A rosaleira Ruth María Martínez Barbosa* ven de conseguir o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia 2011 "en recoñecemento á excelencia académica nos estudos conducentes ao título universitario oficial de Licenciada en Psicoloxía, rematados no ano 2011, na Universidade de Santiago de Compostela".
O acto celebrouse o mércores 27 de xuño na Cidade da Cultura e estivo presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, entre outras autoridades.
Ruth, que fai catro meses acadara tamén o Premio Extraordinario de Fin de Carreira en Psicoloxía (USC) do ano 2012, recibiu este novo galardón tras ter o mellor expediente na súa disciplina en toda Galicia.
*Ruth María Martínez Barbosa (O Rosal). Premio Extraordinario de Fin de Carreira na titulación de Filoloxía Hispánica, curso 2001-2002 (Universidade de Vigo). Obtén o Diploma de Estudos Avanzados (DEA, en Lingüística Xeral, U.S.C., 04-05), e traballa durante a Etapa de Tese na Facultade de Filoloxía da USC como investigadora dentro desa mesma área. Compaxina esta labor investigadora cos estudos de Xornalismo, licenciándose en 2005, así como cos de Psicoloxía, acadando a Licenciatura en 2011, en ambos casos na Universidade de Santiago de Compostela. Recentemente ven de conseguir unha praza de formación sanitaria especializada no ámbito da Psicoloxía (PIR, Psicólogo Interno Residente).
0 comentarios:
Publicar un comentario