FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic 2013

CAN LABRADOR PERDIDO EN PANCENTEO

O canciño perdido. (Foto: F.J.G.R.) Segundo vén de comunicar o noso lector, Francisco José García Rodríguez á redacción de Noticias O Rosal, atopouse un can perdido en Pancenteo (xuradía de Marzán). Trátase dun "can raza labrador, negro, macho e adulto e nótaselle ben que é can caseiro, xa que é moi dócil e non escapa da xente". Ademais engade que "non tiña nin correa nin microchip". ÚLTIMA HORA: ¡¡Feliz reencontro co seu propietario...

O PAVILLÓN DO ROSAL ACOLLE O III TORNEO DE NADAL DO ATLÉTICO NOVÁS

A base do Mecalia Atlético Novás de balonmán organiza este sábado 28 de decembro o III Torneo de Nadal At. Novás para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Todos os encontros terán lugar no Pavillón Municipal do Rosal co seguinte horario: v TEMPO DE CADA PARTIDO BENXAMÍN - 10 min / DESCANSO / 10 min ALEVÍN E INFANTIL - 15 min / DESCANSO/ 15 min CADETE - 30 min / DESCANSO /30 min Descanso de 2 minut...

18 dic 2013

OS ROSALEIROS DIEGO E YEYA, CAMPIÓNS DO V TORNEO OS CABAQUEIROS 2013 FELICÍTANNOS O NADAL DENDE MADRID

Diego e Yeya en Madrid (Fotos: Nina López) Os rosaleiros Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández "Yeya", vencedores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013, aproveitan para felicitarnos este Nadal e envíannos estas instantáneas dende as inmediacións da ponte de Segovia en Madrid. Dende o "Paseo de los Pinos", en pleno Manzanares, pousan cos seus trofeos e os "Catiñas", premios individuais que os recoñecen...

CONCERTO DE NADAL 2013 ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

O Auditorio Municipal acolle este domingo 22 de decembro ás 18:00 horas o Concerto de Nadal 2013, organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Actuarán a súa banda e a coral, ademais do Grupo de Música Tradicional Lirola...

13 dic 2013

O EQUIPO SENIOR DA U.D. RIBERA ENFRÓNTASE AO C.D. PONTELLAS B

Aquí vos deixamos o calendario e horario dos partidos para esta fin de semana do club U.D. Ribera, destacando o encontro do primeiro equipo como visitante, este domingo 15 de decembro, fronte o C.D. Pontellas B. O sábado, a partir das 10 da mañá, comezando polo Benxamín A, as categorías inferiores xogarán na casa, no Estadio Municipal da Mat...

O NOVÁS DE BALONMÁN DESPIDE O 2013 COMO LÍDER DA PRIMEIRA NACIONAL

A familia do Atlético Novás deséxavos unhas Felices Festas Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, mañá, sábado 14 de decembro, celebrarase o último partido oficial do 2013, no que o club rosaleiro "pase o que pase despedirá o ano e a primeira volta como líder, e oxalá sexa como ata agora, cunha nova vitoria". O Novás visita a cancha do Artabro "equipo de A Coruña que disputa a Primeira Nacional merced á reestruturación...

PRECAUCIÓN COS CANS EN O ROSAL

Argos de Ítaca. (Fotos: Olalla/Luis) Segundo veñen de comunicarnos hoxe mesmo dúas lectoras de Noticias O Rosal, posiblemente alguén está a envelenar conscientemente aos cans, polo menos na zona de Novás, en concreto por Parada e A Rotea, aínda con consecuencias que poden ser fatais. Por esta razón queren facer un chamamento á veciñanza para que extremen as precaucións coas súas mascotas á vez que amosan a súa repulsa ante estes infames...

5 dic 2013

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO BM LALÍN NO ÚLTIMO PARTIDO DO 2013 COMO LOCAL

Segundo vén de anunciar o Mecalia Atlético Novás de balonmán, este sábado 7 de decembro ás 19:00 horas, terá lugar no pavillón municipal do Rosal o último encontro do ano como local,  fronte ao BM Lalín, intentando "despedir ao grande o 2013". No descanso do partido celebrarase unha actuación das mozas do grupo xuvenil de aerobic do ximnasio Do-Maj...

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA SANTA ICÍA O SÁBADO DÍA 7

Informa: Agrupación Musical do Rosal Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán o vindeiro sábado día 7 de decembro. Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Toñi Santos Vaquero. Ás 20,00 h. no auditorio municipal terá...

3 dic 2013

AQUÍ NON PAGA NINGUÉN. TEATRO NA GUARDA CO GRUPO VÁMOLANDANDO

Anselmo Martínez Pena / A Guarda Se ben o pasado 28 de setembro o Auditorio do Rosal acollía o estreo da obra "Aquí non paga ninguén", do grupo Vámolandando Teatro, desta vez serán os asistentes ao Centro Cultural da Guarda quen teñan a oportunidade de disfrutar desta peza teatral, que dirixe Álex Sobrino. A cita, este venres 6 de decembro ás 18:00 horas. Tal e como reza o cartel, a entrada é de bald...

RAÚL FERNÁNDEZ (C.C. O ROSAL) SEGUE FIRME, CUNHA IMPARABLE ASCENSIÓN

Raúl, no centro como vencedor, en Navia-Asturias. (Foto: C.C. O Rosal) O ciclista rosaleiro Raúl Fernández (@Raulfdzlor) segue ao seu -incontestable- e vén de conseguir dúas novas vitorias, o sábado 30 de novembro no I Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocróss e o domingo 1 de decembro en Navia (Asturias), na proba puntuable para a Copa Federación (Copa de España). O Club Ciclista O Rosal afirma na súa web que Raúl "amplía desta...