FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2009

I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" no Rosal

Con motivo da XXII Festa do Cabaqueiro e co fin de promocionar aínda máis se cabe esta celebración anual, tanto a nivel cultural, turístico ou mesmo de cara a facer partícipe tamén á xuventude, organizarase na Praza do Calvario os días 10 e 11 de outubro este I Campionato de Futbolín. O prezo da inscrición será de 10 € por persoa (20 € a parella) e poderán participar homes e mulleres maiores de 18 anos. Máximo de 32 parellas (aínda quedan prazas....

30 ago 2009

XX Festival de Músicos Xoves na vila do Rosal

O sábado 29 e o domingo 30 de agosto celebrouse na Praza do Calvario do Rosal o XX Festival de Músicos Xoves. Nesta edición, que volveu a ser un éxito de público, participaron a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal (dirixida por Celso Diego Martínez), a Agrupación Musical Atlántida de Matamá (dirixida por Enrique Lorenzo Vila), a Banda de Música Municipal da Golada (cuxo director é Nilo Jesús García Armas) e a Banda de Música do Rosal,...

29 ago 2009

Serafín, a tan só 30 segundos de Fabian Cancellara

Despois da disputa da primeira etapa da Vuelta a España 2009 que se celebrou no circuito de Assen (autódromo que alberga normalmente o Gran Premio de Holanda de Motociclismo) Sera-fín Martínez Acevedo está a tan só 30 segundos do gañador da CRI o suizo Fabian Cancellara, campión do Mundo e tamén Olímpico de contrarreloxo. O corredor rosaleiro, pese a facer a súa saída na peor hora posible, con tormenta, choiva e infernal vento, está no posto 65º...

Xente do Rosal na Festa da Istoria en Ribadavia

Multitude de rosaleiros e baixomiñotos déronse cita na Festa da Istoria 2009, declarada de Interese Turístico Nacional e que se celebra este ano dende o xoves ata o sábado 29 de agosto na vila de Ribadavia (Ourense). A actual versión da Festa da Istoria é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro. Dentro dos obxetivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen...

Serafín, na Vuelta máis internacional da Historia

A "Vuelta" máis internacional da Historia. Así será lembrada sempre a Vuelta a España 2009. E o certo é que esa nova dimensión internacional quedará ben clara dende a primeira etapa: unha contrarreloxo individual na localidade holandesa de Assen. Ou máis concretamente un esforzo individual de 4'8 kilómetros no Circuito de Velocidade de Assen. A Catedral, o alcume polo que é coñecido e admirado este circuito entre os afeccionados ao motociclismo,...

28 ago 2009

Un rosaleiro, novo xerente da Discoteca Guess

...

Casting na Guarda para unha curtametraxe

Os vindeiros días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro vai ter lugar no Miño a filmación dunha curtametraxe que se titula “Berberecho II”. O filme está dirixido polo galego José Manuel Bazarra “Sepi” e contará unha historia que se desenvolve en boa parte durante a travesía do transbordador entre A Guarda e Caminha: o Santa Rita de Cassia. Para a rodaxe precísase de figuración que complemente a narración do filme polo que o equipo técnico da curtametraxe vai realizar un casting o vindeiro luns (31 de setembro) nunha dependencia da Casa Cultural da Guarda...

27 ago 2009

Estivemos con Sigfrido Muela Quesada, deseñador

Grazas ás diferentes xestións do xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez conseguimos realizarlle esta pequena entrevista ao debuxante, fotógrafo e deseñador Sigfrido Muela Quesada. Segundo nos comentaba Julio fai tempo veraneaba no Rosal un persoeiro de recoñecida fama nacional no mundo da ilustración e o deseño gráfico. Recentemente puxémonos pois en contacto con Sigfrido e descubrimos que se achega sempre ata a nosa vila no período estival...

26 ago 2009

Máis de 75 nenos/as, nas actividades do Concello

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal organiza varias actividades neste período estival para os nenos de Educación Infantil e Primaria en colaboración coa concellaría de Cultura. Segundo Silvia Baquero Pereira, responsable desta iniciativa, estas actividades (xogos, manualidades, animación á lectura) véñense desenrolando dende 2001, durante os meses de xullo e agosto, advertíndose ano tras ano un aumento progresivo de...

24 ago 2009

Axudas para a matrícula nun Máster oficial

Axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun Master oficial cursado nunha universidade pública, dirixidas a titulados universitarios que se atopen en situación legal de desemprego e que teñan recoñecido o dereito a percibir a corresponden-te prestación económi-ca. A finalidade das axudas é mellorar as cualificacións académi-cas pola vía de completar e actualizar os niveis formativos dos destinatarios e favorecer a incorporación...

23 ago 2009

Vídeo dos Xogos do Rosal colgado en YouTube

...

19 ago 2009

Actividades organizadas polo Concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, informa que está aberto o prazo de inscrición nas actividades que detallamos a continuación. Ditas actividades comenzarán en outubro e a admisión nas mesmas realizarase por estrita orde de inscrición. XIMNASIA MANTEMENTO XIMNASIA FUNCIONAL IOGA DANZA DO VENTRE PINTURA NENOS E ADULTOS OBRADOIRO DE MEMORIA INICIACIÓN Á DANZA (5/8 anos) DANZA CONTEMPORÁNEA (9/16 anos) DANZA E PILATES (adultos) DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES BAILE DE SALÓN PARA PRINCIPIANTES MANUALIDADES INGLÉS...

16 ago 2009

XX edición do Festival de Músicos Xoves

O sábado 29 de agosto dará comezo o XX Festival de Músicos Xoves. A partir das 21:00 horas e na Praza do Calvario actuarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, Agrupación Musical do Rosal, Agrupación Musical Atlántida de Matamá e a Banda de Música Municipal da Golada. Ao día seguinte, domingo 30, no mesmo lugar e á mesma hora, as actuacións da Coral da Agrupación Musical do Rosal, Coral Xan Mella de Baio e a Coral Polifónica Ventos do...

Aniversario da Fundación do Convento do Rosal

O 15 de agosto deste ano cumpríronse 75 anos da fundación do Convento das HH. Carmelitas da Bouzada (O Rosal) pola Nai Mª Teresa de Jesús Sacramentado (Mª Concepción Alonso Linares). Con motivo desta efemérides estanse preparando diversos actos conmemorativos así como a edición dunha publicación sobre a historia do mosteiro....

11 ago 2009

Serafín Martínez triunfa na Vuelta a Burgos

O ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, do equipo Xacobeo Galicia, vénse de proclamar campión da "Montaña" na XXXI Vuelta a Burgos. Lembramos que o gañador absoluto da Vuelta foi o murciano Alejandro Valverde (Caisse D"Epargne). Serafín, que rematou no puesto 42º da clasificación xeral, estivo moi activo durante a carreira e novamente volveu a protagonizar varias escapadas, conseguindo na última etapa facerse co maillot da montaña...

Necesítase persoal pola zona para vendima

Segundo nos comunica Silvia Baquero Pereira, do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a empresa de traballo temporal Solgest (http://www.solgest.es/index.html) necesita per-soal para a vendima en diferentes adegas de Tomiño, Tui e O Rosal. Requírese experiencia en vendima. Os interesados podedes chamar ao teléfono 986 90 26 96. Se vos citará en Goián onde se vos explicará o que ides a cobrar, as adegas, etc. (Foto: Fernando...

Domingo das Festas do Monte na vila da Guarda

Miles de persoas déronse cita este domingo 9 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Varios colaboradores/as de Noticias O Rosal participaron desta romaría-troulada que lembramos se creou en 1913 e por iniciativa de Constantino Candeira, oriundo de Celeiros (Ponteareas) e afincado na Vila da Guarda. O motivo da creación desta festa foi conmemorar o I aniversario da fundación...

8 ago 2009

Desfile tradicional das Festas do Monte 2009

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica: http://picasaweb.google.com/Orosalnoticias/DesfileFolcloricoTradicionalDasFestasDoMonte20...

5 ago 2009

Curso de Mantemento de Xardíns-Zonas Verdes

A partir do 14 de agosto terá lugar no Centro de Formación Ocupacional da Mata, un curso de "Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes" de 470 horas para persoas desempregadas. Este curso está homolo-gado pola Xunta de Galicia e conta con certificado de profesiona-lidade e acceso ao mundo laboral. Máis información no teléfono 981 591 012, preguntando polo departamento de formación ocupacion...

Un ano máis, celebrouse o Encontro dos Pobos

O domingo 26 de xullo celebrouse na Praza do Calvario o XVI Encontro dos Pobos que contou cos grupos Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Ronda Típica de Carreço (Viana-Portugal) e o Grupo de Danzas de Carbonero (Segovia). Presentou o acto Manuel Santos e houbo intercambio de agasallos entre os diferentes grupos e o Concello. O alcalde Jesús María Fernández Portela e a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano foron os encargados de entregar estes...

4 ago 2009

Óscar Braga (Xube), no Campionato de Autocross

O piloto rosaleiro Óscar Braga Martínez participará o sábado 8 de agosto na seguinte proba do Campionato Galego de Autocross na modalidade de car cross. A competición celebrarase no circuito de Areosa na parroquia larachesa de Vilaño (A Coruña) e está organizada polo Motor Clube Vilaño. Segundo declaracións a Noticias O Rosal "intentarei seguir coa miña progresión no circuito, a parte de que disfruto moito nas carreiras non descarto obter bos resultados...

O ciclista Serafín Martínez Acevedo, en Burgos

O equipo Xacobeo Galicia do ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo participa do 5 ao 9 de agosto na Vuelta a Burgos. Además de Sera estarán Ezequiel Mosquera, Gustavo Veloso, Eduard Vorganov, Gustavo Domínguez, Marcos García, Alberto Fernández e David García. Ao mando do equipo, como sempre estará o director deportivo pontareán Álvaro Pino. Etapas: 5 agosto: Oña - Briviesca: 143 Kms. 6 agosto: Villasana de Mena - Miranda de Ebro:...

2 ago 2009

Clausura e trofeos dos Xogos Populares do Rosal

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica da entrega de medallas e trofeos con motivo dos Xogos Populares O Rosal 2009. Máis adiante completaremos a información con todos os resultados e as clasificacións finais:http://picasaweb.google.com/Orosalnoticias/XogosPopularesORosal20...