FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun 2008

Cine na Rúa, en Pías

O venres día 4 de xullo, no Parque de Pías e ás 23:00 horas terá lugar a proxección da película de animación "Bee Movie", de Steve Hickner e Simon J. Smith. O argumento é o seguinte: Barry B. Benson (voz orixinal de Jerry Seinfeld), é unha abella recén graduada na universidade que se atopa algo decepcionada da súa ocupación actual: facer mel. Un día coñece a Vanessa (voz de Renée Zellweger), unha florista de Nova York. A súa relación comeza a florecer,...

29 jun 2008

D. Isaac no seu 50 Aniversario como crego

Con motivo desta efemérides a parroquia do Rosal tributou unha calurosa homenaxe a D. Isaac Penela Carbajales. Este acto levouse a cabo na igrexa parroquial hoxe, 29 de xuño, na misa de 12. Cocelebraron co homenaxeado o párroco D. Julio Ramos, o vicario da diócese D. Jesús Gago, o párroco da Guarda D. Jesús Villadóniga e o Pai Vidal dos Somascos. No momento da homilía interviu D. Isaac dando grazas pola celebración do acto así como polos agasallos...

27 jun 2008

Servizo de NOITEBÚS

Dentro da firme aposta pola seguridade viaria e a redución da sinistralidade nas estradas o Concello do Rosal pon en marcha o Programa de transporte nocturno O Rosal — A Guarda, coñecido como NOITEBÚS, cuxo obxectivo é ofrecer unha alternativa de transporte a lugares en datas e horarios preferentemente vinculados ao goce do tempo de lecer. Este servizo está subvencionado pola Dirección Xeral de Transportes. Segundo informa a OMIX (Oficina Municipal...

25 jun 2008

Xoán Carlos Treinta Martínez, profesor

Dirixímonos esta vez ata A Cunchada, máis concretamente á rúa Lagos, para realizar a nosa entrevista a un profesor rosaleiro (prefire esta denomi-nación, antes que rosalés) que conta cunha academia propia moi coñecida e respetada na zona. Profesor dos de verdade, dos bos. Dos que con eles aprobas ou aprobas. Cando os pais dun rapaz ven que o seu fillo comeza a flaquear nos estudos do colexio ou no instituto... ou ese alumno non dá aprobado determinada...

A "Asemblea Comarcal de Cruz Vermella" entrega diplomas

O próximo martes, 1 de xullo ás 16:30 horas, no Centro Cultural da Guarda terá lugar a entrega de diplomas aos 38 asistentes ao Taller de Estimulación de Memoria, con motivo da finalización do curso 2007-08. Dende o ano 2003, voluntarios e voluntarias da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para persoas maiores de 65 anos, sendo os seus usuarios da Guarda, O Rosal e Oia. Entre os obxectivos...

21 jun 2008

Extraordinario concerto de Milladoiro

Milladoiro, en plena actuación no Auditorio Municipal do RosalComo xa tíñamos anunciado, o grupo de folk Milladoiro actuou onte no Rosal diante das máis de 400 persoas que encheron o aforo do Auditorio Municipal. Ofreceu un concerto de preto de hora e media onde fixo un percorrido polo seu repertorio máis coñecido. Milladoiro comezou a súa actuación cunhas verbas de loubanza á nosa terra, calificándoa de "edén", polas súas "impresionantes ribeiras",...

19 jun 2008

Mañá, venres, concerto de Milladoiro

Lembramos que mañá, venres día 20 de xuño, actuará no Auditorio Municipal do Rosal o grupo de música folk Milladoiro.Será o primeiro concerto que se celebrará no remodelado edificio rosalés, recentemente inaugurado o 23 de maio polo presidente da Deputación de Ponte-vedra, Rafael Louzán e o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela. Milladoiro (http://www.milladoiro.com/) comezará a súa actuación ás 22 horas....

16 jun 2008

Homenaxe a D. Isaac

D. Isaac Penela Carbajales será homenaxeado pola parroquia de Santa Mariña o domingo 29 de xuño, durante a misa das 12, con motivo da efemérides do 50 aniversario da súa ordenación como crego. D. Isaac naceu en Vigo o 7 de setembro de 1931. Licenciado en Teoloxía e en Ciencias Económicas e Empresariais, ordenouse o 31 de maio de 1958 na cidade de Tui. Na actualidade é capelán das "Hermanas Carmelitas Descalzas" do Rosal e aínda que está xubilado...

14 jun 2008

Funeral por "Manoliño"

O popular Manuel Fagúndez Álva-rez, natural do barrio da Lomba, de 75 anos, máis coñecido por "Manoliño", falecía o luns 9 de xuño, despois dunha longa enfermidade. O martes día 17, ás 16:00 horas, celebrarase un funeral na súa memoria na igrexa parroquial de Santa Mariña do Ros...

12 jun 2008

Entrevista a Julio Martínez Martínez, escultor

A boa acollida da primeira entrevista realizada a Manuel Rodríguez Martínez "Trintiña" animounos a seguir con esta sección. Pois ben, esta vez imos a coñecer un pouquiño máis a Julio Martínez Martínez, xove e prometedor escultor rosalés, que xa conta no seu currículum con obras de auténtico "mestre". Ten na actualidade tan só 29 anos e está comezando a integrarse no selecto mundo de artistas recoñecidos das artes plásticas galegas. Un exemplo disto...

11 jun 2008

A illa descoñecida

O domingo día 15, ás 21:00 h no Auditorio Municipal, o grupo Fiuncho Teatro da A.C. Centro Goianés representará "A Illa Descoñeci-da", obra baseada no conto do Premio Nobel de Literatura de 1998, o escritor, xornalista e dramaturgo portugués, José Saramago. Como nas novelas de Saramago, os protagonistas son o amor e a comprensión humanos, enfrontados a un mundo autoritario e abusivo, representado aquí polo rei e o seu castelo. Saramago plantexa este...

10 jun 2008

Concerto de Milladoiro no Auditorio

O venres 20 de xuño no Auditorio Municipal do Rosal e ás 22 horas, celebrarase un concerto a cargo do coñecido grupo galego de música folk Milladoiro. Milladoiro naceu a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Formouse ao redor dunha cultura ancestral e da canción celta, recuperando a tradición e o son de instrumentos como a gaita, o clarinete, a ocarina ou o bouzoki....

Actividades para adultos

A Concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo infórmanos que durante o mes de xuño desenvolveranse multitude de actividades. Porase en marcha un programa de animación á lectura para adultos co fin de considerar a lectura como unha fórmula válida para o tempo de lecer, fomentar o interese polos libros como producto cultural e dinamizar o uso da Biblioteca municipal entre as persoas adultas.Para isto realizaranse campañas de captación...

9 jun 2008

Curso de Dirección no Auditorio

Os días 20, 21 e 22 de xuño impartirase no Auditorio Municipal do Rosal un Curso de Dirección a cargo do profesor Josep Vicent Egea, nado en Cocentaina (Alicante) en 1961, graduado en trompeta e titulado superior en Composición, Dirección de Coros e Orquesta no Conservatorio Superior de San Sebastián. O prazo da preinscrición rematará o venres 13 de xuño. Este curso está enmarcado dentro dos actos do XXII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal....

8 jun 2008

Roteiros de Galicia visitan O Rosal

A Asociación Cultural Roteiros de Galicia, previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Mª de los Ángeles Vicente Manzano, visitou hoxe de mañá, domingo, O Rosal. A primeira parada foi na Praza do Calvario onde tomaron uns cafeciños e seguidamente iniciaron o percorrido da ruta guiada polos Muíños do Folón e do Picón. Rematarán a estadía no noso pobo cunha comida na praia das Eiras. Pola tarde teñen previsto achegarse ata o Mosteiro de Santa...

5 jun 2008

Nova sección: AS NOSAS ENTREVISTAS

Trintiña impartindo unha "clase maxistral" no Obradoiro de Cabaqueiriños de 2006Tal e como lembramos nas "bases" deste blog, queremos dar a coñecer dende unha perspectiva diferente as andainas dos nosos rosaleiros máis populares. Achega-las súas inquedanzas, os seus méritos, as súas vidas, simplemente para que -como dicimos- quede constancia para futuras xeracións.E inauguramos esta sección de As Nosas Entrevistas cun persoeiro moi coñecido, Manuel...

4 jun 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. IV)

Vista parcial da Praza do Calvario no ano 1...

3 jun 2008

Novo libro de Martínez de Sousa

O escritor, lexicógrafo e técnico editorial rosalés afincado en Cataluña, José Martínez de Sousa, recentemente premiado coa Medalla do Ateneo de Madrid, ven de publicar a segunda edición do seu libro Ortografía y ortotipografía del español actual (Ed.Trea S.L.) A obra, que está dedicada á súa muller, Pili, consta de 564 páxinas e en palabras do autor "se propone introducir al lector en el conocimiento de la ortografía usual y al propio tiempo en...

David Gómez busca repetir nuns JJ.OO

O decathleta rosalés David Gómez Martínez intentará conseguir a "mínima b" e de novo participar nos Xogos Olímpicos que esta vez se celebran en Pekín. Hai que lembrar que David é Campión de España Absoluto de Decathlon (2004 e 2007) ou Subcampión do Mundo Junior no ano 2000, entre outros moitos títulos.Ademáis subliñar que despois de competir nas Olimpíadas de Atenas 2004, ese mesmo ano concedéuselle en recoñecemento á súa traxectoria: un Diploma...

1 jun 2008

Rutas guiadas aos Muíños do Folón e Picón

Nenos e nenas do CEIP de Fontiñas (Santiago de Compostela), o venres 30 de maio, diante do Muíño das Laxes O Rosal, mediante a concellaría de Turismo que preside Mª de los Ángeles Vicente Manzano, ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas polo sendeiro dos Muíños do Folón e do Picón. Durante 1'30 - 2 horas poderase facer un percorrido polos 67 muíños hidráulicos que conforman este complexo etnográfico (36 enxeños no Folón e 31 no Picón). A...

A Imprenta do Rosal, de aniversario

O 25 de xuño de 1986 inaugurábase a primeira imprenta do Rosal: Gráficas Lomba.Este mes, polo tanto, fai 22 anos da súa creación. O seu propietario é José Luís Vicente Lomba, natural da vila da Guarda e afincado dende aquela no noso pobo.Achegamos aquí a portada do último libro que recentemente saíu do seu prelo e que se ven a unir ás innumerables publicacións deste taller rosaleiro (revistas, folletos, programas de festas, carteis...)Esta obra,...