FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic 2014

Xoán M. Tamuxe desvela cal é o libro máis antigo escrito por un rosaleiro

O historiador local Xoán Martínez Tamuxe crea no seu blog a sección O Rosal. Facendo Historia "para dar a coñecer datas, acontecementos, persoas, efemérides... a fin de facer historia e que os rosaleiros conten con máis coñecemento dos valores, xa culturais, arqueolóxicos, históricos, etnográficos, biográficos, tradicións, etc". Neste primeiro artigo fálanos do libro máis antigo escrito e publicado por un veciño do Rosal, "D. Juan Santos...

16 dic 2014

Gran actuación en Marín e en Portugal dos/as integrantes do C.C. O Rosal

Velaquí vos deixamos as crónicas realizadas por Ramón Villa, publicadas na web do Club Ciclista O Rosal, con motivo do Ciclocross Ría de Marín e da terceira proba da Copa de Portugal disputada en Torre de Dona Chama, no concello de Mirandela, distrito de Bragança. Destacar de Marín os segundos postos de Mario Fernández, de María Correa e de Zaida González, así como o primeiro posto de Raúl Fernández. Xa na Copa de Portugal, Zaida vencía...

Este domingo día 21, Concerto de Nadal da Agrupación Musical do Rosal

Informa: Agrupación Musical do Rosal Con motivo do fin de trimestre e das festas do Nadal a Agrupación Musical do Rosal organiza os seguintes actos que terán lugar no Auditorio Municipal do Rosal esta fin de semana: - Venres 19 decembro, 20,00 h.: Audición de alumnos da escola - Sábado 20 decembro, 20,30 h.: Audición de alumnos da escola - Domingo 21 decembro, 18,00 h.: Concerto de Nadal no cal participarán o Coro Infantil,...

O Acanor Atlético Novás organiza este sábado 20 unha viaxe a Lalín

Información e fotografía: Acanor Atlético Novás O Novás quere despedir o 2014 ao grande. Este fin de semana disputa a décimo cuarta xornada do campionato ligueiro e chega no seu mellor momento. Pero a empresa non será doada. O Lalín, a pesar de que a súa clasificación non di o mesmo, conta cunha das mellores plantillas da competición, con xente experimentada e con mozos sobradamente cualificados. Ademais, a súa pista...

12 dic 2014

O grupo "Non si? Teatro" presenta no Rosal a obra "Underground"

O grupo da "Aula de Teatro de Baiona Non si? Teatro", dirixido por Mónica Sueiro, presentará o vindeiro domingo 11 de xaneiro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal a obra Underground, na que se reinterpretan as obras de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas" e "Alicia a través do espello...

6 dic 2014

Este domingo 7, concerto na honra de Santa Icía no Auditorio Municipal

Informa: Agrupación Musical do Rosal. Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán lugar mañá, domingo 7 de decembro.   Os actos comezarán ás 12,00 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.   Ás 19,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto da...

2 dic 2014

O Rosal convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Beléns 2014

Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal Bases do Concurso de Beléns no Concello do Rosal. 1º.- Poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.  2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 10 e 11 de decembro das 9:00 ás 12:00 horas no Concello do Rosal. 3º.-...

1 dic 2014

O 20 de decembro, Torneo Escolar Benéfico de Tenis en O Rosal

Segundo podemos ler na web do Concello, o vindeiro sábado 20 de decembro (9:30 horas) celebrarase en O Rosal (Pontevedra) un Torneo Escolar Benéfico de Tenis para categorías dende prebenxamín ata cadete. Tal e como reza o cartel, a competición terá lugar nas pistas polideportivas de Pías (San Miguel de Tabagón) e nas do Colexio Manuel Suárez Marquier (Santa Mariña). Haberá regalos para todos os participantes, que poden realizar a inscrición...