Raúl, Manuel e Toni. (Foto: C.C.O Rosal)
Tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, os seus integrantes continúan a dominar na modalidade de Ciclocross Junior e Cadete, tanto en Galicia, en Portugal e mesmo en España, tal e como se demostrou no III Gran Premio de Ciclocross de El Escorial valedeiro para a Copa da Comunidade de Madrid.
Ciclistas como Raúl Fernández, Manuel González, Álex Lomba, Cristóbal Coímbra ou o propio Toni Portela, entre outros, dan e darán moito que falar neste deporte durante os vindeiros anos.
¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa para todos eles, desexándolles moitos máis éxitos!! ¡¡Ánimo rapaces!!
0 comentarios:
Publicar un comentario