TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

4 mar 2015

O Acanor Novás encoméndase en O Rosal "á mellor afección da categoría"

A incondicional afección do Novás soña cunha nova Fase de Ascenso 

POLA MÍNIMA


Informa: Acanor Atlético Novás

Así se levan decidido os dous compromisos que disputaron Acanor Novás e Balonmán Cisne ata o de agora. No torneo estival que organiza o equipo rosaleiro ambos conxuntos acadaron a final, que  se resolveu pola mínima (27-26), a prol dos locales. Na primeira volta da competición doméstica a palma levousa a entidade que preside por enésima tempada, Santiago Picallo (26-25).

Era a oitaba xornada e con esa derrota o Novás sumaba a terceira consecutiva e a cuarta da tempada, deixando o equipo nunha novena posición a sete puntos dos postos que dan o billete ao sector, moi lonxe das expectativas creadas.

A pesar dos dous puntos perdidos, os de Modesto viñeron de volta coa sensación de que mereceron máis. E é que realizaran un gran encontro e tiveron varias ocasións de, a lo menos, conseguir un punto, pero a presión creada pola necesidade de vencer dados os resultados os interiores, impediron un premio que mereceron.

Sen embargo, ese encontro marcou un antes e un despois. Logo de esa derrota, o Acanor non volveu a coñecer ese amargo sabor e cumplese unha volta na que tan sólo cedeu un punto, en Chapela, e as opcións de sector foron crecendo ao par que melloraba o xogo do equipo, ata o punto de ocupar actualmente a terceira posición empatado a puntos co segundo clasificado, Seis do Nadal.



Para dous xogadores, un en cada equipo, o compromiso deste sábado será especial porque se enfrentan aos seus ex-equipos. Do lado local Kevin García e enfronte, Carlos Rodríguez, canteirán, que por segundo ano defende a camiseta da escuadra pontevedresa, a sua primeira experiencia como senior fóra do Rosal, que califica 'de forma moi positiva, xa que as novas experiencias sempre veñen ben. Ademais no deportivo agora mesmo non pode ir mellor. Estou moi contento e teño moita sorte de estar aquí. Estanme a tratar xenial e é de agradecer'.


Sobre o momento no que chega o Acanor á cita, para Kevin, que vestiu a elástica do Cisne fai xa 13 anos, 'claro que cambiou. Levamos unha moi boa traxectoria, non só na clasificación se non tamén no xogo, e sería importante continuala este sábado. Pola súa parte, seguen na mesma liña, non tiveron alti baixos en toda a campaña e seguro que saen ao 100%'.


Todo apunta a que volverá a ser un partido moi igualado, no que  'a afección, que está a demostrar que é a mellor da categoría e en todo momento está aí, xogará un papel importante. Se seguimos así e co seu apoio teremos moitas opcións de doblegar ao líder'.

Un líder que se está a amosar máis sólido cada xornada que pasa. Sólo cedeu dous puntos no que vai de campaña, pero 'Charli' non se fía. 'Matemáticamente non hai ningún equipo clasificado. É certo que estamos nunha moi boa posición pero todavía pode pasar de todo, e ata o sexto cualquera pode meterse'. 


Kevin tamén pensa que 'será moi dificil que o primeiro posto se lle escape aos de Edín. Tiñan que facer todo mal agora de golpe, e non creo que se dea o caso. A segunda praza si pode ser outro cantar'.

El máis que ninguén, agarda de forma 'especial este encontro. Ademáis de con moito respeto. Nunca é doado xogar contra o Novás e menos na súa cancha'.

Cabe recordar que o partido deste sábado será ás 20:00 h, logo do convenio co Mecalia Guardés.

Xa profundizando na plantilla rival, o que máis teme o gardarredes rosaleiro 'é a comunión que lograron formar. Teñen un grupo que aúna experiencia e xuventude e conseguiron unificala de maneira óptima, e está a verse reflectido no campo. Ademais hai xogadores que marcan diferencias en momentos puntuales, como Rafa Dasilva ou a portería'. Mención especial para o sexto máximo goleador do grupo, 'Andrés Sánchez, un xogador con menos nome pero que está a facer un ano espectacular. Ademais de ter gol é moi completo, está axudando moito aos seus'.

A excepción de Dani Puente, lesionado precisamente ante o Novás, Edín terá a todos os seus efectivos disponibles para este sábado, incluída a súa última incorporación, Bruno Montesinos, ex xogador do Cisne que actualmente militaba nas filas do Rasoeiro, e que chegou para fortalecer a parcela defensiva.



O que si podería chegar para a cita tan complicada é David Lechuga, alonxado das pistas toda a segunda volta por unha lesión de xeonllo e que apura os últimos prazos da sua recuperación, e que se uniría a unha lista na que Manu Martínez e Arkaitz Vargas tamén están totalmente recuperados.

O club agarda unha gran entrada, coma sempre nestes encontros, e cunha afección novamente ilusionada coa posibilidade de xogar un novo sector, aínda que polo momento, dende a directiva amósanse cautelosos.


Resto de encontros

A excepción de alevíns, que descansarán este fin de semana, e o equipo de autonómica, que se despraza a Chapela (sábado, 20:00 h), todas as categorías disputarán os seus compromisos en O Rosal. Os primeros, o Muebles Costa (infantil), que quere olvidar a derrota do sábado. E pola tarde, antes do prato forte, Vintanox (cadete) e Xanelux-Novo Portiño (xuvenil), reciben aos seus homólogos do Moaña.




Novos colaboradores

Dende hai un par de semanas, na pista do Municipal lucen vinilos coa imaxe corporativa de varios colaboradores.

A clínica de fisioterapia Altair Rodríguez Castro, con local en A Gándara (A Guarda) e con persoal experimentado e en contínua formación, e Alfinox, empresa especializada en construcións metálicas e que conta con obreiros experimentados, firmaron un convenio de colaboración co club para este 2015.

Non son os únicos, xa que a hostelería tamén tendeu a man ao Acanor Atlético Novás. A Bocatería Barros, con locales en A Guarda e Sandián, é un punto de encontro dende primeira hora da mañá ata altas horas; o Restaurante Area Grande, que reside na praia que recibe ese mesmo nome, ideal para menú do día ou cunha carta cos mellores peixes e mariscos.

Tamén na praia, esta vez en Camposancos, o Hotel El Molino e a adega que recibiu o premio ao mellor viño galego de 2014, Quinta de Couselo.


A Xunta Directiva quere agradecer o apoio amosado.

0 comentarios:

Publicar un comentario