TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 jun 2012

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEU UN CONCERTO-HOMENAXE AOS GAITEIROS PEPE E EMILIO FLORES COSTAS



O domingo 10 de xuño tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal o acto de lembranza aos irmáns gaiteiros, Pepe e Emilio Flores Costas, cun concerto dentro das Xornadas Didácticas "Galicia nas Terras da Gaita".



Dito acto estivo organizado pola A.F. Gaiteiros da Xistra, coa colaboración do Concello do Rosal. Presentou o evento Xerardo F. Santomé, mestre de gaita e compoñente do grupo Xistra de Coruxo, quen foi o encargado de "narrar" o que acontecía en todo momento.

Estiveron o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela e os concelleiros Pablo Flores Díaz e Charo Tabales Perozo, ademais de familiares e amigos dos homenaxeados.


Actuaron -entre outros- un integrante do Volkstanzgruppe Frommern, de Suabia (Alemaña), Tomislav Livaja, de Croacia, que tocou co gajde e o dude, instrumentos tradicionais; Sophie J. de Dixmude (bodega) e Claude Bonnafous (Languedoc-Occitania-Francia).


Pechou as intervencións musicais o grupo anfitrión, Xistra de Coruxo, co seu líder ao fronte, Xerardo, quen agasallou ao público asistente "confesando" varias anécdotas e curiosidades da vida musical de Pepe e Emilio.


1 comentario:

  1. Moitas gracias os organizadores do evento!!
    E un gran orgullo que os segan recordando...

    ResponderEliminar