FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

9 mar 2016

Novo deseño da web de Noticias O Rosal. Séguenos en noticiasorosal.es

É un pracer comunicarvos que o luns 7 de marzo de 2016, estreamos novo deseño e contidos en www.noticiasorosal.es Este mes, como é lóxico, estaremos en período de probas. Se vedes algo que non está correcto ou tedes calquera información ou suxestión, por favor contactade con nós. Que sepades que, por suposto, seguiremos na mesma liña destes case 8 anos en internet, centrándonos como sempre no ámbito cultural e deportivo da nosa querida...

2 mar 2016

Concerto do grupo "Os Broders" no Bar-Tapería A Competencia (O Rosal)

Na imaxe de arquivo, o xerente Enrique, coa cantante galega Erea Castro. (Foto: J.R.) Este sábado 5 de marzo, a partir das 20:00 horas, o Bar-Tapería A Competencia, que rexenta José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá o xa tradicional concerto do grupo musical "Os Broders", que chegan á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense) e Santiago de Compostela. A entrada é libr...

Javier Costas, atleta de O Rosal, dobre Subcampión Galego junior na Coruña

O atleta rosaleiro Javier Costas, segundo nos comunica o seu equipo, o Club de Atletismo Coruña Comarca, vén de proclamarse o sábado 27 de febreiro, dobre subcampión galego junior de 200 metros e salto de lonxitude. Javier Costas (1998), adestrado dende este ano polo guardés Sergio Rodríguez Teixeira, "tivo unha actuación sobresaínte no Campionato Galego Junior de Pista Cuberta celebrado no Palacio dos Deportes de Riazor, conseguindo...

Preto de 100 afeccionados do Novás apoiarán en Chapela nun choque crucial

Afeccionados do Novás, o pasado ano 2015 en Chapela. (Foto: J.R.) Tal e como se pode ler no perfil das redes sociais do Acanor Atlético Novás, "por non acadar o mínimo de persoas proposto, o desprazamento en autobús a Chapela queda suspendido. Disculpen as molestias. A pesar que se cancele a viaxe, os xogadores non estarán sós. Preto dun centenar de afeccionados rosaleiros achegaranse en coches particulares...

1 mar 2016

G. Marcelli afrontou en Mallorca unha das probas máis duras da súa vida

Gabri voando na súa "montesa". (Foto de arquivo RFME: Joan Carles Vázquez) "El CET Mallorca, uno de los triales más duros en los que llevo participado". Así se expresaba Gabriel Marcelli, o piloto rosaleiro de trial, tras finalizar a súa aventura na proba do Campionato de España de Trial que se celebrou esta fin de semana na localidade balear de Sant Joan e que contou cunha participación total de 82 pilotos. Proba disto, un extracto...

O grupo Xamaraina actuará en O Rosal polo Día Internacional da Muller

Segundo nos comunican dende o Concello do Rosal, o grupo de baile Xamaraina que dirixe Elena Baz Rodríguez, actuará este sábado 5 de marzo a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo)....

O Acanor Atlético Novás quere tinguir de vermello o pavillón de Chapela

O club Acanor Atlético Novás de balonmán, que preside Andrés Senra e que actualmente ocupa a 3ª posición en Liga, disputará o sábado 5 de marzo en Chapela (Redondela, 18:30 h) a xornada 22 da Primeira Nacional fronte ao potente Construcciones Castro. O Novás, no caso de que se apunten un mínimo de 40 persoas, fletará dende a Praza do Calvario o "Bus da afección" por un prezo de bus+entrada: 10 € para socios e 12 € para non socios. Pódese...