Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
O mes de xuño caracterízase habitualmente no noso Centro como un mes de actividade vertixinosa. Xuño 2012 ¡non podía ser menos!
Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o Festival do Servizo de Adultos no Auditorio de Goián, coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan estratéxico do Centro (2012-2014), Campamentos das Unidades Educativas e do Servizo de adultos na Colonia de vacacións “Árbore” de Vila do Conde (Portugal)…
Nestes momentos os seleccionados do noso Club deportivo, compiten no Campionato de España de seleccións autonómicas, e esta mesma semana tivemos a oportunidade de experimentar novas sensacións grazas á colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona. Por primeira vez, Jona, Kike, Miguel… tiveron a oportunidade de navegar nun barco de vela, xunto cos responsables do Club de iates e os compañeiros do Centro Juan María de Nigrán. Experiencia inesquecible, e que agardamos poder repetir.
O que queda por diante non é menos emocionante: Viaxe a Francia para valorar a marcha do Proxecto Comenius Regio, Cea Baile no Restaurante Glasgow organizada pola ANPA, novos campamentos do Servizo de adultos en Vila do Conde, reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico, Mercado Solidario en Baiona, etc, etc.
Nas fotografías: a Selección Galega de baloncesto (¡5 xogadoras do San Xerome!), en San Fernando (Cádiz) antes de debutar no Campionato de España de seleccións autonómicas; nas outras dúas fotografías os nosos regatistas en Baiona, no barco do Club Monte Real, e por último Carmelo e David (Selección Galega de fútbol sala) durante a competición de seleccións autonómicas en Cádiz.
0 comentarios:
Publicar un comentario