31 mar 2015
O rosaleiro Óscar Vicente, Subcampión de España de Duatlón por equipos
Óscar (2º pola dereita) e o seu equipo. (Foto: Diario de Mallorca)
O deportista rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez (Mallorcatraining M3T Bimont-3G) vén de proclamarse esta fin de semana en Avilés subcampión de España de Duatlón por equipos, categoría élite, modalidade contrarreloxo.
Tal e como se pode ler no Diario de Mallorca, o conxunto -ademais do noso veciño- estaba formado por Miguel Miniño, Biel Oliver, Andreu Marimon e Andreas Lindén.
Dende Noticias O Rosal, lembramos que o pasado 2014, Óscar e o seu equipo xa foran Campións de España.
Máis información, aquí.
O Rosal acolle o sábado 4 de abril o V Torneo Fútbol Infantil U.D. Ribera
O Estadio Municipal da Mata (O Rosal) acollerá este sábado 4 de abril o V Torneo Fútbol Infantil U.D. Ribera coa participación dos seguintes equipos:
Pontevedra C.F. (gañador da última edición)
Pabellón Ourense C.F.
Porriño Industrial F.C.
E.D. Val Miñor
Sporting Guardés
Coruxo F.c.
C.D. Areosa
U.D. Ribera (anfitrión)
Máis información aquí.
19 mar 2015
O coro Ecos do Folón de Fornelos cantará na misa de San José en Novás
Este venres 20 de marzo, a partir das 12:30 horas o coro Ecos do Folón (Fornelos-O Rosal) que dirixe Jorge Fernández González actuará en Novás con motivo das Festas na honra de San José.
Máis información desta festividade, aquí.
10 mar 2015
O día 20, Concerto "Inspiracións" da banda da Agrupación Musical do Rosal
Informa: Agrupación Musical do Rosal
O vindeiro día 20 de marzo ás 18:30 horas terá lugar un concerto no Auditorio a cargo da banda de música da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Carlos Ramón Pérez.
O concerto leva por nome "Inspiracións" e consta dun programa variado centrado en dúas das principais fontes de inspiración para os autores de música de banda: a inspiración nos clásicos e a inspiración na música de jazz.
Interpretaranse obras de James Barnes, Alfred Reed, Jacob de Haan, Robert Jager, J.S. Bach, J. Vicente Egea e Eric Whitacre.
8 mar 2015
Festas de San José en Novás no XX aniversario da publicación do seu libro
O xoves 19 de marzo, coa apertura da cantina ás 22:00 horas, dará comezo a Festa de San José na xuradía de Novás.
O venres 20 de marzo celebrarase a misa na honra do santo ás 12:30 horas, sendo cantada polo coro Ecos do Folón.
A cantina estará aberta en compaña dun "pulpeiro".
Este 2015 cúmprense 20 anos da publicación do libro Ermita de San José de Ventosela. Apuntes históricos, da autoría do investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.
A obra comeza cunha particular dedicatoria: "vaya en homenaje y recuerdo del carísimo amigo Perfecto Álvarez Rivero, excepcional devoto de San José y preocupado siempre por la solemnidad del culto anual al Santo Patrono de Novás y de la conservación de la capilla de Ventosela"
O motivo desta primeira monografía sobre a historia dunha ermida rosaleira foi, segundo se reflicte no libro, "conmemorar el III centenario de la Fundación de la Capellanía y Capilla de San José de Ventosela".
5 mar 2015
Actuación do grupo de baile Xamaraina no Auditorio Municipal do Rosal
O grupo de baile Xamaraina, ao igual que o pasado ano 2014, volverá a actuar no Auditorio do Rosal con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Muller. A cita, este sábado 7 de marzo ás 20:00 horas.
Os Muíños do Folón-Picón, protagonistas dun documental de Miño Films
5.3.15
Cristóbal Coímbra, Documental Muíños do Folon-Picon, Miño Films, Muíños do Folón e Picón
Comentar
DOCUMENTAL SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN
O conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do
Folón-Picón (O Rosal, Pontevedra) será o protagonista dun documental que xa se
atopa na fase de gravación e que conta –entre outros- coa colaboración do
Concello do Rosal, da Comunidade de Montes de Santa Mariña e de O.L.V.R.
Coordinado pola produtora audiovisual rosaleira Miño Films,
o documental pretende “divulgar e dar a coñecer este patrimonio dos nosos
antepasados. Contribuir ao non esquecemento e posta en valor dun enclave dunha
excepcional categoría, único no mundo”.
A rodaxe, que comezou en novembro do pasado ano, continuará
ata finais do 2015 con gravacións durante todas as estacións do ano, con
entrevistas a muiñeiros, escritores, aventureiros,
visitantes “e todas aquelas persoas que tiveron algo que ver en que este
conxunto sexa un referente, cando menos, no Baixo Miño e en Galicia”.
Hai uns días
o proxecto publicouse en internet, nunha plataforma para proxectos creativos
coa intención de conseguir financiamento. Dende Miño Films anímase a ser
partícipe deste documental, agasallando con diferentes recompensas, para quen
desexe colaborar, que van dende o agradecemento nos créditos finais ata
camisetas, DVDS, ceas para dúas persoas, rutas guiadas polos Muíños e mesmo
reserva de butaca dobre na súa estrea.
http://www.verkami.com/projects/10984-documental-muinos-do-folon-picon.
"La Caixa" ES94 2100 4959 3321 0022 8834
Todo o
relacionado co documental dos Muíños do Folón-Picón pódese ver nos seguintes
enlaces:
Blog: http://www.documentalmuinhos.blogspot.com.es
En facebook.
Documental Muíños do Folón-Picón:
https://www.facebook.com/documentalfolonpicon
Máis
información: minhofilms@gmail.com
4 mar 2015
"Os Broders" ofrecerán este sábado 7 un concerto no Bar A Competencia
4.3.15
Comentar
Foto: Os Broders
Este sábado 7 de marzo o Bar-Tapería A Competencia, rexentado por José Enrique Rodríguez Vicente, acollerá a partir das 21:30 horas un novo concerto do grupo musical "Os Broders", que chegarán á nosa vila dende o Barco de Valdeorras (Ourense). A entrada é libre.
O Acanor Novás encoméndase en O Rosal "á mellor afección da categoría"
POLA MÍNIMA
Informa: Acanor Atlético Novás
Así se levan decidido os dous compromisos que disputaron
Acanor Novás e Balonmán Cisne ata o de agora. No torneo estival que organiza o
equipo rosaleiro ambos conxuntos acadaron a final, que se resolveu pola mínima (27-26), a prol dos
locales. Na primeira volta da competición doméstica a palma levousa a entidade
que preside por enésima tempada, Santiago Picallo (26-25).
Era a oitaba xornada e con esa derrota o Novás sumaba a
terceira consecutiva e a cuarta da tempada, deixando o equipo nunha novena
posición a sete puntos dos postos que dan o billete ao sector, moi lonxe das
expectativas creadas.
A pesar dos dous puntos perdidos, os de Modesto viñeron de
volta coa sensación de que mereceron máis. E é que realizaran un gran encontro e
tiveron varias ocasións de, a lo menos, conseguir un punto, pero a presión
creada pola necesidade de vencer dados os resultados os interiores, impediron
un premio que mereceron.
Sen embargo, ese encontro marcou un antes e un despois. Logo
de esa derrota, o Acanor non volveu a coñecer ese amargo sabor e cumplese unha
volta na que tan sólo cedeu un punto, en Chapela, e as opcións de sector foron
crecendo ao par que melloraba o xogo do equipo, ata o punto de ocupar
actualmente a terceira posición empatado a puntos co segundo clasificado, Seis
do Nadal.
Para dous xogadores, un en cada equipo, o compromiso
deste sábado será especial porque se enfrentan aos seus ex-equipos. Do lado
local Kevin García e enfronte, Carlos Rodríguez, canteirán, que
por segundo ano defende a camiseta da escuadra pontevedresa, a sua primeira
experiencia como senior fóra do Rosal, que califica 'de forma moi positiva, xa
que as novas experiencias sempre veñen ben. Ademais no deportivo agora mesmo non pode ir mellor. Estou moi contento e teño moita sorte de estar aquí. Estanme a
tratar xenial e é de agradecer'.
Sobre o momento no que chega o Acanor á cita, para Kevin,
que vestiu a elástica do Cisne fai xa 13 anos, 'claro que cambiou. Levamos unha
moi boa traxectoria, non só na clasificación se non tamén no xogo, e sería
importante continuala este sábado. Pola súa parte, seguen na mesma liña, non
tiveron alti baixos en toda a campaña e seguro que saen ao 100%'.
Todo apunta a que volverá a ser un partido moi igualado, no
que 'a afección, que está a demostrar
que é a mellor da categoría e en todo momento está aí, xogará un papel
importante. Se seguimos así e co seu apoio teremos moitas opcións de doblegar ao
líder'.
Un líder que se está a amosar máis sólido cada xornada que
pasa. Sólo cedeu dous puntos no que vai de campaña, pero 'Charli' non se fía.
'Matemáticamente non hai ningún equipo clasificado. É certo que estamos nunha
moi boa posición pero todavía pode pasar de todo, e ata o sexto cualquera pode
meterse'.
Kevin tamén pensa que 'será moi dificil que o primeiro posto se lle escape aos de Edín. Tiñan que facer todo mal agora de golpe, e non creo que se dea o caso. A segunda praza si pode ser outro cantar'.
El máis que ninguén, agarda de forma 'especial este
encontro. Ademáis de con moito respeto. Nunca é doado xogar contra o Novás e
menos na súa cancha'.
Cabe recordar que o partido deste sábado será ás 20:00 h,
logo do convenio co Mecalia Guardés.
Xa profundizando na plantilla rival, o que máis teme o gardarredes rosaleiro 'é a comunión que lograron formar. Teñen un grupo que aúna
experiencia e xuventude e conseguiron unificala de maneira óptima, e está a
verse reflectido no campo. Ademais hai xogadores que marcan diferencias en
momentos puntuales, como Rafa Dasilva ou a portería'. Mención especial para o sexto
máximo goleador do grupo, 'Andrés Sánchez, un xogador con menos nome pero que
está a facer un ano espectacular. Ademais de ter gol é moi completo, está
axudando moito aos seus'.
A excepción de Dani Puente, lesionado precisamente ante o
Novás, Edín terá a todos os seus efectivos disponibles para este sábado,
incluída a súa última incorporación, Bruno Montesinos, ex xogador do Cisne que
actualmente militaba nas filas do Rasoeiro, e que chegou para fortalecer a parcela
defensiva.
O que si podería chegar para a cita tan complicada é David
Lechuga, alonxado das pistas toda a segunda volta por unha lesión de xeonllo e
que apura os últimos prazos da sua recuperación, e que se uniría a unha lista
na que Manu Martínez e Arkaitz Vargas tamén están totalmente recuperados.
O club agarda unha gran entrada, coma sempre nestes
encontros, e cunha afección novamente ilusionada coa posibilidade de xogar
un novo sector, aínda que polo momento, dende a directiva amósanse cautelosos.
Resto de encontros
A excepción de alevíns, que descansarán este fin de semana, e
o equipo de autonómica, que se despraza a Chapela (sábado, 20:00 h), todas as
categorías disputarán os seus compromisos en O Rosal. Os primeros, o Muebles
Costa (infantil), que quere olvidar a derrota do sábado. E pola tarde, antes do
prato forte, Vintanox (cadete) e Xanelux-Novo Portiño (xuvenil), reciben aos
seus homólogos do Moaña.
Dende hai un par de semanas, na pista do Municipal lucen
vinilos coa imaxe corporativa de varios colaboradores.
A clínica de fisioterapia Altair Rodríguez Castro, con local
en A Gándara (A Guarda) e con persoal experimentado e en contínua formación, e
Alfinox, empresa especializada en construcións metálicas e que conta con obreiros experimentados, firmaron un convenio de
colaboración co club para este 2015.
Non son os únicos, xa que a hostelería tamén tendeu a man ao
Acanor Atlético Novás. A Bocatería Barros, con locales en A Guarda e Sandián, é un punto de encontro dende primeira hora da mañá ata altas horas; o
Restaurante Area Grande, que reside na praia que recibe ese mesmo nome, ideal
para menú do día ou cunha carta cos mellores peixes e mariscos.
Tamén na praia, esta vez en Camposancos, o Hotel El Molino e a adega que recibiu o premio ao mellor viño galego de 2014, Quinta de Couselo.
A Xunta Directiva quere agradecer o apoio amosado.
3 mar 2015
Parabéns á rosaleira Argentina Álvarez Vicente, que vén de cumprir 100 anos
3.3.15
1 comentario
Segundo lemos na páxina web municipal, "a rosaleira Argentina Álvarez Vicente, foi homenaxeada e felicitada polo Concello do Rosal o venres 27 de febreiro con motivo do 100 aniversario do seu nacemento (27-2-1915).
Ata a casa de Argentina en Pancenteo (Marzán) se achegaron a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso e a responsable de Cultura, Charo Tabales Perozo.
A nosa veciña centenaria, nun sinxelo pero emotivo acto coa súa familia, foi obsequiada, en nome de todos os rosaleiros/as, cunha fermosa figura de porcelana e un ramo de flores.
¡Parabéns Argentina por eses 100 aniños!"
¡Dende Noticias O Rosal sumámonos a estaa felicitación!
Reportaxe fotográfica da "Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo"
Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica realizada polo guía rosaleiro nesta "1ª Andaina de Santa Cruz A San Lourenzo", organizada conxuntamente polos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.
Vitoria de Gabriel Marcelli en Lleida no Campionato de España de Trial
Foto: Gabriel Marcelli // J.C. Vázquez
O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, en categoría júnior, vén de conseguir unha vitoria na proba celebrada esta fin de semana en La Clua de Basella (Lleida), valedeira para o "SPA RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015".
Foto: J.C. Vázquez
Velaquí vos deixamos un enlace coa crónica deste evento, publicada na web oficial da Federación Galega de Motociclismo.
¡¡Dende Noticias O Rosal, unha vez máis, parabéns Gabriel!!