DOCUMENTAL SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN
O conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do
Folón-Picón (O Rosal, Pontevedra) será o protagonista dun documental que xa se
atopa na fase de gravación e que conta –entre outros- coa colaboración do
Concello do Rosal, da Comunidade de Montes de Santa Mariña e de O.L.V.R.
Coordinado pola produtora audiovisual rosaleira Miño Films,
o documental pretende “divulgar e dar a coñecer este patrimonio dos nosos
antepasados. Contribuir ao non esquecemento e posta en valor dun enclave dunha
excepcional categoría, único no mundo”.
A rodaxe, que comezou en novembro do pasado ano, continuará
ata finais do 2015 con gravacións durante todas as estacións do ano, con
entrevistas a muiñeiros, escritores, aventureiros,
visitantes “e todas aquelas persoas que tiveron algo que ver en que este
conxunto sexa un referente, cando menos, no Baixo Miño e en Galicia”.
Hai uns días
o proxecto publicouse en internet, nunha plataforma para proxectos creativos
coa intención de conseguir financiamento. Dende Miño Films anímase a ser
partícipe deste documental, agasallando con diferentes recompensas, para quen
desexe colaborar, que van dende o agradecemento nos créditos finais ata
camisetas, DVDS, ceas para dúas persoas, rutas guiadas polos Muíños e mesmo
reserva de butaca dobre na súa estrea.
http://www.verkami.com/projects/10984-documental-muinos-do-folon-picon.
"La Caixa" ES94 2100 4959 3321 0022 8834
Todo o
relacionado co documental dos Muíños do Folón-Picón pódese ver nos seguintes
enlaces:
Blog: http://www.documentalmuinhos.blogspot.com.es
En facebook.
Documental Muíños do Folón-Picón:
https://www.facebook.com/documentalfolonpicon
Máis
información: minhofilms@gmail.com
0 comentarios:
Publicar un comentario