FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2008

Gran Serán no Parque do Tamuxe

Organizado pola Agrupación Musical do Rosal e coa colaboración da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, celebrarase o sábado 6 de setembro a partir das 22:00 horas, un "Gran Serán" coa participación de grupos de música tradicional galega. O Parque do Tamuxe en Pías, na estrada xeral de Tui-A Guarda, acollerá dito evento. Este "Gran Serán" está dentro do Proxecto de Actividades da Agrupación rosaleira para o ano 2008. Para ver o cartel ampliado...

29 ago 2008

O 7 de setembro, II Feira de Oportunidades

Despois do éxito acadado na súa primeira edición, o domingo 7 de setembro de 9:30 a 20:30 horas celebrarase na Praza do Calvario a II Feira de Oportunidades. Nesta ocasión terá lugar un Concurso de Debuxo para nenos e nenas, que comezará ás 17:00 horas. A organización advirte que en caso de que fixera mal tempo trasladaríase a Feira á Sala de Exposicións do Concello. Aquí vos deixamos unhas fotografías da I Feira, que tivo lugar o 11 de maio deste...

28 ago 2008

O Rosal, presente na revista cultural e turística VIANOVA

A Concellería de Turismo do Rosal infórmanos que saíu á luz fai pouquiño un novo exemplar de VIANOVA. Revista de Cultura y Viajes del Noroeste Peninsular. Trátase dunha publicación recente de carácter bimestral, editada e dirixida pola Asociación Viadazaoito Comunicación (AVC) e que na actualidade vai polo número 7. Baixo o epígrafe "Baixo Miño: Vivir en paz" o seu redactor Miguel Anxo Martínez comeza dicindo: "O Baixo Miño es una comarca con unas...

A Asociación Mulleres "Camiña con nós" organiza a exposición A MODA A TRAVÉS DO TEMPO

Dende o 1 ao 12 de setembro no Centro Cultural de A Guarda poderase disfrutar da exposición A MODA A TRAVÉS DO TEMPO que organiza a Asociación Mulle-res "Camiña con nós". O seu horario de visitas será o seguinte:De luns a venres: de mañá de 9'00 a 15'00 horas e de tarde de 19'30 a 21'30 horas. Os sábados: de mañá (10 - 13 horas). Para máis información sobre esta asociación podedes visitar o seu blog: http://mulleres-caminaconnos.blogspot.com/...

27 ago 2008

Familiares, amigos e veciños do Rosal e o Baixo Miño reciben ao decathleta olímpico David Gómez Martínez

David pousando cos seus pais á súa chegada a Vigo Finalizaron os Xogos Olímpicos de Pekín e o noso atleta David Gómez Martínez xa está na casa. Despois de rematar na 25ª posición no Decathlon pero cunhas moi boas sensacións e a satisfacción do deber cumprido e conseguir terminar esta dura competición, David foi recibido no aeroporto de Vigo por unha delegación municipal, os seus familiares, amigos e veciños do Baixo Miño. Autógrafos e entrevistas...

26 ago 2008

Preto de 400 persoas visitaron este domingo a Oficina de Información dos Muíños do Folón

Vista parcial dos arredores da Oficina de Información do Folón ateigada de coches Segundo datos do Departamento de Turismo do Rosal, que dirixe Ángeles Vicente Manzano, pasaron pola oficina do Folón (Muíño das Laxes) o domingo 24 de agosto -nun dos días máis concorridos do que levamos de verán- un total de 386 persoas requerindo información sobre a historia e a ruta de sendeirismo destes muíños rosaleiros. Varias excursións en autobuses e multitude...

Celebrouse na Praza do Calvario o XIX Festival de Músicos Xoves e o Festival de Corais

Como xa tíñamos anunciado celebrouse na Praza do Calvario os días 23 e 24 de agosto un novo acontecemento músico-cultural. Actuaron o sábado a Banda Marcial de Ancêde- Baiâo (Porto), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a local Agrupación Musical do Rosal. O domingo 24 fixeron as súas intervencións as corais Agrupación Coral Polifónica da Guarda, a Coral Polifónica Marusía de Bueu e a Coral da A.M. do Rosal. Velaquí vos deixamos algunhas fotografías...

22 ago 2008

Resultados e clasificación de David Gómez en Pekín

Aquí vos deixamos o enlace á páxina de TVE do Decathlon onde aparecen tódolos resultados das diferentes probas que realizou o noso veciño rosalés. Nesa páxina está incluída a entrevista que concedeu David Gómez á dita Televisión Española queixándose da situación que está atravesando en Pekín, entre dores e febre, plantexándose ata a retirada dos Xogos, pero iso sí, de momento resistindo. Facede click en: (http://www.rtve.es/deportes/20080821/prueba-mas-exigente-del-atletismo/141070.shtml)....

21 ago 2008

O rosalés David Gómez Martínez comeza gañando a proba dos 100 metros lisos

David en pleno esforzo nas Olimpíadas de Pekín (Foto Reuters) Os Xogos non poden comezar mellor para David Gómez, que gañou a súa serie na primeira proba do Decathlon, os 100 metros lisos. Aquí vos deixamos o enlace á páxina de Radio Televisión Española, na súa sección adicada á Olimpíada de Pekín 2008, onde se pode reproducir o vídeo da victoria do noso paisano. David Gómez é o atleta que corre na rúa catro, no centro das imaxes. Tódalas cadeas...

Visitas aos muíños da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme (A Coruña) e usuarios do Centro Social de Teis (Vigo)

Previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano, 45 persoas da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme (A Coruña) -que preside José Manuel Ferreiro Chans- realizaron ás 11 da mañá un pequeno percorrido polos Muíños do Folón. Foron acompañados, como de costume, polo guía do Concello do Rosal. Xa pola tarde, 44 usuarios e usuarias do Centro Social de Teis (Vigo) dentro do programa "Coñece o teu país" tamén...

20 ago 2008

1ª Party Informática Baixo Miño, os días 22, 23 e 24 de agosto

Esta fin de semana e a partir do venres 22 celebrarase no Pavillón de Deportes de Sobrada (Tomiño) a 1ª Party Informática Baixo Miño. Haberá concursos de fotografía, de fotocomposición, programación php, counter strike ou modding, así como un taller de blogs. Esta festa chamada ConectaTparty é, segundo a organización, unha convención ou convivencia entre mozos e non tan mozos que comparten durante uns días unha afición común, neste caso a informática....

18 ago 2008

David Gómez debuta o xoves 21 en China no Decathlon

David na Muralla China (foto extraída da súa páxina persoal http://davidgomez.interatletismo.es/) O rosalés David Gómez, que afronta os seus segundos Xogos Olímpicos, debutará este xoves 21 ás 03:20 horas da madrugada nos 100 metros. Ás 04:30 h realizará o salto de lonxitude e ás 06:20 horas terá a proba do lanzamento de peso. Xa na sesión de tarde e ás 13:10 horas, o salto de altura, finalizando ás 16:00 horas coa carreira de 400 metros. O venres...

Xa na rúa un novo número da revista Cultura Baixomiñota

O número 2 da revista Cultura Baixomiñota correspondente ao mes de agosto deste ano 2008 xa está na rúa. Lembramos que está dirixida e coordinada por Enrique Álvarez, sendo editada pola Asociación Cultural Terras do Baixo Miño. Nesta ocasión a revista adica unha reportaxe ás fortalezas do Baixo Miño, tales como o Castelo de Santa Cruz na Guarda, as fortalezas de San Lourenzo e A Nosa Señora da Concepción en Goián, a Fortaleza dos Medos en Estás ou...

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia, o día 26 de agosto na Praza do Calvario

O martes 26 de agosto, coa colaboración do Concello de O Rosal, estará a Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia na Praza do Calvario. De mañá o seu horario será de 10 h-14 h e de tarde de 16'30 h-21 horas. Baixo o lema "Este verán, salva vidas. Comparte saúde. DOA SANGUE" preténdese concienciar á xente da importancia de doar sangue, xa que hai enfermos ingresados nos hospitais ou un aumento dos accidentes de tráfico. Lembran que con só...

17 ago 2008

XIX Festival de Músicos Xoves e Festival de Corais na Praza do Calvario

O sábado 23 de agosto dará comezo na Praza do Calvario do Rosal ás 21:00 horas o XIX Festival de Músicos Xoves. Partici-parán ademais da B.M. da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Banda Marcial de Ancêde - Baiâo (Porto). Ao día seguinte, e á mesma hora (21 h) terá lugar o Festival de Corais, contando coa presenza da Coral Polifónica da Guarda, a Coral Polifónica Marusía de Bueu e a local Coral da Agrupación Musical...

14 ago 2008

Tres meses sen o poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro

Este 14 de agosto de 2008 fixo tres meses do pasamento do poeta e profesor ourensán, pero afincado na Guarda, Xosé Carlos Gómez Alfaro. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, era dende 1978 profesor dos PP Somascos de A Guarda. Multitude de alumnos do Baixo Miño disfrutaron da súa oratoria, das súas clases, dos seus poemas. Falando hai moi pouco con algúns antigos alumnos do Rosal comentábannos que "foi unha...

13 ago 2008

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño inicia os seus campamentos urbanos

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño que preside Paulino Baz Martínez (na fotografía) comeza o próximo luns 18 de agosto e como broche final ao período estival, os seus campamentos urbanos de verán en Santa María de Oia e A Guarda. En Santa María de Oia se realizarán os días 18, 19, 20 e 21 de agosto no patio do CEIP Mestre Manuel García e na Guarda os días 25, 26, 27 e 28 de agosto no patio do CP A Sangriña. Segundo nos informa Neli Rodríguez,...

12 ago 2008

A Oficina de Información Turística do Rosal, en San Miguel de Tabagón

Despois de estar durante anos preto da Ponte do Tamuxe, a oficina de información turística do Concello do Rosal atópase agora no barrio do Calvario (San Miguel de Tabagón), antes da subida polo Morán. As encargadas de facilitar información neste punto aos turistas que se achegan á nosa vila son Sandra Guerreiro Costa e Vanesa Santos Sousa. Dita oficina está aberta de 10 a 20 horas de forma ininterrumpida, agás os domingos que se pecha de 14 h a 16'30...

Festas do Monte 2008 e a súa típica "troulada". 95 anos de historia e de romaría

Vista da romaría deste ano 2008 dende o Pico do Facho Miles de persoas déronse cita este domingo 10 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Ante a diferente e variada información xornalística en torno a esta festa, e a fin de que non se repitan erros recentes e se afirme que "os seus inicios se descoñecen" lembramos que esta romaría creouse en 1913 e por iniciativa de Constantino...

7 ago 2008

Concerto no Rosal da Orquestra de Cámara do Teatro Olímpico de Vicenza (Italia)

O Concello do Rosal en colaboración con Caixanova, presentan o concerto que ofrecerá a Orquestra de Cámara do Teatro Olímpico de Vicenza o vindeiro sábado 9 de agosto ás 22:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada será libre ata completar o aforo. Esta orquestra, que na actualidade consta de 43 músicos e dirixida por Giancarlo de Lorenzo, está considerada como unha das máis importantes do panorama musical italiano. Nace no ano 1990 como resultado...

6 ago 2008

En el Punto de A Guarda, unha novidosa revista de caracter turístico, xa na rúa

Recentemente acaba de saír do prelo o primeiro número da revista "En el Punto de A Guarda". Trátase dunha publicación que consta de 56 páxinas a toda cor, de periodicidade anual e gratuita que promociona o turismo de A Guarda e os seus arredores. A súa directora é Delia Brandón e está producido e editado por éxfico art.dis. Ten as colaboracións literarias das xornalistas Cecilia Albarenga e Eva González, Saman-tha Konopczyk, Ana Saá, o historiador...

4 ago 2008

Ruta polos Muíños do Folón e do Picón da Asociación Cultural A Xanela (Tomiño)

Foto de grupo da Asociación A Xanela ao pé da Carreira de Martín, acompañados de dous turistas (á esquerda) que se uniron á rutaO domingo 3 de agosto a Asociación Cultural A Xanela, previo contacto coa concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, realizou unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. As explicacións, como de costume, correron a cargo do guía do Concello do Rosal. Lembrar que o artífice da celebración desta...

3 ago 2008

A Asociación de Veciños Río Folón celebrou a súa tradicional churrascada-sardiñada

Por segundo ano consecutivo a Asociación de Veciños Río Folón, celebrou a súa anual xuntanza na praza de Fornelos. O sábado 2 de agosto púidose degustar un menú a base de sardiñas e churrasco. Dita asociación foi creada no ano 2006 e ven organizando distintas actividades culturais e de recreo. Neste momento existe unha exposición permanente de fotografía antiga e moderna do Rosal nas súas instalacións. Amenizaron esta festa popular diferentes grupos...