FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 may 2008

Óscar Vicente Rodríguez, Campión de Europa

Este rapaz rosalés non para de darnos alegrías e novamente acaba de realizar outra fazaña: ser Campión de Europa Junior de Duatlón. Fai poucas datas facíamonos eco da súa victoria no campionato estatal por terceiro ano consecutivo. Pois esta vez, xa é campión a nivel internacional. A carreira tivo lugar o sábado 24 de maio en Serres, unha cidade próxima a Salónica (Grecia). Cun tempo de 56'01'' percorreu os 7'5 qm a pé e os 20 qm de ciclismo. O segundo...

28 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. III)

"Cabezudos" pola Praza do Calvario a mediados do século...

26 may 2008

"Galicia Biodiversidade" na Sala de Exposicións

A Sala de Exposicións do Concello acolle dende hoxe, luns 26 de maio ata o venres 30, a exposición "Galicia Biodiversidade". Esta mostra, que está organizada pola Concellaría de Cultura e Medio Ambiente do Rosal, que dirixe Charo Tabales Perozo, en colaboración coa Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), pretende dar a coñecer os diferentes ecosistemas, especies e variedades xenéticas que aínda se conservan no territorio galego....

Festividade do Corpus Christi

A parroquia de Santa Mariña celebrou este domingo 25 de maio a solemne festividade do Corpus. Ás 12 deu comezo a Santa Misa que oficiaron o Pai Vidal (Somasco) e o párroco en funcións, D. Isaac Penela. A procesión levouse a cabo ao redor do adro.Por segundo ano consecutivo, as catequistas e colaboradores da parroquia confeccionaron fermosas alfombras. A idea do símbolo eucarístico foi de Carmen Batán e o seu deseño, obra de Alberto Guisant...

25 may 2008

A inauguración do Auditorio, en imaxes

O pasado venres 23 de maio inaugurouse oficialmente o novo Auditorio de O Rosal. O acto contou coa presenza de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, así como doutras autoridades da provincia. Entre os asistentes atopábase o alcalde, Jesús María Fernández Portela e a Corporación Municipal do Rosal, ademais de tódolos alcaldes do Baixo Miño e representantes de entidades socio-culturais. Bendiciu as instalacións o crego Isaac...

22 may 2008

Rosas en la arena, novo libro de Oliva María

Oliva María, a escritora e poetisa de Pías (San Miguel de Tabagón) ven de publicar o seu último libro, que titulou Rosas en la arena. En palabras da autora "es una obra visceral, porque nace del corazón, es un rayo de luz, un despertar a la vida, a lo cotidiano, sensaciones, rosas y espinas, gritos y lamentos, lo que cada día aviva los sentidos para bien o para mal". Tódolos beneficios logrados por esta publicación serán doados á "Fundación Andrea...

21 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. II)

E parece que aínda foi onte......

Inauguración do Auditorio o venres 23 de maio

O venres 23 de maio ás 20:30 horas procederase á inauguración do Auditorio Municipal de O Rosal, que correrá a cargo do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Durante toda a tarde haberá unha xornada de portas abertas, polo que se poderán visita-las instalacións do reformado edificio.A Agrupación Musical de O Rosal celebrou recentemente o seu XXII aniversarioO 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas),...

20 may 2008

Imaxes fin de semana Letras Galegas 2008

Aquí vos deixamos algunhas instantáneas desta fin de semana cultural que xirou en torno ás Letras Galegas no centro da Vila. Actividades e actuacións para tódolos gustos e tódalas idades confluíron estes días para disfrute dos visitantes. Música, baile e lembranza doutros tempos, unidos ao humor fixeron que se congregase na Praza do Calvario un importante número de persoas. (Fai click nas imaxes para ampliar)...

17 may 2008

O Rosal. Lembranzas dun recente pasado (cap. I)

Aleatoriamente poñeremos algunha fotografía que consideremos -polo menos- "chocante"....

Actos na Praza do Calvario

O venres 16 de maio, xa de mañá, a Praza do Calvario acolleu diferentes actos en conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2008. Os nenos e nenas dos colexios do Rosal achegáronse ata o centro da Vila onde tiveron actuacións musicais, lectura de manifestos e xornada de convivencia, moitos deles caracterizados para a ocasión e con pancartas e carteis alusivos tanto á lingua galega como ao homenaxeado, o escritor de Tui, Xosé María Álvarez...

15 may 2008

Letras Galegas 2008 na Praza do Calvario

Fin de semana cultural e lúdica no Rosal organizado pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello. Os días 16, 17 e 18 deste mes, co gaio das Letras Galegas 2008, que este ano se lle dedica ao polifacético tudense Xosé María Álvarez Blázquez, celebraranse multitude de actos na Praza do Calvario. Haberá tapas, como o tradicional polbo á feira, regadas co exquisito viño do Rosal. Contacontos, obradoiros para nenos e nenas e distintas exposicións farán...

Óscar Vicente, Campión de España de Duatlón

O atleta rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, voltou novamente a coroarse Campión de España de Duatlón en Fuenlabrada (Madrid) o pasado 13 de abril. Pero o que é máis salientable é que leva xa dominando o panorama nacional 3 anos consecutivos. ¡A nosa noraboa!(Óscar Vicente Rodríguez naceu o 4 de febreiro de 1990 e milita na actualidade no Clube Cidade de Lugo Fluvial, sendo bolseiro do Centro de Tecnificación de Ponteved...

Festa da Bicicleta, 2008

Celebrouse no Rosal o sábado 10 de maio, a tradicional Festa da Bicicleta, que novamente contou cunha grande participación, tanto de nenos como de maiores, que non dubidaron en subirse ao vehículo das dúas rodas para facer un pequeno percorrido pola vi...

Exposición de Julio Martínez Martínez

Inaugurouse no Centro Cultural da Guarda o luns 21 de abril ás 20:30 h, unha exposición de escultura e debuxo do xove artista rosaleiro Julio Martínez Martínez, que estivo aberta ao público ata o 30 de abril. Presentou o acto o concelleiro de Cultura da Guarda, Antonio Lomba Baz....