Segundo nos informan dende a comitiva dos Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar sairán o sábado 5 de xaneiro dende a Praza do Calvario ás 10 da mañá na tradicional Cabalgata que percorrerá todo O Rosal.
Logo, de tarde, ás 17:00 horas, os Reis Magos serán recibidos na mesma Praza, onde atenderán as peticións de pequenos e maiores. Finalizará esta xornada -como ven sendo habitual os últimos anos- cunha gran chocolatada.
0 comentarios:
Publicar un comentario