TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 ene 2013

O CURSO GRATUÍTO DO CELGA COMEZARÁ NO ROSAL DO 21 DE MARZO AO 23 DE MAIO



Servizo de Información e ASC do Rosal

O Concello do Rosal ten solicitado o Celga 4 para realizarse de luns a xoves de 19:30 a 21:30 h., do 21 de marzo ata o 23 de maio.

Se te interesa participar neste curso gratuíto, tes que anotarte o antes posible, xa que en breve imos enviar a listaxe e participantes a Política Lingüística.

Independentemente do nivel de Celga no que queirades participar, tedes que inscribirvos antes do 3 de abril para poder realizar o exame.

Recordámosvos que se sodes estudantes ou traballades fóra e vos resulta imposible achegarvos a O Rosal, tedes a opción de facer estes cursos nas diferentes Escolas Oficiais de Idiomas. Informádevos.

Se estás interesado en facer este curso ou tes algunha dúbida sobre as equivalencias dos Celga pasa polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal e informarémoste (986 60 94 50).

0 comentarios:

Publicar un comentario