FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2015

O rosaleiro Raúl Fernández, Medalla de Bronce no Campionato de Galicia

Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o pasado domingo 27 de decembro "disputouse en Ferrol o Campionato de Galicia de Ciclocross con dous novos podiums, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González". Dende o CC. O Rosal recálcase que "Comezaba a categoría de Promoción e como xa vén sendo habitual o infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como...

A Cabalgata dos Reis Magos en O Rosal sairá do Calvario o 5 de xaneiro

A Cabalgata dos Reis Magos no Rosal dará a saída o vindeiro martes 5 de xaneiro ás 10:00 horas dende a Praza do Calvario co seguinte percorrido: O Calvario (10.00h), Caselas, Convento, Fornelos, Picón, Martín (11.00h), Viso dos Eidos, Novás (11.15h), Parada, Marzán (11.40h), Sanxián e Portecelo (12.00h), Cachada, Fecha (12.50h), Pancenteo, Cunchada, Pías (13.30h). Tabagón (15.20h), A Portela, Eiras, Morán (16.20h), Valdemiñotos,...

16 dic 2015

A rosaleira Eva Baz Cerqueira presenta unha comunicación en Barcelona

A rosaleira Eva María Baz Cerqueira (á esquerda da imaxe) vén de realizar unha tesina de final de carreira sobre a arquitectura mariñeira no barrio da Marina en A Guarda, co título Barrio de A Marina. Descaracterización o evolución.  Segundo confesa a Noticias O Rosal, Eva escolleu a realización deste traballo "por sentirme identificada con este lugar, xa que parte das miñas raíces están na Marina". Eva María Baz, xunto...

14 dic 2015

O Zampalibros, musical infantil didáctico, o 26 de decembro en O Rosal

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro sábado 26 de decembro (18:00 horas) a xira do espectáculo teatral didáctico e musical, O Zampalibros (para todos os públicos). Trátase do proxecto de fin de estudos do actor e produtor rosaleiro Javier Lago Martínez, quen realizou interpretación textual na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. As entradas están á venda na Xoguetería Galopín de O Rosal a un prezo único de 6...

A II Carreira Popular San Silvestre O Rosal será o 31 de decembro de 2015

A II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal 2015 terá lugar o xoves 31 de decembro, organizada polo Concello, coa colaboración do Comercio da vila. Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es ...

3 dic 2015

O Club Ciclista O Rosal segue colleitando éxitos en Galicia e Portugal

Iago, Mario, Zaida, María e Diego. (Fotos: Club Ciclista O Rosal) A guardesa María Correa e o rosaleiro Mario Fernández, ambos pertencentes ao Club Ciclista O Rosal, son os actuais líderes da Copa Galicia de Ciclocross, con Zaida González moi ben situada tamén no segundo posto en categoría júnior.   Segundo se pode ler na web da Federación Galega de Ciclismo, "Paulo González, en Élite e Sub 23 masculino, e María Correa, Cadete feminino,...

2 dic 2015

Concerto da Agrupación Musical do Rosal na honra da súa patroa, Santa Icía

Informa: Agrupación Musical do Rosal. Por medio da presente informamos da programación que se vai realizar con motivo da celebración de Sta. Icía (patroa dos músicos) e das festas do Nadal. Sábado, 5 de decembro • 18,30 h. Misa na honra da nosa patroa na Igrexa Parroquial de Santa Mariña acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. • 20,30 h. Concerto de Santa Icía a cargo da banda de música Agrupación Musical do Rosal coa...

Os deportistas do Rosal seguen colleitando éxitos en todas as disciplinas

                                                        Óscar Vicente, no máis alto do podium. (Foto: Diario de Mallorca) O Concello do Rosal dende a súa web, felicita de novo aos seus deportistas máis destacados nas últimas datas, como son Gabriel Marcelli Carballido, Verónica Pérez Pacheco, Óscar Vicente...

A Cea de Nadal do Acanor Atlético Novás será o sábado 12 de decembro

Informa: Acanor Atlético Novás de balonmán. O Acanor Atlético Novás retoma anos despois a Cea de Nadal e celebrará o fin deste 2015 no Restaurante Juan de O Rosal, un dos colaboradores principais do club, o vindeiro sábado 12 de decembro ás 22:30 horas. Con menú de 25 € para adultos e 15 para nenos e nenas de ata 15 anos, a velada estará amenizada por DJ Guille, con copas a 3 € e ademais haberá photocall, sorteo de premios...