Montserrat Domínguez Otero / A. Musical do Rosal
Estes serán os actos que terán lugar o vindeiro sábado 10 de decembro, con motivo da celebración de Sta. Icía (Patroa dos músicos).
Neste ocasión, ademais da incorporación dos cinco novos músicos realizaremos a fase final do Concurso de Composición de Pasodobres que se convocou con motivo do noso 25º aniversario.
Así, deste modo, a nosa agrupación pechará un intenso ano cheo de actividades, moito traballo e esforzo dos nosos músicos e tamén de éxitos como o 1º premio acadado no V Certame Galego de Bandas de Música o pasado 27 de novembro no Auditorio de Galicia.
Ás 20,00 horas dará comezo no auditorio do Rosal o concerto onde se interpretarán os cinco pasodobres finalistas seleccionados polo xurado formado por Javier Viceiro Filgueira, Juan Lois Diéguez e Xosé Manuel Collazo de entre un total de 21 recibidos. Durante o concerto o público asistente tamén poderá votar o pasodobre que máis lle guste.
Como remate do acto daranse a coñecer os tres premios:
- Premio patrocinado por "Bodegas Terras Gauda" por valor de 2000 € outorgado polo xurado.
- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polo público asistente.
- Premio patrocinado pola "Fundación O Rosal" por 600 € outorgado polos músicos.
0 comentarios:
Publicar un comentario