FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 mar 2013

O ATLETA ROSALEIRO ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, VENCEDOR DO PRESTIXIOSO DUATLÓN DE AVIGNON (FRANCIA)

Foto: Christophe Guiard O atleta rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez vén de impoñerse no Duatlón Avignon -primeira proba do Gran Prix de Francia, o circuito nacional máis prestixioso do mundo- seguido de Emilio Martín, vixente campión mundial, que finalizou en segunda posición, sendo terceiro o subcampión mundial Antoine Duvivier. Velaquí vos deixamos a última entrada do seu adestrador, Iván Muñoz, que non pode estar máis orgulloso: "Brutal...

GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO GAÑA A PRIMEIRA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE TRIAL EN 125 CC

Informa: José María Marcelli / Valencia O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido vén de disputar e gañar esta fin de semana en Bocairent (Valencia) a primeira proba do Campionato de España de Trial en 125 cc, categoría xuvenil. Foto: (Todo Trial) Gabriel venceu -nunha competición moi reñida- con 0 puntos, seguido de Pablo Suárez con 1 e terceiro Eric Miquel, con 2 puntos. A próxima proba para o noso veciño será en Pobladura...

19 mar 2013

EL III TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL U.D. RIBERA CONCELLO DE O ROSAL SE CELEBRA EN A MATA EL SÁBADO 30

El próximo sábado 30 de marzo se celebra el III Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera Concello de O Rosal en el campo de fútbol de A Mata. Los 160 jugadores de trece y catorce años y sus entrenadores comerán juntos en el Restaurante Juan. En esta edición, como novedad, participan equipos de Ourense y Portugal. Informa: Manuel A. Villa. Por tercer año consecutivo el campo de fútbol de A Mata acogerá el Torneo Infantil...

O AUDITORIO DO ROSAL ACOLLE ESTE SÁBADO 23 DE MARZO UN CONCERTO DO GRUPO DE PERCUSIÓN ODAIKO

Informa: Monserrat Domínguez Otero / Agrupación Musical. O grupo de percusión ODAIKO ofrecerá este sábado 23 de marzo ás 21.00 horas un concerto no auditorio do Rosal no que os instrumentos de percusión serán os protagonistas. Conectando sempre coa música de raíz, Odaiko é unha mestura de boa música cun toque de humor que conecta co público para mostrar de forma entretida e emocionante todo...

18 mar 2013

A BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL, VÉN DE SER GALARDOADA CO PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA 2012

Agrupación Musical do Rosal. (Foto: A.M.R.) Segundo se comunica no seu perfil de facebook, a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal "vén de ser galardoada pola Deputación de Pontevedra co PREMIO PROVINCIAL Á CULTURA 2012, premio que recoñece os méritos de persoaxes e institucións pontevedras en pro do compromiso cultural". "Premio que nos dá aínda máis forza para seguir mellorando e traballando nestes momentos complicados polo tema...

16 mar 2013

HOXE CELÉBRASE A II OLIMPIADA DE FUTBOLÍN E KARAOKE. O ROSAL 2013

Hoxe, sábado 16 de marzo, a partir das 21:00 horas celebrarase a II Olimpiada de Futbolín e Karaoke O Rosal 2013. Lideran o ranking e a clasificación xeral destas olimpiadas Luis Martínez Pereira e Daniel Portela Pereira, con 40 puntos, tras a súa brillante actuación na I edición que tivo lugar o 26 de xaneiro (Campións en Futbolín e Terceiros en Fifa 2013). O evento está organizado polo Bar Troya (Marzán-O Rosal) e a web sociocultural...

6 mar 2013

PÍAS CELEBRA A TRADICIONAL FEIRA DE SAN GREGORIO OS DÍAS 9 E 10 DE MARZO

Os días 9 e 10 de marzo celébrase en Pías (San Miguel de Tabagón-O Rosal) a tradicional Feira de San Gregorio, avogado da cabeza e o estómago. Este é o programa: EXPOSICIÓNS -Exposición de escultura e obras do escritor Praxíteles González, que presentará o seu novo libro Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño. -Exposición de pintura a cargo de Jesús Rodríguez Alfonso. -Exposición de encaixe de palillos e palillada. -Exposición...

5 mar 2013

HOMENAXE A PABLO HERBELLO, ESTE SÁBADO 9 DE MARZO A PARTIR DAS 19:00 H., NO PAVILLÓN MUNICIPAL DO ROSAL

Tal e como se pode ler no evento creado polo Mecalia Atlético Novás no seu perfil oficial de facebook, este sábado 9 de marzo ás 19:00 horas celebrarase unha "nova xornada de liga, a número 20". "Partido moi importante e ante un rival que chega a O Rosal con bos números na segunda volta (Seis do Nadal), e aínda que as posibilidades de clasificarse para a fase de ascenso sexan mínimas, poden ser xuíz neste último tramo de competición. A súa...

4 mar 2013

A FEIRA DE ARTESANÍA ARTE-PAI TERÁ LUGAR OS DÍAS 23 E 24 DE MARZO NA PRAZA DO CALVARIO (O ROSAL)

O sábado 23 e o domingo 24 de marzo celébrase na Praza do Calvario, de 10 da mañá ás 9 da noite, ARTE-PAI. O ROSAL 2013, organizado por ARCO Baixo Miño. Haberá exposición e venda de arte e artesanía. O sábado 23 de marzo a partir das 12 da mañá, actuará a Charanga 5+1, con obradoiros infantís sobre as 4 da tarde. Xa o domingo 23, ás 16 horas, actuación de Orquestra Cé Pantasma. No recinto poderanse atopar stands solidarios: mercado...

O DOMINGO 17 DE MARZO CELÉBRASE O I TORNEO ESCOLAR DE TENIS CONCELLO DO ROSAL, NAS PISTAS DE PÍAS E A MATA

Por mor do mal tempo do día 10, finalmente será o vindeiro domingo 17 de marzo cando se celebrará nas Pistas polideportivas de Pías e no colexio da Mata do Rosal o I Torneo Escolar Concello do Rosal, de 9:30 a 14:30 horas. Participarán rapaces e rapazas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Trátase dun torneo benéfico, sendo a inscrición 2 quilos de comida non perecedoira (lentellas, arroz, etc). Información: 680...