FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS
Mostrando entradas con la etiqueta Escudo do Concello do Rosal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escudo do Concello do Rosal. Mostrar todas las entradas

24 oct 2013

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO ROSAL (NOVEMBRO-DECEMBRO, 2013)




PROGRAMACIÓN CULTURAL 
CONCELLO DO ROSAL

NOVEMBRO

DÍA 2: Paula Cobián Escola de Danza presenta o espectáculo "Había unha vez". Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 3: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

DÍA 23: Festival de Acordeóns na honra de Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda. Auditorio Municipal ás 19:00 horas.

DÍA 24: A compañía Chumpa Teatro presenta a obra "Welcome to Cuntis Ville, cidade sen lei". Auditorio Municipal ás 19:00 horas.


DECEMBRO

DÍA 7: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 14: Audición de adultos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

DÍA 20: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 21: Animación Infantil co paiaso Rudi Rudi. Centro Social Polivalente ás 17:00 horas.

DÍA 21: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

DÍA 22: Concerto de Nadal organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

DÍA 28: Espectáculo familiar co Circo Escarranchado. Auditorio Municipal ás 18:00 horas. 

DÍA 29: Concerto de Corais de Nadal, organizado polo Coro Ecos do Folón. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

CINE para todos os públicos os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2-3 de xaneiro. Auditorio Municipal ás 17:00 horas.

4 sept 2012

O ROSAL XA CONTA CO SEU ESCUDO E BANDEIRA MUNICIPAIS LEGALIZADOS



O pasado venres 13 de xullo durante a inauguración da XX Feira do Viño do Rosal, presentábase o tríptico Novo Escudo Heráldico Municipal e a súa Bandeira, da autoría do recoñecido escritor e historiador local, Xoán Martínez Tamuxe. Tras recibir moitas preguntas relacionadas co tema, queremos dende Noticias O Rosal lembrar e explicar aquí o por que dese cambio. 

En primeiro lugar, a "Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia obrigou a abandonar aqueles motivos relixiosos de tradición, tal como a Virxe do Pilar e a Cruz de Santiago. Conservouse tan só a Ponte do Tamuxe sobre ondas. No brasón incorpórase agora un cacho de uvas, entre dúas follas de viña. Na bordura óllanse catro rosas, que aluden ás catro parroquias do Concello, todas elas colleiteiras de viño e con notorias adegas".


Segundo afirma Tamuxe O Concello do Rosal considerou conveniente legalizar e organizar correctamente "o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de Heráldica".

O historiador rosaleiro sinala que a nosa vila constituíuse en 1847 en "municipio independen-
te ao desmembrarse do da Guarda", aparecendo un ano despois (1848) o primeiro emblema municipal, nun "cuño" no que estaba gravado unha mata de rosas e no que se podía ollar na súa bordura "Alcaldía y Ayuntamiento del Rosal". Así mesmo, Tamuxe lembra que o rei Alfonso XII concedeulle a O Rosal o título de Vila en 1879.

O brasón heráldico sofre a súa primeira modificación no 1898, enriquecéndose con outros motivos que aluden á historia e á tradición. No Libro de Actas dese ano óllase a Virxe do Pilar, antiga devoción con capela no lugar do Souto (Martín) dende o século XVIII; un arbusto, a planta de rosáceas con varias rosas, que fan referencia ao noso pobo: O Rosal. Tamén a Cruz de Santiago Apóstolo, devoción, así mesmo con capela, en Sandián, citada xa no século XIII. E finalmente, unha ponte (a do Tamuxe), cuxa obra data de 1845, e atopándose no lugar doutra moi anterior, posiblemente, romano-medieval. A súa contorna reza: "Ayuntamiento de la Muy Leal Villa de El Rosal".


Polo tanto, o actual e xa legalizado escudo rosaleiro, como dixemos, ten unha ponte e un cruceiro, que representan a ponte sobre o río Tamuxe na súa desembocadura ao Miño; a cor sinople simboliza o ambiente, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais; o acio e as follas aluden á riqueza vitivinícola do municipio e as rosas fan referencia á simboloxía popular do propio nome do Rosal e, polo seu número, ás catro parroquias que conforman o termo municipal.


En canto á referencia máis antiga que se coñece sobre a bandeira municipal, temos que dicir que data de 1918. Trátase da "enseña nacional, figurando na parte central, unha franxa amarela e sobre ela outra franxa branca máis estreita, lembrando á galega. E enriba desta, o escudo municipal tradicional".

A bandeira legalizada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia foi aprobada e organizada deste xeito: pano dividido por tres franxas verticais de verde, branco e azul; a de branco, cunha rosa heráldica ao natural.


A cor verde simboliza o ambiente, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais; as cores branca e azul, representan o río Tamuxe e a súa desembocadura ao Miño; e a rosa fai referencia á simboloxía popular do propio nome do Rosal".

Esta información é unha síntese da monografía histórica O Rosal: Brasón heráldico municipal e a súa bandeira. 1848 a 2012 da autoría do historiador Xoán Martínez Tamuxe e que se atopa en preparación.