O Moto Club Queima Roda de O Rosal organiza o sábado 24 de decembro unha "Papanoelada Motera" que sairá ás 16:15 horas da súa sede-bar, no Calvario, animando á xente a participar con traxe e calquera tipo de moto.
Percorrido:
Dende o Queima os participantes dirixiranse rumbo á vila da Guarda, percorrendo a rúa Concepción Arenal, con baixada ao Porto, pasando por Brasilino Álvarez e Vicente Sobrino, con parada na Transversal Troncoso.
De volta a O Rosal virase pola Proba, Pancenteo, Marzán, Novás, Caselas e Fornelos para rematar na Praza do Calvario.
0 comentarios:
Publicar un comentario