TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

4 jun 2012

VOLVEN AS ANDAINAS DO PROGRAMA “O ROSAL COÑECE O TEU CONCELLO” COA VISITA AOS MUÍÑOS DE IGNACIO



O sábado 23 de xuño o Concello do Rosal volve a organizar unha nova andaina polo municipio, tras o éxito e a boa acollida das celebradas en 2011.

Lembramos que xa se percorreron os Muíños do Folón e do Picón, a Senda de Pescadores (dende As Aceñas ás Eiras), o Camiño Portugués pola Costa, Sanxián e Portecelo, visitáronse as igrexas parroquiais do Concello (Santa Mariña, San Xoán e San Miguel de Tabagón, San Bartolomeu das Eiras), as súas capelas, os sepulcros de Marzán, a ponte do Tamuxe, a serra do Pijorro, a ruta das Pesqueiras (Urgal-Fornelos), a ruta dos Cruceiros, Niño do Corvo, etc.

Desta vez, sairase ás 15:30 horas dende as inmediacións da ponte e da adega Lagar, en Fornelos, para –entre outros lugares- coñecer o contorno do río da Cal, as súas pozas e os “Muíños da Pinta”, propiedade de Ignacio González Rivas, “O Perruqueiro”.

O encargado de guiar e ofrecer as explicacións histórico-culturais durante a andaina, ao igual que todas as realizadas o ano pasado, será Juan Ramón Martínez Barbosa, quen nesta ocasión estará acompañado tamén polo propio Ignacio (na imaxe), recoñecido aventureiro e amante da cultura e da natureza galegas.


Quen desexe máis información ou anotarse nesta actividade –que é gratuíta- pode facelo chamando ao teléfono do Concello (986 62 50 00) deixando o seu nome e apelidos, así como o seu número de contacto, por se houbese algún cambio na programación ou mesmo aprazamento debido a condicións meteorolóxicas adversas.

Recoméndase dende a Organización, levar roupa cómoda e calzado axeitado, gorra, protección solar, un bocadillo e auga.

0 comentarios:

Publicar un comentario