FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2009

Especial III Feira de Oportunidades no Rosal

O domingo 31 de maio, organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) e coa colaboración do Concello, tivo lugar na Praza do Calvario a III Feira de Oportunidades. Participaron nesta ocasión a Librería Colores, Sara Carrera, Calzados Gema, Euromanía, E & M, Confitería Rogelio, SPA Esencial Nº 5, Helvetia, Floristeria Agualuz, Talleres Cunchada e Esther Moe (Vidrio y Vidrieras)....

Sucédense as peticións de rutas guiadas polos muíños do Folón-Picón e polo Rosal en xeral

O venres 29 de maio visitaron O Rosal 78 alumnos e alumnas de 4º de Primaria do CEP Altamira de Salceda de Caselas. Ademais do guía municipal, que se encargou das pertinentes explicacións, acompañaron ao grupo Sali Vaqueiro, Marisa González, Mara Velasco, Marianne Equy e Rosalía Gil, todas elas profesoras dese cent...

28 may 2009

Nova visita guiada aos muíños do Folón e Picón

O xoves 28 de maio e previo contacto coa concellaría de Turismo, 55 alumnos e alumnas de 2º da E.S.O. do "Colegio Maristas El Pilar de Vigo" acompañados das profesoras Susana, María, Celtia, Tamara e Judit realizaron unha visita guiada aos muíños do Folón e Picón. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/OColegioMaristasElPilarDeVigoNoRos...

Autopsia, no Auditorio Municipal do Rosal

O sábado 30 de maio ás 20:30 horas, nova proxección de cine no Auditorio Municipal. Nesta ocasión a película é "Autopsia". Trátase dun film de suspense dirixido por Milagros Bará Viñas e producido por Aldea Films. Na imaxe, Isabel Blanco Picallo, unha das súas actrices protagonistas (foto: A.A.G.). O seu argumento, o seguinte: Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe...

27 may 2009

Contacontos de Sonia Fernández ao aire libre

O mércores 27 de maio -e seguindo coa programación da concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- celebrouse un novo Contacontos, esta vez a cargo de Sonia Fernández Balboa, mestra do C.P.I. Manuel Suárez Marquier de O Rosal. Xa que en verdade facía un día espléndido saíuse ata o xardín do Concello onde rapaces e adultos escoitaron -baixo a sombra dunha vella árbore (cremos é un aligustre)- os contos que con voz firme e á vez melodiosa...

O curso de patchwork está a piques de rematar

Segundo información que foi remitida á nosa redacción o curso da técnica de patchwork (http://noticiasorosal.blogspot.com/2009/01/nova-clase-do-curso-de-patchwork.html) que se imparte no Centro Social Polivalente dende mediados de xaneiro rematará en breve. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica dunha das súas alumnas: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ResultadosDoCursoDePatchwo...

26 may 2009

Animado curso de cociña na rúa Simón del Mazo

A antiga escola da rúa Simón del Mazo acolle todos os martes de 20:00 horas a 22:00 horas un curso de cociña impartido pola mestra María José Viana na que destaca a presenza de tres homes interesados nestas artes culinarias. Para ver a reportaxe facede click en: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ClasesDeCocinaEnSimonDelMa...

Alumnos do Colexio Marcote de Vigo e do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña) visitan O Rosal

O martes 26 de maio, e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, estiveron na nosa vila 98 alumnos e alumnas do Colexio Marcote de Vigo, dende 1º da ESO ata 1º de Bacharelato inclusive. Cita obrigada foi a visita guiada aos muíños do Folón e Picón, realizando como é de ritual unha demostración de moenda no primeiro muíño, o das "Laxes". Acompañaron a este numeroso grupo de rapaces, ademais do guía municipal,...

25 may 2009

Un paseo polas actividades do Concello

Dende o luns 25 de maio -enterados da multitude de actividades que se organizan no Concello- realizaremos uns "paseos" ofrecéndovos as correspondentes reportaxes fotográficas. Nesta ocasión percorremos as clases de arte floral que se imparten no Salón de Exposicións, a cargo de Josefina Alonso Alonso, de Vigo; a aula de repostería, sita na antiga escola de Simón del Mazo coa tudense Mª José Viana, especialista na materia; e as clases de ioga no...

Actuación de Mascarenhas e o coro Cantábile

Dentro das actividades programadas para o mes de maio pola concellaría de Cultura do Rosal, o domingo 24 de maio ás 20 horas da tarde celebrouse no Auditorio Municipal un concerto a cargo do grupo de acordeóns Mascarenhas, co mestre José Luis Lorenzo Rodríguez ao seu fronte e tamén do coro Cantábile que dirixe Lucía Alonso. (Foto: M....

24 may 2009

III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario

O domingo 31 de maio e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) celebrarase a III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario. O seu horario será dende as 9:30 horas da mañá ata as 20:30 horas da tarde. Paralelamente -e a partir das 17:00 horas- haberá un obradoiro de debuxo. A todos os participantes se lles obsequiará cun agasal...

23 may 2009

Nova proxección de cine no Auditorio Municipal

O sábado 23 de maio e dentro do programa Cinemas Dixitais tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección da película Condenado a vivir, do director Roberto Bodegas e coa participación, entre outros, dos actores Ernesto Chao Pinto, Vicente Montoto, Cristina Pascual, Rosa Álvarez Cabo, María Bouzas, Mariana Carballal e Sonia Castelo. O film conta a historia de Ramón Sampedro, condenado a vivir deitado nunha cama por un accidente e que reivindica...

Reportaxe do Día das Letras Galegas no Rosal

Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra tiveron lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Ramón Piñeiro. Actuaron grupos de gaitas, as pandereteiras "Ir e Vir", o grupo de clarinetes Kla-son, a banda infantil da Agrupación, o grupo "Lirolai", grupo de saxos,...

A U.D. Ribera consegue o ascenso á 2ª Rexional

O club de fútbol U.D. Ribera de O Rosal que preside Luis Mariano Farias Fernández proclamouse o domingo 17 de maio -e a falta dunha xornada- campión do grupo XX da 3ª Autonómica (Rexional) tras gañar no Campo da Mata ao Mougás por dous goles a cero. Polo tanto, o equipo que adestra Juan Manuel Berrecoso participará na vindeira temporada na segunda categoría. Aquí vos deixamos a reportaxe da celebración do ascenso que realizou Natalia Cerqueira Pequeño...

22 may 2009

O club de montañismo Ártabros visitou O Rosal

O domingo 17 de maio e previo contacto coa concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano, visitaron a nosa vila membros da "Sociedad de Montaña Ártabros", club de montañismo de A Coruña. Despois de parar na Praza do Calvario e coñecer a igrexa de Santa Mariña dirixíronse ata os muíños do Folón e Picón onde o guía municipal lles ofreceu unhas explicacións históricas destes enxeños hidráulicos á vez que se realizou unha demostración de...

21 may 2009

O arqueólogo Alexi Rojas Guerra impartiu no Rosal un curioso obradoiro de pintura lítica

Grazas ás xestións da concellaría de Cultura do Rosal que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio tivo lugar na Praza do Calvario e na Sala de Exposicións da vila un obradoiro de “Pintura Lítica” a cargo do mestre venezolano Alexi José Rojas Guerra, director do “Museo Arqueológico Marapa” (Estado Vargas) e director executivo da “Sociedad para el Estudio de las Manifestaciones Rupestres de Venezuela” (SEMARVE). Esta novidosa técnica...

Homenaxe ao mestre e poeta ourensán Xosé Carlos Gómez Alfaro na vila de Ribadavia

O sábado 16 de maio, dentro do programa de celebración das Letras Galegas 2009, e co gallo do cabodano do pasamento do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro (na fotografía), a vila de Ribadavia desenvolveu un acto na súa lembranza. Este tivo lugar no salón de plenos do Concello coa colaboración do Centro de Estudos Medievais de Ribadavia. Presentou esta homenaxe Anxo Collarte, con- celleiro de Cultura quen deu paso á intervención de Xoán Martínez Tamuxe,...

19 may 2009

Medio centenar de automóbiles antigos pararon o sábado no Rosal nun día marcado pola choiva

O sábado 16 de maio preto de cincuenta coches -na súa maioría anteriores a 1960- realizaron unha parada na Praza do Calvario do Rosal con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos”. Baixo a organización da concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano e coa colaboración de diferentes adegas rosaleiras (Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val...

Celebrouse a Festa de San Isidro 2009

Os días 15 e 16 de maio celebráronse na Praza do Calvario do Rosal as festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorreu a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas tivo lugar a Misa Solemne -en galego- que foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, asistido por D. Isaac Penela Carbajales. Houbo como é habitual sermón e a procesión de ritual. O sábado 16 e debaixo da carpa instalada para a ocasión tivo lugar a...

Correlingua 2009 na Praza do Calvario do Rosal

O xoves 14 de maio -e organizado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística- tivo lugar na Praza do Calvario o “Correlingua 2009”, no que os nenos e nenas do CRA María Zambrano e do CPI Manuel Suárez Marquier participaron como todos os anos nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do emprego do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro....

17 may 2009

Programa para o Día das Letras Galegas

Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra terán lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica a Ramón Piñeiro:11,00 h: Grupo de Gaitas11,30 h: Grupo de Clarinetes Kla-son12,30 h: Banda Infantil16,00 h: Grupo de Pandeiretas "Ir e Vir"17,00 h: Monicreques18,00 h: Coro Infantil18,30 h: Grupo de Pandeiretas "Lirolai", grupo de Tamborís e Gaitas19,00 h: Grupo de Saxos19,30...

14 may 2009

Alexi Rojas imparte un obradoiro de cadros de area na Sala de Exposicións do Concello

http://noticiasorosal.blogspot.com/2009/05/o-mestre-e-arqueologo-venezolano-alexi.ht...

En xuño comezará un curso para obter o PNB

O Concello do Rosal está organizando un curso para obter o título PNB (Patrón de Navegación Básica). Levarase a cabo a partir do mes de xuño. O custo aproximado é de 450 euros. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información deben dirixirse ao Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 609450 antes do 23 de ma...

O "IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos" parará o sábado no Rosal

Segundo informa a concellaría de Turismo do Rosal que preside Ángeles Vicente Manzano o sábado 16 de maio a partir das 12 horas o “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos” fará unha parada na Praza do Calvario. Este evento conta coa colaboración do concello rosaleiro así como das seguintes adegas: Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo....

13 may 2009

O venres 15 comezan as Festas de San Isidro

Os días 15 e 16 de maio celebraranse na Praza do Calvario do Rosal as Festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorrerá a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas terá lugar a Misa Solemne con sermón e procesión. A verbena a partir das 21:30 horas coa orquestra "Costa Blanca" e o grupo de gaitas "A Boalleira". O sábado 16, e sobre as 19:00 horas presentación das orquestras "Super Fama" e "Estelares". Ás 8 da tarde, Gran Subasta...

12 may 2009

Noticiasorosal entrevistou ao arqueólogo e mestre venezolano Alexi J. Rojas Guerra

Grazas ás xestións da concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio, o recoñecido mestre Alexi José Rojas Guerra, director do Museo Arqueoló-gico Marapa (Estado Vargas, Venezuela) impartirá no Rosal un obradoiro de "Pintura Lítica". Inventor desta novidosa técnica (pintura elaborada artesanal-mente a base de pedra triturada e pulverizada), o Sr. Rojas está de xira por Europa achegando as manifestacións rupestres...

Alumnos do I.E.S. Doña Nieves López Pastor (Jaén) visitan os Muíños do Folón e Picón

O luns 11 de maio alumnos de 4º da E.S.O. do Instituto Doña Nieves López Pastor, de Villanueva del Arzobispo (Jaén), realizaron na compaña do guía municipal rosaleiro a ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e Picón. Xunto a el estiveron tamén a profesora de Lengua dese centro, Carmina Cerdó Guzmán e Lola Moreno García, mestra de Debuxo....

Concerto do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal

O sábado 9 de maio no Auditorio Municipal tivo lugar un concerto con motivo da celebración do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. O acto estivo presentado por Toñi Santos Vaquero e no concerto participaron a banda de música infantil que dirixe Celso Diego e a banda de música da dita agrupación, que nesta ocasión estivo dirixida polo director convidado César Núñez Pérez, interpretando as seguintes obras: Dunia Piris (Rafael Taléns Pelló),...

Cristóbal Dios (Hierros Diego), gañador do IV Gran Premio Deputación de Pontevedra

O sábado 9 de maio celebrouse, baixo a organización do Club Ciclista O Rosal, o IV Gran Premio Deputación de Pontevedra que consistiu nun percorrido de 86 km polos concellos de O Rosal, A Guarda e Tomiño. Con saída e chegada na Praza do Calvario os ciclistas realizaron a proba cun promedio de 36,47 km/h. A victoria final foi para Cristóbal Dios do equipo Hierros Diego, cun tempo de 02:21:30 h. En segundo lugar entrou Antonio Sampayo (Aluminios Cortizo)...

8 may 2009

Nuria Villa Vicente e Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel da XVII Feira do Viño

A rosaleira Nuria Villa Vicente, natural de San Xoán de Tabagón e a ecuatoriana residente en Madrid, Vannia Palacio Suárez, veñen de ser elixidas como as gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal que este ano se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo na Praza do Calvario. Como é tradicional estarán representadas a maioría das adegas pertencentes á subzo-na do Rosal, nun evento que hoxe por hoxe recibe a visita de máis de 30.000...

5 may 2009

Presentouse o equipo "Sempre ó Corte" que participará no Campionato Galego de Rally

O venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally. Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar)...

3 may 2009

Os Campelos si son profetas na súa terra

O día 1 de maio e con motivo das festas na honra de San José actuou tamén na Praza de Novás o dúo humorístico "Os Campelos" (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez) cun novo éxito de crítica, público e aínda... máis risas. Mentres os cómicos rosaleiros se caracterizaban para un novo espectáculo a organización aproveitou para realizar a tradicional subhasta de produtos que estivo a cargo do coñecido Manolo Armán como podedes comprobar...