Mostrando entradas con la etiqueta AEDL Concello do Rosal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AEDL Concello do Rosal. Mostrar todas las entradas
19 mar 2014
MÁIS DE 100 INSCRITOS NA XORNADA SOBRE FROITOS DO BOSQUE
Informa: AEDL Concello do Rosal
EXPERTOS
ASTURIANOS FALARÁN SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS PARA A BISBARRA DE VIGO-BAIXO MIÑO
Este xoves 20
de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar na sala de exposicións do concello de O Rosal unha xornada informativa subvencionada polo programa Leader Galicia, sobre
“Novas expectativas agroforestais: a experiencia dos froitos do bosque noutros
territorios”.
Ademais da
presenza do alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, e da presidenta do
AGDR MAIV-Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, contaremos como
poñentes técnicos co xerente do GDR Bajo –Nalón (Asturias), Juan Antonio
Lázaro, e co presidente da cooperativa L´Andecha Praviana, Fernando García, que
nos falarán da experiencia da produción, transformación e comercialización dos
froitos do bosque en Asturias.
Esta xornada complementarase
cunha viaxe ao territorio do Bajo Nalón os próximos días 10-11 de abril, para
coñecer “in situ” os proxectos alí desenvoltos, e recibir información de
primeira man de enxeñeiros, produtores, comercializadores e transformadores da
zona.
A participación
no acto é libre e gratuíta, previa inscrición no AGDR MAIV-Baixo Miño,
e xa contamos cun cento de persoas rexistradas para asistir a este interesante
evento.
7 mar 2014
XORNADA SOBRE A POSTA EN VALOR DOS ESPAZOS AGRARIOS E FORESTAIS
Informa: AEDL Concello do Rosal
O vindeiro xoves 20 de marzo (19:00 horas) o Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle unha xornada sobre "Novas expectativas agroforestais: A experiencia dos froitos do bosque noutros territorios".
A organización corre a cargo do Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv-Baixo Miño, en colaboración co Concello do Rosal.
Aínda que a presenza á charla é libre e de balde, prégase confirmación de asistencia no teléfono 986 44 30 30 ou a través do enderezo electrónico info@agdr18.org