FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 nov 2013

OS ROSALEIROS "JOSE Y ROSY" ACTÚAN NO EVENTO MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO

A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", actuará este sábado 30 de decembro no local Habana Libre (Braga-Portugal) xunto ao Dj Doni Faverâo, para xa a partir do xoves 5 de decembro desprazarse ata a capital de España para participar no II Festival Internacional Con Sentimiento de Madrid. Este evento é o máis importante do mundo a nivel de artistas. Sen dúbida, un novo éxito para engadir ao currículum profesional de "Jose y Rosy"....

26 nov 2013

O CICLISTA ROSALEIRO RAÚL FERNÁNDEZ VENCE EN SANTIAGO E LIDERA DE NOVO O RANKING NACIONAL DE CICLOCRÓS

Foto: Club Ciclista O Rosal O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo, despois da súa vitoria "na casa" no XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras, vén de conseguir unha nova proeza, xa que esta fin de semana fíxose co triunfo no XII Trofeo Concello de Santiago de Ciclocrós, disputado no circuíto da Granxa do Sexto, no Monte Pedroso. (Foto: Club Ciclista O Rosal) A web do Club Ciclista O Rosal, ao que pertence Raúl Fernández, relata...

CONFERENCIA SOBRE O ALZHEIMER NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL

O Centro Social Polivalente de O Rosal (rúa Cabaqueiros) acolle hoxe, martes 26 de novembro, a partir das 17:00 horas, unhas conferencias informativas sobre a enfermidade de Alzheimer a cargo da doutora Moreno (neuróloga do CHUVI...

22 nov 2013

CURSO DE ARTE FLORAL DE NADAL DA ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE

A Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal, organiza un Curso de Arte Floral de Nadal, en decembro. O seu comezo será o martes día 3, cunha duración total de 8 horas.  O prezo do curso é de 25 €. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 677 431 31...

FESTIVAL DE ACORDEÓN EN HOMENAXE A SANTA CECILIA, O SÁBADO 23 NO ROSAL

O Auditorio Municipal do Rosal acolle este sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, un Festival de Acordeón en homenaxe a Santa Cecilia, coa participación do "Quinteto Infantil de Acordeones", o "Cuarteto de Estudiantes del Acordeón (O Rosal)" e o "Grupo de Acordeones Mascarenhas". Este evento está organizado pola Asociación Musical Mascarenhas de A Guarda coa colaboración do Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra. ...

UN PIRATA SEN ESCRAVA. UNHA HISTORIA DE LIBERACIÓN, ESTE SÁBADO NO ROSAL

Este sábado 23 de novembro, despois do Festival de Acordeón (sobre as 20:30 horas), terá lugar no Auditorio Municipal a escenificación da obra "Un pirata sen escrava. Unha historia de liberación". Este acto está organizado con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, do 25 de novembro. ...

20 nov 2013

ACOR CELEBRA A CAMPAÑA "UN NADAL DE LUZ" 2013 CON DIFERENTES SORTEOS

Imaxe de arquivo (2010) do sorteo de Nadal de ACOR A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), celebrará unha nova Campaña de Nadal, que levará o lema "Un Nadal de Luz". O obxecto desta campaña é fomentar o comercio local nestas datas, principalmente como consecuencia dos momentos que vivimos. Os comerciantes asociados entregarán boletos para o sorteo dos seguintes vales de compra: un de 150 € e dez de 50 €. Ademais se...

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS NO ROSAL ORGANIZADO POR ACOR

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal, na imaxe), organiza un Curso de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o día 11 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal. As persoas interesadas en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 628 875 029. ...

CHUMPA TEATRO PRESENTA "WELLCOME TO CUNTIS VILLE, CIDADE SEN LEI"

O Auditorio Municipal do Rosal acolle este domingo 24 de novembro, a partir das 19:00 horas, a obra "Wellcome to Cuntis Ville, cidade sen lei", de Chumpa Teatro. Esta actividade está organizada dentro da programación para celebrar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres (25 de novembro...

19 nov 2013

CONCURSO DE BELÉNS. O ROSAL 2013

Yolanda González Freitas recibe un premio na edición de 2009* O Rosal celebra unha nova edición do seu "Concurso de Beléns". Tal e como reza o cartel anunciador que nos remite o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e a técnica empregada serán libres. Haberá tres categorías, cun único premio para cada unha:  Infantil: ata os 12 anos. Xuvenil:...

18 nov 2013

REPRESENTANTES DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, HOXE EN VÍA TV

O representante da Directiva, Andrés Senra, o adestrador Modesto Augusto e os xogadores do Mecalia Atlético Novás de balonmán, David Lechuga e Jorge Pousa, estarán hoxe, en Vía TV, en directo a partir das 22:00 horas, no programa "Vía Libre", que presenta Ramón Presley. ...

RAÚL FERNÁNDEZ VENCE NO XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS

Raúl, no máis alto do podium. (Foto: Club Ciclista O Rosal) "Gran vitoria de Raúl diante do seu público". Así titula a web do C.C. O Rosal a sobresaínte actuación de Raúl Fernández Lorenzo, o pasado sábado 16 de novembro, no XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras, que organizaba o club ciclista da vila. Raúl dándoo todo no circuito das Eiras. (Foto: Club Ciclista O Rosal) O rosaleiro conseguiu vencer na categoría júnior, nunha...

MI SENTENCIA SOBRE EL CASO PRESTIGE, ARTÍCULO DE MANU SOBRINO SENRA

Muxía (A Coruña). (Foto: Miguel Riopa/EFE) -        (…) Ahora sentimos miedo, rabia y pena… -        ¿Y en tu casa cómo está la gente? -        Destrozada, porque mi madre es redera y a mi madre le da de lleno. ¿Para quién hace las redes ahora? ¿Y las otras rederas, qué? ¿Para quién hacen redes? Yo es lo que pienso… Pero soy un niño y...

14 nov 2013

COMIDA DE NADAL DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS MAIORES DO ROSAL

Informa: Asoc. Persoas Maiores do Rosal A Asociación de Persoas Maiores do Rosal, que conta xa con máis de 150 socios activos, celebrará o próximo día 1 de decembro, ás 14 horas, unha comida típica de Nadal. Para animar o ambiente da xornada festiva actuará unha orquestra. Animámosvos a tódolos xubilados a formar parte desta asociación e participar nas diferentes actividades que se organizan ó longo do ano.  Así mesmo informamos...

13 nov 2013

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO BM LUCEROS NA LOITA POLO LIDERATO DA 1ª NACIONAL

O Mecalia Atlético Novás enfróntase este sábado 16 de novembro no Rosal ao BM Luceros en plena "loita polo liderato" da Primeira Nacional. A cita, a partir das 19:00 horas, no Pavillón Municipal. Tal e como reza o cartel, os adultos terán que aboar 6 € e os xuvenís, 2 €. (Os socios, entrada gratuíta). Antes, ás 16:45 horas, e tamén no pavillón, o 4MIÑO Novás "B" xogará co Seis do Nadal "B" na Primeira Autonómica. A entrada é de balde. Segundo...

5 nov 2013

RAÚL FERNÁNDEZ SÉGUELLE DANDO ALEGRÍAS AO CLUB CICLISTA O ROSAL

Se hai uns días, a finais de outubro, facíamonos eco do "Mes máxico de Raúl Fernández", este de novembro comeza tamén para o ciclista rosaleiro junior do mesmo xeito, aínda que sexan dous segundos postos, pois como se afirma dende o Club Ciclista O Rosal, "Raúl Fernández non baixa do podio". Esta fin de semana pasada o País Vasco seguiu sendo testemuña da forza e coraxe de Raúl, primeiro en Llodio (provincia de Álava) e logo no Ziklokross...

ZAIDA GONZÁLEZ (CLUB CICLISTA O ROSAL) VENCE NA COPA DE PORTUGAL

Vitoria de Zaida González, ciclista do CC.O Rosal, na Copa de Portugal, "no circuito que a Asociaçao de Ciclismo do Minho deseñou no Centro Ecuestre Loureiro Velho de Fermentoes (Guimaraes)".  Segundo lembran dende o Club Ciclista da vila, Zaida "vai con ideas de conquistar a Copa como xa fixera o ano pasado". ¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Zaida, e a seguir así!!...

3 nov 2013

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Agrupación Musical do Rosal Este domingo 3 de novembro ás 18:00 horas, nova cita no Auditorio do Rosal. Neste caso será un concerto a cargo da banda da Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta de Marcel van Bree, que interpretarán un programa adicado á música española. ...