Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
As probas disputáronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. A organización correu a cargo da Federación Galega de Deportes para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI).
Participaron un total de 14 Clubs da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación: competición, categoría adaptada e xogo.
Na máxima categoría, ou sexa Competición, os nosos medallistas foron:
• Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)
• Luís Sández (2º en 800 m.)
• Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)
• Maite Santos (1ª en 1500 m.)
• María F. García (3ª en lanzamento de peso)
Na segunda categoría (Adaptada):
• Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)
• Carmen Verde (1ª en 60 m. e 2ª en 150 m.)
Na terceira categoría (Xogo):
• Rosa María Álvarez (1ª en 60 m.)
Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición), Paco Varela (Adaptada) e Raquel Rodríguez (Xogo).
A actividade deportiva remata este ano coa participación de 8 deportistas do noso Club, representando a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (San Fernando-Cádiz). Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira, Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto). Formará parte da expedición galega como adestradora de baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.
Como en anos anteriores, e grazas á colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño teremos unha xornada lúdico-deportiva no río Tamuxe, con diferentes actividades (piragüismo, etc) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.
GRACIÑAS! A todos os que colaboraron dunha ou doutra maneira para manter vivo o noso Club deportivo, nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.
0 comentarios:
Publicar un comentario