO EM DESTAQUE NA FESTA LUSO-GALAICA DA CASA DA ANTA" o Jornal Digital Caminha 2000, de periodicidade semanal, no seu número 407 (27 Setembro ao 3 Outubro, 2008) realiza unha reportaxe da XVI Festa que se celebrou en Lanhelas e que tivo a O Rosal como concello convidado. Aquí vos deixamos o enlace a esta noticia do xornal portugués:...
25 sept 2008
Tres brasileiras con familiares e ascendentes galegos visitan os Muíños do Folón e do Picón
25.9.08
Comentar
O xoves 25 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo do Rosal, achegáronse ata a nosa Vila para coñecer os Muíños do Folón e do Picón as brasileiras María de Lourdes de Oliveira Torres, Anita Fernandes Rodrigues e María Aparecida de Oliveira Torres. Antes de partir para a súa terra déronse un "paseíño" por Europa visitando países como Turquía, Portugal ou recentemente, Grecia e finalizando en España, coa visita a Galicia e máis concretamente...
24 sept 2008
Tivo lugar a tradicional Romaría de Santa Trega na Vila da Guarda
24.9.08
Comentar

Detalle das inmediacións da capela de Santa Trega durante a misa solemne
Como cada 23 de setembro a "Hermandad del Clamor" (asociación eclesiástica que reúne ás sete parroquias do Rosal e A Guarda) celebrou a tradicional e piadosa Romaría de Santa Trega. Tal e como estaba programado as misas comezaron ás 8 da mañá e remataron ás 11 coa misa solemne. Esta foi oficiada polo párroco guardés D. Jesús García Villadóniga. Seguidamente saíu a procesión...
22 sept 2008
O Rosal tamén contará cunha aula na Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota
22.9.08
Comentar

Despois dunha reunión entre colectivos culturais e representantes públicos do Concello do Rosal, e ante o grande interese amosado polos veciños rosaleiros en iniciarse ou perfeccionarse na aprendizaxe do teatro, a Asociación Cultural Terras do Baixo Miño -promotora e directora do proxecto- formará unha aula tamén na nosa Vila. Lembramos que o curso comezará o 1 de outubro e que a idade mínima para poder acceder ás clases é de 6 anos, contando con...
21 sept 2008
Celebrouse a XVI Festa Luso Galaica que tivo a O Rosal como concello galego convidado
21.9.08
Comentar

Germano Ramalhosa, propietario da Casa da Anta, agradecendo ao alcalde do Rosal, Sr. Fernández Portela, os agasallos recibidos
Celebrouse o sábado 20 de setembro no Hotel Rural Casa da Anta a XVI Festa Luso-Galaica, sendo O Rosal o concello galego convidado. Pronunciou o pregón deste ano o escritor e investigador Xoán Martínez Tamuxe. Entre os asistentes a este evento atopábanse o alcalde da Vila, Jesús María Fernández Portela na compaña da súa dona,...
20 sept 2008
Aínda quedan prazas para o novo Taller de Estimulación da memoria
20.9.08
Comentar

Participantes no anterior Taller de Estimulación da memoria amosando os seus diplomas
Segundo nos informa Neli Rodríguez, o próximo 1 de outubro a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño reanudará por sexto ano consecutivo o Taller de Estimulación de memoria para maiores de 65 anos. Este proxecto que comezou en 2003 e que se realiza nas aulas cedidas polo "Club de jubilados y pensionistas de A Guarda", está coordinado polos voluntarios e voluntarias...
18 sept 2008
Torneo de balonmán feminino na Guarda (19-20 de setembro)
18.9.08
Comentar

Segundo información remitida a Noticiasorosal, esta fin de semana (venres e sábado) xogarase un torneo de balonmán feminino na Vila da Guarda no que participarán o Seis do Nadal, Chapela, Lavadores e o anfitrión Mecalia Atl. Guardés. O primeiro partido dará comezo o venres ás 20:00 horas e enfrontará ao Seis do Nadal (2ª Nac.) contra o Mecalia Atl. Guardés (1ª Nac.)
O segundo, disputarano o Chapela (2ª Nac.) contra o Lavadores (1ª Nac.)Os partidos...
Visita turística a O Rosal dos maiores de Allariz (Ourense)
18.9.08
Comentar
O xoves 18 de setembro, previo contacto co Departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, tivo lugar unha visita a O Rosal dunha representación dos maiores -según eles mesmos, mozos- de Allariz. Acompañando ao grupo estaban, entre outras, a Concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego Cid e a rosaleira Ana Pérez Cardoso, Técnica de Igualdade dese concello ourensán. En primeiro lugar e ás 10'30 horas visitaron a igrexa parroquial de...
15 sept 2008
Todo preparado para a XVI Festa Luso-Galaica en Casa da Anta
15.9.08
Comentar

Noticiasorosal estivo este luns 15 de setembro en Lanhelas, na Casa da Anta comprobando que xa está todo listo para a XVI Festa Luso-Galaica, que ten este ano a O Rosal como convidado. O seu responsable, Germano Ramalhosa, recibiunos na súa magnífica morada ensinándonos tódolos pormenores da Casa. Os cadros e debuxos de Florindo Álvarez, Marina Domínguez e Manuel Rodríguez "Sandianes" xunto coas esculturas de Félix Fidalgo e Julio Martínez xa estaban...
12 sept 2008
Na Revolta presentará o seu novo disco no Auditorio Municipal de O Rosal
12.9.08
Comentar

Fotografía do grupo Na Revolta extraída da súa web oficial
Na Revolta, grupo de música tradicional que naceu na Guarda en 2001, presentará o seu novo disco "Na Revolta... al punto" no Auditorio Municipal do Rosal o 10 de outubro, dentro do programa das Festas do Pilar 2008. Integrado por Elena, Diego, Silvia, Iván, Miguel e Xurxo este conxunto ofrece un repertorio que conxuga pezas populares con composicións propias, coa influencia de diferentes...
11 sept 2008
Talleres de inverno para nenos e nenas
11.9.08
Comentar

O próximo luns, 15 de setembro, a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño abrirá o prazo de inscrición dos seus talleres de inverno para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. No mes de outubro os voluntarios e voluntarias desta asemblea iniciarán unha serie de actividades, os mércores no CEIP Mestre Manuel García de Oia e os luns e sábados na súa sede, na Guarda. Talleres de Mediación Social onde se ofrecerá aos menores unha intervención integral...
Programa das Festas do Pilar 2008 no Rosal
11.9.08
Comentar
Chegada da procesión á igrexa de Santa Mariña nas Festas do Pilar do ano pasado
O departamento de Cultura que preside Charo Tabales Perozo facilitounos o programa das Festas do Pilar 2008 que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de outubro. ·O venres 10 terá lugar o Obradoiro de tellas para nenos e nenas a partir das 16:00 horas na Praza do Calvario. Ás 21:00 h. no Auditorio Municipal actuará o grupo de música Na Revolta.·O sábado 11, e á mesma hora...
A revista Cultura Baixomiñota publica o seu terceiro número
11.9.08
Comentar

O número 3 da revista Cultura Baixomiñota correspondente ao mes de setembro xa está na rúa. Dirixida por Enrique Álvarez e contando na redacción con Beti Rey e Juan Ramón Martínez Barbosa, realízase nesta ocasión unha reportaxe co título Achégase a vendima onde se fala do viño do Rosal que "é sinónimo de calidade e excelencia". Por suposto a axenda cultural, turística e de ocio deste mes no Baixo Miño está reflectida nas súas páxinas. A sección de...
9 sept 2008
O ciclista Serafín Martínez Acevedo está disputando a "Vuelta a España 2008"

Por segundo ano consecutivo o ciclista rosaleiro Serafín Martínez Acevedo do equipo Xacobeo Galicia, que dirixe Álvaro Pino, disputa a "Vuelta a España". O novo patrocinador, que substitúe ao Karpin Galicia nesta volta e ata peche de temporada, pretende dar unha oportuni-dade aos ciclistas galegos para continuar a traxec-toria deportiva en Galicia ao máximo nivel. Así mesmo quere ser un referente para os ciclistas que comezan a súa carreira e para...
8 sept 2008
Chamamento de Cruz Roja Española
8.9.08
Comentar
Segundo nos informa Neli Rodríguez, a dirección de Cruz Roja Española decidiu facer un chamamento para captar doazóns en favor das vítimas dos Huracáns 2008 que están asolando a diferentes países do mundo e en especial do Continente Americano. Pódese facer de diferentes formas: mediante entidades bancarias, en internet (http://www.cruzroja.es/), no teléfono 902 22 22 92 ou por mensaxe de móvil, enviando un sms co texto CR ao 5280 (só clientes Vodafone). O prezo da mensaxe é de 0.90 Euros + 16% de IVA. A cantidade total (1,04 Euros) se cede directamente...
Reportaxe fotográfica do 3º Encontro de Lambrettas na Praza do Calvario
8.9.08
Comentar

Recibidos pola concelleira de Turismo do Rosal, Mª de los Ángeles Vicente Manzano, chegaron tamén á Praza do Calvario -coincidindo coa II Feira de Oportunidades- os integrantes deste 3º Encontro de Lambrettas luso-galaico. Para ver as fotografías deste evento na nosa Vila, facede click no seguinte enlace:http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/09/3-encontro-de-lambrettas-portugal.h...
7 sept 2008
Celebrouse a II Feira de Oportunidades
7.9.08
Comentar
Vista parcial da Praza con algúns stands desta II Feira de Oportunidades
Como tíñamos anunciado, aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica da II Feira de Oportunidades que se celebrou o domingo 7 de setembro na Praza do Calvario. Para ver as imaxes facede click en: http://orosalenimaxes.blogspot.com/2008/09/ii-feira-de-oportunidades-na-praza-do.h...
6 sept 2008
Créase a Escola Comarcal de Teatro
6.9.08
Comentar

A Asociación Cultural Terras do Baixo Miño que preside Enrique Álvarez infórmanos da posta en funcionamento da Escola Comarcal de Teatro. Dita escola contará con aulas en Tui, Tomiño e A Guarda coa intención de cubrir os cinco concellos do Baixo Miño. Haberá un equipo multidisciplinar con ampla experiencia que dará clases de interpretación, clown, malabares... O curso dará comezo o 1 de outubro. Este proxecto súmase a outros dirixidos pola Asociación...
5 sept 2008
A revista Go! dedícalle unha reportaxe aos Muíños do Folón e Picón
5.9.08
Comentar

A revista Go! de Vigo dedicou fai pouco unha reportaxe sobre os Muíños do Folón e Picón na súa sección de Turismo, baixo o epígrafe "Te interesa. No te lo pierdas". Se ben temos que dicir que o texto está copiado integra-mente da páxina de turismo do Concello. Dirixida na cidade olívica por Waldo Daniel Castro, dende Internet eles mesmos definen o seu portal de ocio, noticias e cultura (http://www.laguiago.com/vigo/) como "el más completo de España,...
Dobre compromiso para o Mecalia Novás de O Rosal. Copa Galicia e Torneo organizado polo Atlético Guardés
5.9.08
Comentar

Axenda apretada para o Mecalia Novás. O venres, e ás 20:30 horas no pavillón A Pinguela de Monforte de Lemos, o Mecalia Novás de O Rosal disputará unha das dúas semifinales da II Copa Galicia fronte á Sociedade Deportiva Teucro. A outra semifinal será entre o Pilotes Posada e o Frigoríficos do Morrazo. En caso de gañar, o Novás disputaría o domingo en Bueu a final ás 13:00 horas.
O sábado 6, nun torneo que organiza o balonmán guardés, enfrontaranse...
4 sept 2008
O 3º Encontro de Lambrettas Galicia-Portugal parará no Rosal
4.9.08
Comentar

Este domingo 7 de setembro terá lugar o 3º Encontro de Lambrettas de Galicia-Portugal. A saída será dende Vila do Conde, cidade portugue-sa do distrito de Oporto. O paseo, que está organizado por Jesús Vieito, está previsto veña á Praza do Calvario sobre as 13:00 horas españolas. A chegada destas motos coincidirá coa II Feira de Oportunidades, que se estará celebrando tamén na praza da Vila, polo que se agarda unha gran afluencia de público. Estes...
3 sept 2008
O Rosal, protagonista da XVI Festa Luso-Galaica organizada pola Casa da Anta
3.9.08
Comentar

Este ano 2008 o convidado á Festa Luso-Galaica. Encontro de Culturas, Desporto e Turismo do Norte de Portugal e Galiza, será o Concello de O Rosal. Organizado pola Casa da Anta (máis información en www.casa-da-anta.com), este evento, que xa vai pola súa XVI edición, estará dedicado á nosa Vila. O sábado 20 de setembro, ás 19'30 horas do país veciño, haberá unha "Cea de Convivio" con gastro-nomía e animación cultural galega e portuguesa. O pregoeiro...
2 sept 2008
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos organizados pola OMIX do Concello do Rosal
2.9.08
Comentar

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal infórmanos que xa está aberto o prazo de inscrición para os diferentes cursos que se van celebrar no mes de outubro. As persoas interesadas na realización das actividades ofertadas deberán presentar no Rexistro Municipal a correspondente solicitude en impreso facilitado polo Concello. A admisión nos cursos realizarase por rigorosa orde de inscrición. En caso de cubrirse...