FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 jun 2010

PRESÉNTASE A XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

O vindeiro venres 2 de xullo ás 12:00 horas presentarase na Casa da Pintora a XVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 16, 17 e 18 deste mes. Segundo a organización do evento intervirán neste acto o alcalde Jesús Mª Fernández Portela, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, o presidente da "Ruta del Vino Rías Baixas", José Ramón Meiriño González e o secretario do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro. Velaquí vos deixamos as nosas imaxes da presentación...

26 jun 2010

Vídeo. O Rosal saíu na Televisión de Galicia

Este domingo 27 de xuño apareceron imaxes do Rosal no programa Desde Galicia para o Mundo da TVG. O espazo, de carácter monográfico, combina entrevistas, música e reportaxes para retratar a paisaxe, a gastronomía, a xente, as festi-vidades e tanto o presente como a historia de Galicia. Veterano e prestixioso, comezou na súa versión en castelán "Desde Galicia para el mundo" no ano 1993 e incorporouse posteriormente á grella das canles internacionais...

23 jun 2010

ÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

O pasado 12 de xuño rematou a peregrinación por etapas polo Camiño Portugués da Costa que organizou o Concello do Rosal. Foron seis sábados, dende o 8 de maio, no que os inscritos a esta experiencia xacobea percorreron dende O Rosal un Camiño que os levou -entre outras vilas- por Oia, Baiona, Nigrán, Redondela, Vigo, Pontevedra, Caldas de Reis, Teo e finalmente Santiago de Compostela. Nesta última etapa aparte de facer os correspondentes quilómetros, asistiron de mañá á Misa do Peregrino, nunha Catedral ateigada de fieis e pasaron...

22 jun 2010

ALFOMBRAS FLORAIS EN SAN XOÁN DE TABAGÓN

Reportaxe (texto e fotos) realizada por B.C.B. As alfombras florais véñense realizando en San Xoán de Tabagón dende fai moitos anos pero é alá polo 1996 cando Adelaida, Pilar e Victoria deciden organizarse, de maneira que son xa 14 anos ininterrompidos nos que levan ofrecendo a súa arte para o paso da procesión do Santísimo Sacramento. Na realización deste traballo -de moitas, moitas horas- participan unhas 25 veciñas...

Vitorias de Irea, Zaida e Raúl na Praia de Eiras

Así titula a web do Club Ciclista O Rosal a crónica do II Trofeo de Mini BTT-Comunidade de Montes de Eiras, disputado o sábado 19 de xuño e que se saldou con cinco podiums para os nosos veciños. Unha vez máis o activo club rosaleiro que preside Gerardo Álvarez Martínez foi o organizador deste evento que contou coa presenza -entre outros- do concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa e do alcalde, Jesús Mª Fernández Portela. Podedes...

SERVANDO BARREIRO, "O BARDO ABELARDO"

O sábado 19 de xuño -e organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- tivo lugar na Biblioteca Municipal a actuación de Servando Barreiro. Este músico, contacontos, cunha ampla traxectoria na animación infantil, ofreceu aos nenos e nenas rosaleiras un espectáculo de música e poesía a través dos contos e as cantigas. (Fotos: Sandra Alon...

NOVA SUBVENCIÓN PARA O ATLÉTICO NOVÁS

O xoves 17 de xuño tivo lugar na Casa do Concello do Rosal a entrega das resolucións de concesión de subvencións da Deputación de Pontevedra ao Club de Remo Robaleira, ao Balonmán Atlético Guardés e ao Atlético Novás, tamén de balonmán. A este acto asistiron o deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, o alcalde e deputado Jesús Mª Fernández Portela e representantes dos clubs, entre os que se atopaban Manoli Pacheco Barbosa e Carmen...

A xerente do Consorcio visita a Escola Infantil

A xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, María del Carmen García Campelo, visitou o mércores 16 de xuño a Escola Infantil do Rosal supervisando as recentes obras levadas a cabo nestas instalacións. A responsable, que estivo acompañada da directora da Escola, Alicia Alonso Treinta, da concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso e de Cristina Linares, do conxunto pedagóxico do Consorcio, realizou un balance...

21 jun 2010

Festa Fin de Curso no Colexio Manuel Suárez

O vindeiro sábado 26 de xuño celebrarase a Festa de Fin de Curso no Colexio Manuel Suárez Marquier. Ás 16:00 horas comezará a "1ª Exhibición de Actividades Extraescolares 2009/2010" organizada pola súa ANPA en colaboración con Fórum (Actividades), o ximnasio Excalibur, Informática Sc@pe, o Centro Deportivo DO-MAJÓ, Ballet Studio 88, Atletismo (Félix Piñel), Tempo Libre (Milagros) e o propio profesorado do colexio. Haberá...

Justa González, de Tabagón: 102 anos

Segundo nos informan dende o Concello, este mes de xuño dúas rosaleiras centenarias están de aniversario. Trátase de Aurora Rodríguez Rodríguez, de Pancenteo e de Justa González González de San Xoán de Tabagón, que cumpren 102 anos. Precisamente, o pasado venres 18 de xuño estivemos na visita que a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso, realizou a Justa. Alí, en nome de todos os veciños rosaleiros fíxoselle unha pequena...

16 jun 2010

SERAFÍN ENTREGOU O MAILLOT DE NOTICIAS

O luns 14 de xuño procedeuse en Tui á entrega do maillot da montaña conseguido por Serafín Martínez en Baviera (Alemaña) e que se sorteou entre os amigos de Noticias O Rosal na rede social "Facebook". A agraciada, entre centos de participantes, foi a Peluquería Avelaíña, da cidade tudense. A súa propietaria, Belén Queiruga, recibiu de mans do propio ciclista do Xacobeo dita camisola, asinada e dedicada. Este acto contou tamén coa...

14 jun 2010

Alfombras de Corpus 2010 en Santa Mariña

Reportaxe fotográfica de Sonia Pérez Martínez, Andrea Rocha Troncoso e José Luis Pérez. A comisión parroquial de Santa Mariña levou a cabo –por cuarto ano consecutivo- a elaboración das alfombras florais no adro. Unha vintena de persoas comezaron o mércores 2 de xuño a traballar na confección destas obras de arte con materiais naturais (rosas, hortensias, buxo, café, area, estatis, pampullos…) A creación do debuxo foi obra...

13 jun 2010

EN BREVE, MÁIS REPORTAXES

Seguimos traballando para ofrecervos en breve toda a actualidade da vila así como as reportaxes fotográficas que nos tedes remitido. Intentaremos ir publicándoas, na medida do posible, por orde cronolóxica. Dende Noticias O Rosal, grazas a todos os que dunha ou doutra maneira colaborades con nós. ¡Saúdos! Correo electrónico: noticiasorosal@hotmail.com Teléfono: 637 311 007 (Juan Ram...

Gustavo Martínez, no II Slalom de Tomiño

Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares. O pasado domingo 6 de xuño celebrouse o II Slalom de Tomiño, proba valedeira para o Campeonato Galego, contando cos mellores clasificados desta modalidade, na que máis que a velocidade premia a habilidade do piloto. Juan Lojo, gañador deste II Slalom de Tomiño Guillermo Vilavedra, 2º clasificado José Villaverde en acción Despois de 4 pasadas polo circuito o gañador foi Juan Lojo cun Citroën...

10 jun 2010

Noticias O Rosal entrevista a Serafín

O rosaleiro Serafín Martínez Acevedo (Martín, 14 de febreiro de 1984) é ciclista profesional dende o ano 2007 e pertence ao equipo Xacobeo Galicia. O seu éxito máis recente foi o de conseguir gañar a clasificación xeral do Premio da Montaña en Baviera (Alemaña). Falamos con el con motivo da entrega de dous destes maillots, o primeiro en agradecemento ao apoio da Fundación O Rosal, na persoa do seu presidente, Benedicto Sousa Álvarez. O segundo,...

9 jun 2010

Comezaron os XII Xogos Populares do Rosal

O venres 4 de xuño deron comezo oficialmente os XII Xogos Populares do Rosal co partido de fútbol sala que disputaron o SULCC e Marzán. Así mesmo tamén vos deixamos algunhas imaxes do encontro que enfrontou aos equipos de Novás e Eir...

O Restaurante Juan, "Plato de Oro"

O pasado martes 1 de xuño tivo lugar no Rosal a entrega do “Plato de Oro. Radio Turismo” ao Restaurante Cafetería Juan. A este acto asistiron Juan Manuel Madrigal Tobías “Maíto” presidente de Radio Turismo, acompañado do locutor da mesma, Ramón Bermejo. Así mesmo tamén estivo presente Antonio Reguera Repiso, presidente da Federación Gastronómica Luso Galaica e tamén da Federación Provincial de Comercio. Representando aos comerciantes do Rosal...

7 jun 2010

ESTAMOS TRABALLANDO NAS REPORTAXES

Estamos recargando e acumulando enerxías (cual Songoku) para pouco a pouco -na medida que as nosas ocupacións laborais nos permitan- ir enfrontándonos ás innumerables reportaxes fotográficas atrasadas que temos pendentes debido á preparación do novo deseño da páxina. Así mesmo, seguimos traballando por suposto, na publicación das diferentes noticias de actualidade que chegan á nosa redacción.  Como...

4 jun 2010

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DA GUARDA

Na foto, de esquerda a dereita: 1ª fila: Benito e Arturo 2ª fila: Luz, Tere, Marta, Ofelia, Nagore, Mª Asunción, Carmiña, Mónica, Ramón e Rosa. 3ª fila: Vanessa e Anselmo. A Escola Municipal de Teatro fai un chamamento para que os que non puideron mirar na Guarda a obra “CATALINA ZUCCO”, se acheguen ao Auditorio de O Rosal, o vindeiro domingo día 6 de xuño ás oito e media da tarde, xa que volverán a representala. "¡Ánimo veciños! axudádenos...

3 jun 2010

Concerto de Nordestin@s no Auditorio Municipal

O sábado 5 de xuño e organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal ás 21 horas, o concerto de Nordestin@s (http://www.nordestinas.eu/) dentro da programación do Xacobeo 2010. Este grupo está formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugía Pedreira (Chouteira, Marfu...

Visita do Centro Cívico Municipal de Artesanos

O pasado domingo 30 de maio, previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, tivo lugar unha ruta guiada polos Muíños do Folón e Picón. Desta vez foron 55 persoas do "Centro Cívico Municipal de Artesanos" do Concello da Coruña quenes asistiron á demostración de moenda na Oficina de Turismo (muíño nº 1 do Folón ou de As Laxes) para seguidamente comezar a ruta por estes 67 enxeños hidráulicos. O encargado de ofrecer...

Arturo Senra. Andainas dun rosaleiro por México

Reportaxe (texto e fotos) realizada por Arturo Senra. Vou a percorrer a partir de agora, pouco a pouco con vós, estas terras mexicanas, tan lonxe da miña querida, O Rosal. México é un país pertencente a América do Norte, cun gran territorio (1.972.550 km²) e unha poboación de 107 millóns de habitantes, con clima cálido todo o ano. A súa capital é México D.F., cidade con case 23 millóns de persoas e situada a máis de 2.500 metros...