Mostrando entradas con la etiqueta Goián. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Goián. Mostrar todas las entradas
3 feb 2015
I Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda, O Rosal, Goián-Tomiño)
O sábado 21 de febreiro celebrarase a "I Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda-ORosal-Goián, Tomiño)" cunha distancia de 13 km.
Tal e como reza o cartel, a saída será ás 9:30 horas dende o Castelo de Santa Cruz (A Guarda).
A inscrición -que é gratuíta- pode facerse nos respectivos concellos, organizadores deste evento, ata o 16 de febreiro.
Máis info:
Concello da Guarda (986 61 45 46)
Concello do Rosal (986 62 50 00)
Concello de Tomiño (986 62 20 01)
10 sept 2014
Éxito total da V edición do Festival Internacional "Minho Reggae Splash"
Na imaxe, algúns dos integrantes do grupo brasileiro NOVA RAÍZ
Información e fotografías: Diego Álvarez Fernández.
A pasada fin de semana (5 e 6 de setembro) achegámonos dende Noticias O Rosal ata o V Festival Internacional de Música Reggae "Minho Reggae Splash 2014", que se celebrou na praia fluvial de Goián (Tomiño).
Destacar a coordinación deste evento músico-cultural, xunto con Xoán Lois Vila, do rosaleiro Javi Vicente, á vez compoñente do grupo Zamaramandi.
O cantante xamaicano Winston Francis en plena actuación
Temos que resaltar igualmente, a impecable organización do Festival e o exquisito trato que recibimos, xunto, por suposto, á calidade humana e profesional de todos os músicos participantes.
20 feb 2014
U.D. RIBERA vs GOIÁN F.C., ESTE DOMINGO 23 DE FEBREIRO, NO ROSAL
O equipo senior da U.D. Ribera de fútbol xoga este domingo 23 de febreiro contra o Goián F.C. (Estadio Municipal da Mata, O Rosal, 16:15 h.).
Pola súa banda, o plantel feminino desprázase ata Candeán (12:00 horas).
Os xuvenís enfróntanse o sábado 22 de febreiro (16:00 h.), na casa, ao C.D. Ribadelouro.
¡Deixámosvos o horario dos encontros para esta fin de semana, desexándolle moita sorte a todas as categorías do Ribera!
Máis info: http://www.udriberaorosal.com/