30 sept 2009
Amplíase ata o día 7 de outubro o prazo para inscribirse no I Campionato de Futbolín do Rosal
30.9.09
Comentar
A organización do I Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros”. Concello do Rosal, fai un chamamento a todos aqueles que recolleron a folla de inscrición e que a día de hoxe aínda non a entregaron en dependencias municipais. Nun principio a data límite era o 30 de setembro, pero decidiuse ampliar o prazo unha semana máis ata o mércores día 7 para que todas esas persoas e as que o desexen poidan participar. Lembramos que este I Campionato de Futbolín...
Dúas prazas vacantes para a actividade de ioga
30.9.09
Comentar
O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal comunica que quedan dúas prazas vacantes na actividade de Ioga que se leva a cabo os luns de 20.00 a 21.30 horas no Centro Social Polivalente. Se estás interesado chama ao teléfono 986 6094...
29 sept 2009
O Rosal participa dende hoxe en FERPALIA 09
29.9.09
Comentar

Hoxe ás 12 da mañá é a inauguración no Recinto Ferial de Pontevedra de FERPALIA (Salón do Turismo de Galicia). De cara ao próximo Xacobeo 2010, a área de exposición desta Feira mostra información sobre os Camiños Xacobeos a través da Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos e doutros organismos turísticos galegos. Se pretende apoiar o Plan de Dinamización Socioeconómico dos seis espazos ou rutas xacobeas: Camiño Francés, do Norte, o Portugués,...
Rosaleiros no "XIV Congreso de Ceramología"
29.9.09
Comentar

Infórmannos dende a Asociación de Ceramología (creada en Alicante, 1989) que o seu XIV Congreso se celebrará en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña) os días 2, 3 e 4 de outubro contando nesta ocasión cunha ponencia a cargo do escritor e historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, quen falará sobre "Os Cabaqueiros". Precisamente unha cuadrilla de telleiros acompañará a Tamuxe o domingo ás 11'30 horas para realizar unha demos-tración en directo deste vello...
28 sept 2009
O día 17 celebrarase unha excursión parroquial
28.9.09
Comentar

O sábado 17 de outubro terá lugar unha excursión parroquial con destino a Santo André de Teixido, Estaca de Bares e Cariño. A saída será ás 8:00 horas dende a Praza do Calvario. Haberá celebración da Santa Misa e comida nos acantilados, cunha visita á vila costeira de Cariño. A chegada de novo ao Rosal está prevista para as 22:30 horas aproximadamente. O prezo da viaxe será de 15 € para os adultos. Os nenos de 5 a 12 anos, 5 € e os menores de 4 anos...
Os ciclistas rosaleiros triunfaron en Ponteareas
28.9.09
Comentar
Mario Fernández subiu ao máis alto do podium en Principiantes
Segundo nos informa Manuel Coimbra o sábado 26 disputouse o trofeo Festas de Setembro Ponteareas 2009. Na categoría de Principiantes os corredores do Club Ciclista O Rosal quedaron nas seguintes posicións:
1º posto e por tanto vencedor da proba: Mario Fernández 7º posto para Manuel Dorna
Na categoría de Alevíns e cun percorrido en circuíto urbano de 1 km, tendo que dar 5 voltas ao mesmo...
27 sept 2009
O Atl. Novás homenaxeou a Serafín Martínez
27.9.09
Comentar
O ciclista rosaleiro do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo, vén de ser homenaxeado este sábado 27 de setembro polo Atlético Novás de balonmán. Despois da recepción oficial o xoves no Concello, esta vez foi no pavillón municipal onde o corredor de Martín recibiu o recoñecemento e cariño dos asistentes ao partido que enfrontou ao local Novás co Peguform S.A.R. Serafín Martínez realizou o saque de honra e foi obsequiado cunha camiseta do equipo...
Concurso fotográfico "Galicia Innovadora e Creativa"
27.9.09
Comentar

Segundo informa o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal a Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da Dirección Xeral de Xuventude, convoca o concurso fotográfico "Galicia Innovadora e Creativa". Está dirixido a mozos e mozas que queiran expresar a través da fotografía a súa particular visión da Galicia máis vangardista e innovadora. As fotografías deberán...
Taller de Estimulación de Memoria de Cruz Roja
27.9.09
Comentar
O vindeiro 1 de outubro a "Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño" reanudará por sétimo ano consecutivo o Taller de Estimulación de Memoria para maiores de 65 anos. Dende 2003 que fora inaugurado é a par do curso escolar, os voluntarios e voluntarias de Cruz Roja poñen en marcha este proxecto nas aulas cedidas polo Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda. Este taller consolídase, ampliando de forma importante o número de usuarios e diversificando as actividades desenroladas nel. Neste espazo traballaranse exercicios de memoria visual, de...
Serafín Martínez é recibido no Concello do Rosal
27.9.09
Comentar

O alcalde faille entrega dun escudo do Rosal a Serafín
O ciclista rosaleiro Serafín Martínez Acevedo pertencente ao Xacobeo Galicia - flamante gañador por equipos da Vuelta a España 2009 – foi recibido o xoves polas autoridades municipais no Concello do Rosal. Serafín amosou un dos seus maillots que o acreditou durante tres días como Líder da Combinada e o trofeo final que obtén o gañador da Xeral Final dos Sprints Solidarios na Vuelta a España...
24 sept 2009
“36/75” de Xurxo González, estrearase no CGAI
24.9.09
Comentar

O vindeiro 29 de setembro, ás 20:30 horas, vai ter lugar no Centro Galego das Artes da Imaxe da Coruña a estrea do documental de Xurxo González que leva por título 36/75. Un mediometraxe que afonda no polémico concepto da memoria histórica. A pesar de que o título pode confundir en que se trata dun documental sobre a Guerra Civil ou sobre a Dictadura esta proposta vai máis alá e intenta amosar ao especta-dor a dificultade de lembrar, o mecanis-mo...
22 sept 2009
O pintor Waldo Álvarez doa un cadro para O Rosal
22.9.09
Comentar
O luns 21 de setembro a familia do pintor rosaleiro Waldo Álvarez Álvarez –recentemente finado- fixo entrega dun cadro da súa autoría ao Concello do Rosal. A este emotivo e sinxelo acto asistiron os fillos de Waldo, Esther e Diego Álvarez Arnaud, así como o alcalde Jesús Mª Fernández Portela na compaña da concelleira de Cultura Charo Tabales Perozo. Waldo Álvarez Álvarez naceu o 8 de setembro de 1937 en San Xoán de Tabagón e faleceu o 26 de xuño...
Sentida homenaxe a Xosé Carlos Gómez Alfaro
22.9.09
Comentar

O sábado 19 de setembro celebrouse unha homenaxe póstuma ao poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro á que asistiron diferentes persoeiros das letras e da cultura galegas. Entre eles, o escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, presidente do Instituto de Estudos Tudenses e coautor con Gómez Alfaro do libro Antología (A Guarda, 1988). Nas Chabolas houbo un descubrimento dunha praca na casa natal de Alfaro e máis tarde, en Ribadavia procedeuse á presentación...
20 sept 2009
Serafín Martínez Acevedo no podium final de Madrid
20.9.09
Comentar

O noso ciclista Serafín Martínez Acevedo e o equipo Xacobeo Galicia veñen de realizar unha fantástica "Vuelta a España", sendo protagonistas día si e día tamén. Líderes da Xeral por equipos. Unha victoria de etapa protagonizada por Gustavo César Veloso. O papelón do seu líder, Ezequiel Mosquera, a pesar de ter dúas fortes caídas... E, por suposto, a actuación de Sera... quen ademais de vestir varios días o maillot branco de líder da Clasificación...
17 sept 2009
"Memoria de la I Festa do Cabaqueiro" (Núm.2)
17.9.09
Comentar

Unha das curiosidades desta I Festa do ano 1988 é que se celebrou... o 18 de decembro. A presentación correu a cargo de José Luís Rodríguez Martínez, alcalde do Rosal naquel entón. No Salón de Plenos expuxo por vez primeira a súa obra total o escultor rosaleiro Félix Gómez Fidalgo e no Salón Superior (Comisións de Goberno) houbo unha exposición de fotografías, vellas ferramentas e cerámica da Cabaqueira. Tamén nesta sala municipal exhibíronse obxectos...
Lembranza do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro
17.9.09
Comentar
Segundo informan os nosos compañeiros de Infogauda, o sábado 19 de setembro levaranse a cabo unha serie de actos en lembranza de Xosé Carlos Gómez Alfaro, poeta e mestre finado en maio do ano pasado. Este ouren-sán afincado na Guarda foi durante case tres décadas profesor do colexio PP Somascos e está considerado un dos máis grandes escri-tores da literatura galega actual. Tivemos a sorte e a honra -aparte de ser alumnos seus- de escoitar o seu interesante...
Bolsas programa Leonardo da Vinci en Malta
17.9.09
Comentar
Convócanse seis bolsas de 12 semanas de duración (curso lingüístico + prácticas profesionais) para formación de mozos profesionais e/ou titulados recentes en Malta.
Os costes cubertos pola bolsa serán:
-Gastos de viaxe de ida e volta (máximo 200 euros) e de manutención (200 euros para todo o período) que se entregarán aos participantes en dous pagos do 50% cada un.
-Seguro de responsabilidade civil e cobertural laboral
-Preparación lingüística e cultural
-Aloxamento (pago de aluguer, auga, luz ..) durante as 12 semanas
-Certificado Europass
-Soporte...
16 sept 2009
Memoria del Homenaje y Monumento O Cabaqueiro
16.9.09
Comentar

Cando falta menos dun mes para a XXII Festa do Cabaqueiro (12 de outubro) comezamos este repaso polas memorias-publicacións que se teñen editado como lembranza e homenaxe aos cabaqueiros (telleiros), considerados por moitos, herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra. Todo comezou en 1987 coa erección do monumento ao cabaqueiro, obra do escultor tomiñés Xosé Antúnez Pousa co fin de recoñecer e recuperar a memoria deste tradicional...
15 sept 2009
Terrorismo Ambiental, o blog de Manu Sobrino
15.9.09
Comentar

Recentemente tivemos a oportunidade de intercambiar impresións con Manuel Sobrino Senra (Manu), natural da Guarda e administrador de Terrorismo Ambiental, unha fantástica web que -para que vos fagades unha idea- o pasado ano 2008 participou na III edición dos "Premios 20Blogs" (que é o concurso máis prestixioso do país en canto a blogs hispanos). A este evento presentáronse 4514 persoas, enfrontándose Terrorismo Ambiental a máis de 160 blogs na categoría...
III Serán da Agrupación Musical do Rosal
15.9.09
Comentar

Grupo de pandereteiras Orballo da Agrupación Musical do Rosal
O pasado 5 de setembro como xa tiñamos anunciado celebrouse no Parque de Pías o III Serán organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Velaquí vos deixamos un enlace á galería fotográfica desta xornada, propiedade de Jesús González Álvarez (Sus...
14 sept 2009
Serafín Martínez, un dos protagonistas de onte
14.9.09
Comentar

Co tamén rosaleiro Pablo (Pren) o domingo na saída dende Granada
O noso ciclista Serafín Martínez Acevedo (Xacobeo Galicia) foi un dos protagonistas da etapa do luns 14 de setembro (Jaén-Córdoba) na Vuelta a España ao escaparse con outros 12 corredores. Entrou en meta no 8º posto e conseguiu remontar ata a posición 44ª da Clasificación Xeral dos 154 corredores que aínda quedan na Vuelta. Tamén gañou hoxe o seu terceiro "Sprint Solidario", polo que...
13 sept 2009
A Escola Comarcal de Teatro cumpre un ano
13.9.09
Comentar

Este mes de setembro cúmprese un ano da posta en funcionamento da Escola Comarcal de Teatro por parte da Asociación Cultural Terras do Baixo Miño que preside Enrique Álvarez Vales. Lembramos que esta activa asociación edita tamén a revista “Cultura Baixomiñota”, publicación mensual con toda a axenda da cultura, ocio e turismo da comar...
Subvención ao Atlético Novás de balonmán
13.9.09
Comentar
Jesús Mª Fernández e Roberto F. Rodríguez no momento da sinaturaO pasado martes 8 de setembro tivo lugar no Concello do Rosal a firma e entrega da subvención outorgada pola Excma. Deputación de Pontevedra e concedida á Sociedade Deportiva Atlético Novás. Esta axuda elévase a un importe de 15.000 € para a súa participación en ligas e competicións oficiais para a tempada 2009-2010. Ao acto de sinatura asistiron Jesús Mª Fernández Portela, deputado...
Monográfico gratuíto organizado por Cruz Roja
13.9.09
Comentar
Segundo nos informa Neli Rodríguez, a Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño organiza un monográfico de "Habilidades Sociales y Técnicas de trabajo grupales" que terá lugar os vindeiros 28 e 29 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 h. A súa duración, 8 horas teóricas e 8 horas prácticas a desenrolar nas actividades de inverno de Cruz Roja. Neste obradoiro pode participar de forma gratuíta calquera persoa da Comarca. Interesados anotarse na sede de Cruz Roja na Guarda ou chamando aos teléfonos 986 61 46 09 / 606 34 84 71 para máis informaci...
9 sept 2009
Serafín Martínez, volveu a subir ao podium
9.9.09
Comentar

Como relata Serafín no seu blog, despois dunha dura etapa volveu a gañar o Sprint da Solidariedade que estaba a 14 km de meta e subiu unha vez máis ao podium nesta "Vuelta a España 2009"....
Celebrouse o Mercadillo de Oportunidades
9.9.09
Comentar
O pasado domingo 6 de setembro e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) tivo lugar un novo Mercadillo de Oportunidades na Praza do Calvario do Rosal. Segundo José Martínez González (Pepe Berdeal), presidente de ACOR, aínda que o día foi moi caluroso os comercios que se deron cita na praza da vila saíron satisfeitos en canto ao número de visitantes, clientes e posteriores ventas.
Sorteouse esta vez unha bicicleta de montaña entre...
7 sept 2009
Avelaíña asina un convenio coa Deputación
7.9.09
Comentar

Segundo nos informa Rafael Álvarez, o luns 7 de setembro asinouse o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Avelaíña para a adquisición dunha furgoneta marca Jumpy HDI 92 Combi 1 8/9 P1. Neste convenio participa tamén Caixanova, que aportará o 23'1 %; Automóbiles Citröen, cun desconto do 30'7 % e Avelaíña, que aportará o 23'1 % restante dos 25.011,00 € do valor do vehículo, así como os gastos de...
6 sept 2009
“Berberecho II”: un filme nos ariños do Miño
6.9.09
Comentar
Segundo informa Xurxo González, dende o día 5 e ata o 8 de setembro vaise a filmar na Guarda a curtametraxe de ficción que leva por título Berberecho II, do director J. M. Bazarra Maneiro “Sepi”. Esta produción conta cunha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, coa participación da Morraceira-Asociación Cultural e coa colaboración do Concello da Guarda e da Câmara Municipal de Caminha. “En terra de ninguén”, porque sobre todo vaise filmar...
3 sept 2009
Curso do Celga 4 no Concello do Rosal
3.9.09
Comentar
O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que a partir do 7 de setembro terá lugar no Centro Social Polivalente da vila o curso preparatorio do Celga 4. Dito curso realizarase de luns a xoves de 19.30 a 21.30 horas. As persoas interesadas en participar neste cursiño poden chamar ao teléfono 986 6094...
Sobran as palabras... Sera, líder da Combinada
3.9.09
Comentar

O noso ciclista, Serafín Martínez Acevedo, vén de protagonizar hoxe unha fuga con outros cinco corredores. O resultado desta escapada: deixouse ver na Vuelta a España, levouse o Sprint da Solidaridade e tamén o maillot da Combinada (que é a categoría que engloba as clasificacións de: "General Individual"+"General Puntos"+"General Montaña". Os puntos de cada ciclista se obteñen sumando o posto en cada unha destas modalidades, así é vencedor absoluto...
Dous rosaleiros na III Subida Cidade de Vigo
3.9.09
Comentar
Gustavo e Abel inmortalizados polo obxectivo de Fotosvideosderali
Segundo nos informa Roberto Valladares, coordinador de Fotosvideosderali, os pilotos rosaleiros Gustavo Martínez Vázquez, da escudería Tomiño Sport Competición, cun Renault Clio 16 v. e Abel Martínez Alonso da Racing Sport Competición cun Peugeot 205 GTI, veñen de participar este pasado fin de semana (29 e 30 de agosto) na III Subida Cidade de Vigo. Gran Premio Entidade M. de Bembrive....
2 sept 2009
O día 6, Mercadillo de Oportunidades no Rosal
2.9.09
Comentar
O domingo 6 de setembro e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) se celebrará un novo Mercadillo de Oportunidades na Praza do Calvario do Rosal. O seu horario, de 10 a 20:30 horas. Segundo informa a asociación que preside José Martínez González (Pepe Berdeal) sortearase unha bicicleta de montaña entre os clientes do mercadillo e terá lugar tamén o II Taller de Debuxo para nenos e nenas de 16:30 a 18:30 horas. O debuxo gañador...
O sábado día 5, "Serán" no Parque do Tamuxe
2.9.09
Comentar

O sábado 5 de setembro a partir das 10 da noite -e organizado pola Agrupación Musical do Rosal- celebrarase un Serán* no Parque do Tamuxe no que participarán grupos de música tradicional galega. Neste evento, como boa festa galega que se prece, haberá chourizos e viño do país... e ademais de balde. Colaboran a Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón e o Concello do Rosal. Máis información nas dependencias do Auditorio Municipal ou no seu teléfono...