FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

24 jul 2014

A segunda edición do ARTFEST Baixo Miño celébrase este sábado 26 de xullo

A Vila da Guarda celebra este sábado 26 de xullo a segunda edición do ARTFEST Baixo Miño. Dende as 17:30 horas, o antigo "Estadio del Tecla" albergará este atractivo evento musical, que conta coa participación dos seguintes grupos e artistas: Izal, Dorian, David Fonseca, Varry Brava, Santos Morcegos, The Pretty Shirts, EME DJ e Traffic House. Aquí vos deixamos un enlace ás preguntas máis frecuentes sobre o ARTFEST.  Máis...

Novás, Octavio, Cisne e Boavista, no XVI Trofeo Concello de O Rosal 2014

Segundo se vén de anunciar mediante as redes sociais, o equipo luso Boavista F.C., -que adestra o expivote do Academia Octavio e internacional con Portugal, Eduardo Ferreira- será o que acompañe a Balonmán Cisne, Academia Octavio e ao anfitrión Acanor Novás no XVI Trofeo Concello de O Rosal. A competición, que se celebrará na vila os días 22 e 23 de agosto, terá desta maneira un bo nivel e "garantiza un gran fin de semana de balonmano". Dende...

O día 2, Festa con gran churrascada e grupos musicais, na Praza de Fornelos

O vindeiro sábado 2 de agosto (21:00 horas), segundo informa José Martínez González (Pepe Berdeal), terá lugar en Fornelos unha Festa Gastronómica con churrascada, chourizos e criollos. A organización corre a cargo da Asociación de Veciños Río Folón, que celebrará na Praza de Fornelos esta xuntanza, tanto para os socios como para as persoas que queiran partcipar, con prezos populares, servíndose viño tinto especial para esta festa, que...

23 jul 2014

Noticias O Rosal entrevista a Diego Álvarez, Entrenador Nacional de Fútbol

Noticias O Rosal entrevista a Diego Álvarez Fernández (Pancenteo, 9-12-1983), que despois de conseguir o pasado 5 de xuño en Madrid o título de Entrenador-Monitor Nacional de Fútbol Base, pasa na vila unha pequena temporada de vacacións. Lembramos que o noso veciño recibiu este certificado e título, outorgados pola Real Federación Española de Fútbol, despois de aprobar con mérito o correspondente curso, realizando os seus estudos nas instalacións...

22 jul 2014

O lateral vasco Arkaitz Vargas, primeira fichaxe do Acanor Atlético Novás

Foto: Diario de Navarra / Novás Informa: Atlético Novás de Balonmán. El lateral vasco, ya ex del Octavio, Arkaitz Vargas, se convierte en el primer refuerzo de esta nueva etapa del Acanor Novás. El irundarra, que roza los 2 metros y pasa de los 100 kilos, viene para apuntalar una defensa debilitada tras las bajas de Adrián Freiría y Bruno Costa. Tiene una amplia trayectoria en el balonmano nacional, con más de una década en la...

21 jul 2014

Xavi Díaz, porteiro do Rosal, cos nenos da Escola de Verán Pablo Herbello

Xavi, cun pequeno porteiro. Imaxe vía móbil-facebook, autoría do Bueu Atlético Balonmán Segundo podemos ler na rede social Facebook, esta fin de semana pasada, o porteiro da vila, Xavi Díaz, que xoga no Club Balonmano Villa de Aranda (Liga ASOBAL), vén de visitar xunto ao tamén extremo galego Roberto Sánchez "Bicho", aos nenos que participaron nas "Escuelas de Verano Pablo Herbello", organizadas polo Bueu Atlético Balonmán. Máis info:...

18 jul 2014

O equipo Acanor Atlético Novás de balonmán bota a andar o 12 de agosto

Informa: Acanor Atlético Novás EL ACANOR ATLÉTICO NOVÁS ECHA A ANDAR EL 12 DE AGOSTO Como viene siendo habitual, la pretemporada del Acanor Novás dará comienzo a mediados de agosto y lo hará concretamente el martes día 12, que será cuando Modesto Augusto cite a su plantilla para preparar la próxima campaña. Una plantilla que podría no estar cerrada todavía. En cuanto a partidos, están cerrados además de...

16 jul 2014

Os coordinadores do "10k O Rosal", entrevistados na Radio Municipal de Tui

Os estudos da Radio Municipal de Tui acolleron hoxe, mércores 16 de xullo, unha entrevista da xornalista Beti Rey a tres rosaleiros, coordinadores do evento deportivo-cultural "10k O Rosal. Feira do Viño". Na imaxe, de esquerda a dereita, Juan Ramón Martínez Barbosa, escritor e guía sociocultural, que dirixirá a andaina; Óscar Vicente Rodríguez, recoñecido triatleta profesional e Serafín Martínez Acevedo, exciclista e emprendedor deportivo,...

15 jul 2014

Programa da XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo de 2014)

Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal.    XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL Este ano celebramos a XXII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta Feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro. As datas da mesma serán o 18, 19 e 20 de xullo. Todas as...

10 jul 2014

Búscanse colaboradores/as para o evento "10k O Rosal. Feira do Viño"

O domingo 20 de xullo, último día da XXII edición da Feira do Viño, terá lugar o evento deportivo-cultural 10k O Rosal, que consistirá na celebración dunha andaina e dunha carreira polas rúas e paraxes da vila. Dende a Organización búscanse colaboradores para esta xornada dominical (de 9 a 13:30 horas), con regalos e detalles para os participantes que decidan botar unha man (por exemplo, a camiseta técnica da imaxe). Tal e como reza...