31 jul 2008
A Biblioteca Municipal, pechada ata o 18 de agosto
31.7.08
Comentar
Comunícannos que a Biblioteca Municipal do Rosal permanecerá pechada ata o 18 de agosto por vacacións do seu persoal. Para máis información, no Concello ou nos seus teléfonos: 986 62 50 00 e 986 62 50 ...
O rosalés Iván Fernández Correa, a piques de cumprir dous anos ao fronte de Guess Music
31.7.08
Comentar

Con motivo das Festas do Monte de Santa Trega 2008, Guess Music, o disco-pub do rosalés de Marzán, Iván Fernán-dez Correa, ten programado unha axenda repleta de ocio, regalos e sorpresas. Guess Music abrirá tódolos días da Semana do Monte, de luns a luns (do 4 ao 11 de agosto). Haberá sorteo de entradas para o concerto do grupo El Canto del Loco, que actuará en Vigo o día 23 de agosto. O pub de Iván, que en novembro cumpre dous anos ao seu fronte,...
Festa do Campo e Floral 2008 en San Miguel de Tabagón
31.7.08
Comentar

A Sociedade Recreativa e Cultural Centro San Miguel organiza estes días dous concursos, un floral e outro de produtos do campo. No Concurso Floral os traballos deben reali-zarse na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel o día 1 de agosto ás 20:00 horas. Non optarán ao premio os ramos ou centros que xa veñan feitos da casa. As flores -din- "deben ser do voso xardín". En canto ao Concurso Produtos do Campo os traballos débense entregar na Sociedade...
30 jul 2008
O sábado 2 de agosto, "Cine na Rúa"
30.7.08
Comentar

A concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo infórmanos que este sábado, ás 22:30 horas na Praza do Calvario (en caso de choiva no Auditorio) proxectarase a película "The Holiday" (Vacacións). A súa sinopse é a seguinte: Amanda (Cameron Díaz), unha muller americana con problemas cos homes, e Iris (Kate Winslet), unha británica de Londres cos mesmos problemas, se intercambian as súas respectivas residencias durante o Nadal para saír da...
Nace unha nova revista: Cultura Baixomiñota
30.7.08
Comentar

Saíu á luz este mes de xullo o primeiro número da revista Cultura Baixomiñota. Toda a axenda do Baixo Miño: Cultura, Ocio, Turismo. Trátase dunha publicación mensual, dirixida e coordinada por Enrique Álvarez. A súa redacción corre a cargo de Beti Rey e está editada pola Asociación Terras do Baixo Miño. Nas súas propias palabras esta revista "nace co desexo de cubrir a necesidade dunha axenda diaria de cultura e ocio, tanto dos concellos coma das...
28 jul 2008
David Gómez estará nos Xogos Olímpicos de Pekín
28.7.08
Comentar

O rosalés David Gómez conseguiu esta fin de semana o billete para os Xogos Olímpicos de Pekín tras proclamarse Campión de España de Decathlon en Tenerife cunha marca de 7736 puntos, conseguindo a tan ansiada mínima B requerida. Esta será a segunda Olimpíada para David, pois participou fai catro anos en Atenas. Un novo éxito na súa carreira xa que fora Campión de España Absoluto de Decathlon (2004 e 2007) ou Subcampión do Mundo Junior no ano 2000,...
Descendentes de emigrantes galegos, de ruta polos Muíños do Folón e do Picón
28.7.08
Comentar

O domingo 27 de xullo, previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, realizouse unha ruta polos Muíños do Folón e do Picón. Acompañados polo guía do Concello, Juan Ramón Martínez Barbosa, quen se encargou das pertinentes explicacións, máis de 40 rapaces de Arxentina, Uruguay, Venezuela, México e Chile, coordinados por Rogelio Rivas, fixeron o percorrido dos Muíños dentro do programa da Dirección Xeral de Xuventude,...
26 jul 2008
Festas patronais do Concello do Rosal
26.7.08
Comentar

Detalle da procesión dando a volta á Praza do Calvario O venres 25 de xullo e ás 12 da mañá, celebrouse na igrexa parroquial de Santa Mariña a misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santiago Apóstol e a Virxe do Pilar. Foi oficiada polo párroco D. Julio Ramos, asistido por D. Isaac Penela. Nesta misa recibiron a Primeira Comunión diferentes nenos da parroquia. Finalizada a mesma tivo lugar a procesión que fixo...
25 jul 2008
XV Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal
25.7.08
Comentar

O sábado día 26 de xullo e ás 22:00 horas terá lugar no Auditorio Municipal o espectáculo "A Maxia do Cabaret de Anyo e Conchi". Xa o domingo 27 celebra-rase tamén no Auditorio da Vila, ás 21:00 horas, o XV Encontro dos Pobos que contará coa actuación dos grupos Doina de Bucarest, Coros y Danzas Virgen de Finibusterre (Toledo) e o guardés Do Lusco ó Fusco: (http://www.doluscoofusco.8m.com/index_files/page0004.htm). Na fotografía, facendo a entrada...
22 jul 2008
Festas do Pilar
22.7.08
Comentar
Dende a concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo infórmannos que o xoves día 24 a partir das 22:30 horas haberá unha gran verbena amenizada polas orquestras Magos de España e Pontevedra.O venres 25 ás 11 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música da Agrupación M. do Rosal. A misa solemne das 12 será cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.Xa pola noite e ás 21:00 horas, terá lugar un concerto da citada Banda do Rosal na Praza do Calvario. O broche final a estas festas o poñerá a orquestra Ilusi...
21 jul 2008
Resumo da XVI Feira do Viño do Rosal 2008
21.7.08
Comentar
Degustando viños e tapiñas nunha "terraza" na Praza do CalvarioVelaquí vos deixamos unha pequena reportaxe, a modo de resumo, desta XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Nela incluímos as fotografías da inauguración, coas diferentes intervencións que se produciron, tanto do alcalde Sr. Fernández Portela, do pregoeiro Ánxo Vázquez e do presidente da Deputación, Sr. Louzán. Así mesmo tamén reflectimos diferentes detalles das exposicións que houbo no Concello...
Exposición dos pintores Waldo Álvarez Álvarez e María del Carmen Varela Velasco
21.7.08
Comentar
Como xa tiñamos anunciado, a oferta cultural dentro desta edición da Feira do Viño foi múltiple e variada. Achegámonos ata as instalacións da "Cámara Agraria" onde expuñan a súa obra os pintores autodidactas Waldo Álvarez Álvarez e Mª del Carmen Varela Velasco. O primeiro é natural do Rosal, residindo na actualidade na parroquia de San Xoán de Tabagón. O seu estilo é figurativo, empregando como técnica o óleo sobre lenzo, con temas tan variados que...
20 jul 2008
Inauguración da XVI Feira do Viño do Rosal 2008
20.7.08
Comentar

Anxo Vázquez foi o encargado de dar lectura ao pregón deste ano
O venres 18 de xullo inaugurouse oficialmente a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. O acto tivo lugar diante da balconada do Concello, cunha primeira intervención do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, presentando de seguido ao pregoeiro deste ano, Anxo Vázquez, director do programa da TVG "O Agro" quen realizou numerosas loubanzas dos nosos viños. En último lugar -e como...
O luns 21 de xullo, as reportaxes da Feira do Viño do Rosal 2008
20.7.08
Comentar
O luns publicaremos as distintas reportaxes e entrevistas con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal. Faremos un repaso polos momentos máis destacados da inauguración, do pregón, das diferentes exposicións de pintura e escultura, da mostra filatélica e por suposto da degustación destes afamados caldos do Ros...
15 jul 2008
O Rosal quenta motores con vistas á Feira do Viño 2008
15.7.08
Comentar
Vista xeral da pasada edición da Feira do Viño 2007 Este venres 18 de xullo e ás 20:00 horas dará comezo a XVI Feira do Viño do Rosal 2008. Como é habitual nos últimos anos o encargado de inaugurar esta exaltación do viño e produtos típicos rosaleses será o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Poderanse degustar os exquisitos viños que producen as bodegas da zona, sempre acompañados duns "pitiscos" dos distintos postos que se instalarán...
14 jul 2008
A nova e flamante Biblioteca Municipal
14.7.08
Comentar
Achegámonos ata a Biblioteca Municipal, na planta baixa do Concello para facer esta pequena reportaxe visual. Temos que lembrar que o seu horario de verán será do 1 de xullo ao 29 de agosto, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Libros, enciclopedias, contos, xornais e revistas do Rosal, Baixo Miño, etc... pódense consultar neste espazo cultural de tódolos rosales...
13 jul 2008
Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal"
Aínda que este colectivo se funda no ano 1997, a I Exposición Filatélica xurde en 1994 coincidindo coa II Feira do Viño do Rosal. Agora, 14 anos despois, os seus membros presentan a XV Exposición Filatélica con gran entusiasmo e experiencia, dando a coñecer, cos seus paneis cheos de selos e sobres mataselados, este atractivo mundo da Filatelia, atraendo a novos afeccionados a reunir e seleccionar selos. O Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal"...
Exposicións culturais na Vila
13.7.08
Comentar

Con motivo da XVI Feira do Viño do Rosal, a Concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo ofrécenos a posibilidade de asistir a exposicións de pintura, escultura ou mesmo filatélica.Na Sala de Exposicións do Concello: Pinturas de Alfonso Rodríguez FoucesEsculturas de Julio Martínez Martínez e Félix Gómez FidalgoXV Exposición FilatélicaNa Cámara Agraria:Pinturas de Mª del Carmen Varela Velasco e Waldo Álvarez Álvarez. No Centro Social:Pinturas...
A Reitoral, en obras
13.7.08
Comentar

Costeadas pola parroquia de Santa Mariña, estanse acometendo unha serie de melloras na Casa Reitoral ubicada na rúa Ramón Franco, tales como o reforzamento da praca ou a substitución do tellado con tella nova envellecida. Segundo nos informa o párroco D. Julio Ramos estas obras teñen un presuposto superior aos 20.000 euros. Avanzounos así mesmo que dentro de pouco realizaranse novas actuacións de reparación na igrexa parroqui...
Curso de Informática de Usuario
13.7.08
Comentar

Cun grupo de 15 alumnos e alumnas comezou no Rosal o curso de INFORMÁTICA DE USUARIO/A para demandantes de emprego dentro do Plan de Formación e Inserción Profesional (FIP) concedido pola Consellería de Traballo. Este curso, que ten unha duración de 225 horas, está coordinado por Mª Carmen Galiñanes González, sendo os profesores do mesmo Víctor e Isa (Informática Scape - O Rosal). O seu temario é o seguinte:·Introdución ao ordenador e periféricos...
10 jul 2008
Tres rosaleses (rosaleiros) representan a Galicia no Campionato de España de Billar
10.7.08
Comentar
Despois da Liga Regular e dunha durísima Final Provincial, celebrada en Ponteareas, o equipo POOL CHAOS "OS ELECTRÓNS", formado por tres rosaleiros, Rafael Martínez Alonso, Sergio Rodríguez Rodríguez e Juan Carlos Treinta Martínez, logran facerse coa praza para loitar polo Campionato de España de Billar Pool Bola 8. A este torneo acuden os 64 mellores equipos nacionais.Pois ben, o venres día 4 de xullo celebrouse na cidade de Lugo e no Pazo de Feiras...
9 jul 2008
Actuacións da Agrupación Musical no Rosal
9.7.08
Comentar
Dentro das actividades programadas para os meses de xullo e agosto, a Concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, informa que o sábado día 12 de xullo, no Auditorio Municipal e ás 21 horas, terá lugar un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. A próxima actuación na Vila será con motivo das Festas do Pilar o día 25, a partir das 11 da mañá, facendo un pasarrúas, antes da misa solemne das 12 horas, que será cantada...
8 jul 2008
D. Julio, recuperado e de novo na parroquia
8.7.08
Comentar

D. Julio no seu despacho parroquial Despois de varios meses convalecente, o crego D. Julio Ramos volta a facerse cargo da tarefa pastoral da parroquia de Santa Mariña do Rosal. Aproveitamos para deixar constancia dalgúns datos biográficos do párroco.D. Julio Ramos Rodríguez naceu o 11 de setembro de 1949 na parroquia de Santa Cruz de Sendelle (Crecente). Estudou Latín e Humanidades no Seminario Menor de San Paio de Tui e rematou Filosofía e Teoloxía...
3 jul 2008
O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. V)
3.7.08
Comentar

Seguindo con esta sección, e a modo de curiosidade, deixámosvos unha imaxe e un vídeo da Agrupación Musical do Rosal, a finais da década dos 80. Non ten desperdicio... Para visualizar o vídeo facede click en: http://es.youtube.com/watch?v=1cB3dQuD...
2 jul 2008
Oficina de Información Turística do Folón
2.7.08
Comentar

O día 2 de xullo, abriu as súas portas a Oficina de Información Turística do Folón, ubicada no primeiro muíño ("Muíño das Laxes"). O seu horario será, de mércores a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Lémbrannos dende a Concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, que tamén está dispoñible o servizo de guía gratuíto no caso de desexar facer unha ruta polos muíños. Para máis información, no Concello ou nos teléfonos:986...
Novos horarios do Concello
2.7.08
Comentar
Dende o Concello infórmannos que a partir do día 1 de xullo o horario de atención ao público da Alcaldía será a partires da 9:30 horas. O Concello do Rosal modifica o seu horario de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro das 8:00 horas ás 14:00 horas.
O horario da Biblioteca do 1 de xullo ao 29 de agosto é de luns a venres de 9:00 a 13:00.
Nos meses de xullo e agosto non estarán en funcionamento os seguintes servizos: DNI, Unidade
móbil ITV vehículos. O Consello Regulador reanudará a súa actividade para a campaña 2008-2009 no mes de...
Actividades de verán coa mocidade
2.7.08
Comentar
Segundo nos contan dende a Oficina de Información Xuvenil, ata o 17 de xullo estará aberto o prazo de inscrición nas actividades seguintes coa mocidade para realizar durante o verán:
• Capoeira
• Grafitti
• Masaxes
• Baile
• Efectos especiais de Maquillaxe
• Fotografía dixital no entorno
• Pintura e estampado de camisetas
• Automaquillaxe
• Cócteles sen alcohol
• Obradoiro de caricaturas
As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente ou no teléfono 986 609450. Unha vez que se reúna o mínimo de persoas preinscritas que faga posible...
1 jul 2008
XVI Feira do Viño do Rosal
1.7.08
Comentar

Os días 18, 19 e 20 de xullo terá lugar a XVI Feira do Viño do Rosal. O venres 18, ás 20:00 horas procederase á inauguración da Feira a cargo do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal. Haberá como tódolos anos visita aos expositores e degustación de viños do Rosal, todo isto acompaña-dos da Charanga Os Jalácticos. O sábado 19 de xullo o recinto feiral abrirá as súas portas ás 11 da mañá, celebrándose unha "Cata Comen-tada"...
Entrega de diplomas no Centro Cultural da Guarda
1.7.08
Comentar

Como xa tiñamos anunciado, celebrouse hoxe día 1 de xullo, no Centro Cultural da Guarda a entrega de diplomas ás 38 asistentes do "Taller de estimulación de memoria", organizado pola Cruz Vermella do Baixo Miño. Lembramos que dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal desta asociación, desenrolan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Presidiron...