FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 ene 2015

Pensa en ti: Curso culinario da Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un "Curso de Tapas, Petiscos e Canapés" a través do Programa Pensa en Ti da Deputación de Pontevedra. O curso terá unha duración de 30 horas e o prezo por persoa é de 6 euros. Comezará mañá xoves 29 de xaneiro, de 19 a 22 horas. Aínda quedan prazas vacantes, así que se te interesa facer este...

27 ene 2015

Festival Solidario pola Paz no Auditorio do Rosal a favor de Conrazones

Informa: Agrupación Musical do Rosal A Agrupación Musical do Rosal convídalles a asistir ao Festival Solidario pola Paz que terá lugar este domingo día 1 de febreiro ás 18,00 h. no Auditorio do Rosal. A Agrupación organiza este acto con motivo da celebración do "Día Escolar da non violencia e da paz" que se conmemora todos os 31 de xaneiro. Ademais o acto será por unha causa benéfica xa que o lema do festival é "1 kg....

23 ene 2015

O equipo senior da U.D. Ribera enfróntase este domingo 25 ao C.F. Oiense

O equipo rosaleiro de categoría senior coa terceira equipación (Foto: U.D. Ribera) Estes son os horarios dos partidos das diferentes categorías do club U.D. Ribera para esta fin de semana, destacando o encontro que medirá ao equipo senior co C.F. Oiense, o domingo 25 de xaneiro ás 16:30 horas en Oia. Pola súa banda, o equipo feminino recibirá no Estadio Municipal da Mata ao Candeán A, o sábado 24 ás 18:00 horas. Os xuvenís farán o propio...

16 ene 2015

Festas da Virxe da Saúde e San Brais 2015 en San Xoán de Tabagón

A parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón acollerá dende o 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro as Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais.  Este ano, por non entendemento, tan só haberá actos relixiosos, faltando a subida do tradicional Arco-Maio ou mesmo as verbenas coas súas correspondentes orquestras. Si estarán a Coral Polifónica de A Guarda, o Coro de Danzas e Gaitas Airiños Novos de Pinzás, A Coral Polifónica de O Rosal...

14 ene 2015

O domingo 25, Romaría na honra de San Vicente, en Marzán (O Rosal)

Informa: Concello do Rosal. Fotografías: Arquivo de Noticias O Rosal (2008) O vindeiro domingo 25 de xaneiro celebrarase en Marzán a Romaría na honra de San Vicente. Dende primeiras horas da mañá, haberá musica ambiental a cargo de Electrosil.  A partir das 10:00 horas, actuación do grupo de gaitas "Os Pelouros", de A Guarda. Durante a Romaría serviranse "deliciosos callos caseiros". A Misa Solemne, con Sermón e Procesión,...

13 ene 2015

Raúl Fernández, dobre medalla nos Campionatos de España de Ciclocross

Noraboa ao rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo (Club Ciclista O Rosal) que vén de conseguir esta fin de semana coa Selección Galega dúas medallas de bronce nos Campionatos de España de Ciclocross celebrados en Xixón (Asturias). A primeira, o venres 9 na categoría de relevos, realizando o mellor tempo da súa categoría (sub23) e xa o domingo 11, a segunda, na proba individual. Toda a información e fotografías, na web do Club Ciclista O Ros...

12 ene 2015

O Concurso-Desfile de Entroido do Rosal celébrase o domingo 15 de febreiro

Segundo se pode ler na web municipal, "o Concello do Rosal convoca o tradicional Concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2015, o domingo 15 de febreiro, ás 11:00 horas". O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, dende a rotonda da Feira e a rúa Ramón Franco ata o cruce coa Lomba. A inscrición poderase realizar ata o mércores 11 de febreiro.  Aquí...

10 ene 2015

Acanor Atlético Novás On Tour. Viaxa a Chapela o sábado 17 de xaneiro

Informa: Acanor Atlético Novás O vindeiro 17 de xaneiro (18:30 h) o Novás enfrontarase ao Chapela, "recién descendido, rival histórico de los nuestros". Dende o club da vila animan a apuntarse a este partido no que se "necesitará de todos y cada uno de vosotros para conseguir dos puntos fundamentales para afrontar la segunda vuelta con las opciones de sector intactas". Segundo afirma o director deportivo rosaleiro, Andrés Senra,...

9 ene 2015

Novo "Curso de manipulador de alimentos" organizado por ACOR

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro venres 30 de xaneiro celebrarase no Centro Social Polivalente un Curso de manipulador de alimentos (de 10:30 a 13:30 horas) organizado pola Asociación de Comerciantes da vila (ACOR). A inscrición previa neste curso debe realizarse no teléfono do seu presidente, José Martínez González (Pepe Berdeal): 628 875 02...