Mostrando entradas con la etiqueta OMIX do Rosal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OMIX do Rosal. Mostrar todas las entradas
14 dic 2015
A II Carreira Popular San Silvestre O Rosal será o 31 de decembro de 2015
A II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal 2015 terá lugar o xoves 31 de decembro, organizada polo Concello, coa colaboración do Comercio da vila.
Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es
27 abr 2015
Relación de actividades gratuítas en maio para a mocidade en O Rosal
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural
Estas son algunhas das actividades gratuítas para a mocidade, dirixidas a "mozos e mozas maiores de 12 anos".
Estes obradoiros realizaranse de 17 a 19 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.
Máis información no teléfono 986 62 50 00.
28 ene 2015
Pensa en ti: Curso culinario da Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un "Curso de Tapas, Petiscos e Canapés" a través do Programa Pensa en Ti da Deputación de Pontevedra.
O curso terá unha duración de 30 horas e o prezo por persoa é de 6 euros. Comezará mañá xoves 29 de xaneiro, de 19 a 22 horas.
Aínda quedan prazas vacantes, así que se te interesa facer este curso chama aos seguintes teléfonos: 677 431 318 // 696 865 315.
12 nov 2014
A I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal" celebrarase o 31 de decembro
Segundo comunica no seu perfil de facebook o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o 31 de decembro deste ano ás 11:00 horas, celebrarase na vila a I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal".
Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o propio Concello, coa colaboración do Comercio do Rosal, será "unha actividade fundamentalmente lúdica e familiar, non competitiva".
Estas son as bases, regulamento e os diferentes premios que aporta o Comercio do Rosal para o seu sorteo.
P.D.: A ENTREGA DE DORSAIS REALIZARASE DE 10.00 A 10.45. A SAÍDA PARA OS CORREDORES SERÁ ÁS 11.000 HORAS E OS QUE QUEIRAN IR ANDANDO COS SEUS FILLOS, AVÓS....E NON QUEIRAN IR CORRENDO, SAIRÁN ÁS 11.30 CUN PERCORRIDO MÁIS CURTO
P.D.: A ENTREGA DE DORSAIS REALIZARASE DE 10.00 A 10.45. A SAÍDA PARA OS CORREDORES SERÁ ÁS 11.000 HORAS E OS QUE QUEIRAN IR ANDANDO COS SEUS FILLOS, AVÓS....E NON QUEIRAN IR CORRENDO, SAIRÁN ÁS 11.30 CUN PERCORRIDO MÁIS CURTO
¿A QUE ESTADES ESPERANDO? ESPERÁMOSVOS Ó FINALIZAR CUNHA CHOCOLATADA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES E UN MONTE DE PREMIOS A SORTEAR ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES. RECORDADE QUE PODE PARTICIPAR TODO O QUE QUEIRA. AMPLIAMOS O PRAZO ATA O 19 DE DECEMBRO ¡¡¡¡¡¡
11 nov 2014
Nova campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR)
11.11.14
Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), José Martínez González (Pepe Berdeal), OMIX do Rosal
Comentar
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural
A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), presidida por José Martínez González (Pepe Berdeal) distribuiu 10.000 boletos entre todos os comercios asociados para agasallar aos seus clientes.
A campaña consiste nun gran sorteo que se celebrará o vindeiro 9 de xaneiro e no que poderán gañar vales de compra e unha cesta de nadal.
10 oct 2014
Paula Sousa Vaquero, gañadora do VIII Certame Fotográfico Viaxando
Paula Sousa Vaquero. (Foto: OMIX Tomiño)
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, a gañadora do VIII Certame de Fotografía Viaxando é a goianesa Paula Sousa Vaquero.
A exposición itinerante está no Porriño e chegará a O Rosal a principios do 2015. Lembramos que este concurso anual está organizado conxuntamente polas OMIX dos concellos de Porriño, O Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar e o Espazo Xove de Tui.
8 oct 2014
Curso en O Rosal para obter o diploma de "Monitor de Fútbol de Base"
Fonte: Información Xuvenil e ASC do Rosal
MONITOR DE FÚTBOL DE BASE
Convoca. Concello do Rosal xunto coa Federación Galega de Fútbol e a colaboración da U.D.Ribera.
Contido: Este curso conduce á obtención do diploma federativo de “Monitor de Fútbol de Base” avalado pola Escola Nacional de Entrenadores da RFEF. Recordamos que a partir da temporada 2015-2016 será requisito obrigatorio ter este título para entrenar a calquera equipo de base.
O curso ten un custe de 150€ e realizarase en dous ou tres días á semana ó final da tarde. O horario exacto será susceptible de cambios en función dos horarios de traballo dos participantes. As clases teóricas e prácticas realizaranse no Campo Municipal da Mata.
O curso terá unha duración aproximada de dous meses e iniciarase no mes de decembro.
Beneficiarios: Poden participar todas aquelas persoas interesadas sexan do concello que sexan. As prazas concederanse segundo a presentación por rexistro de entrada no concello da fotocopia do Dni e o xustificante de pago.
Prazo: O prazo de inscrición rematará o día antes do inicio do curso ou cando se esgoten as prazas.
Inscricións e información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 625000)
U.D.Ribera os luns e xoves de 18.00 a 20.00 h.
25 sept 2014
Actividades de pilates, zumba, pintura para nenos e adultos ou memoria
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, estas son algunhas das actividades propostas para comezar no mes de outubro e nas que aínda hai vacantes:
-Pilates
-Zumba
-Pintura para nenos e adultos
-Axilidade mental (memoria)
Para máis información poden chamar ao teléfono 986 62 50 00.
23 sept 2014
ACOR organiza un novo curso de manipulador de alimentos en O Rosal
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello, a Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) organiza un curso de manipulador de alimentos o venres 10 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas no Centro Social Polivalente.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo chamando ao teléfono 628 875 029.
7 abr 2014
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL PARA MAIO E XUÑO DE 2014
O Concello do Rosal organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa, que se realizará en tres fins de semana. Para máis información e inscricións poden contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 62 50 00).
CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE O ROSAL
24 e 25 de maio
Día 24 de maio: Tramo O Rosal-Ramallosa
Día 25 de maio: Tramo Ramallosa-Chapela
31 de maio e 1 de
xuño
Día 31 de maio: Tramo Chapela-Pontevedra
Día 1 de xuño: Tramo Pontevedra-Caldas de reis
7 e 8 de xuño
Día 7 de xuño: Tramo Caldas de Reis-Teo
Día 8 de xuño: Tramo Teo-Santiago de Compostela
Aproximadamente realizaranse 25 km cada día, excepto o 8 de
xuño que será a chegada a Santiago de Compostela. Prazas limitadas.
1 abr 2014
CONVOCADA A VIII EDICIÓN DO CERTAME FOTOGRÁFICO "VIAXANDO"
Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.
A Oficina Municipal
de Información Xuvenil do Concello do Porriño, convoca para este ano 2014 a 8º
edición do Certame fotográfico "Viaxando".
O obxecto de dito certame é a promoción de actividades varias
para mozos/as dentro dun traballo en rede que veñen realizando conxuntamente
varias OMIX pertencentes á Rede Galega de Información Xuvenil de Galicia (O Porriño, A Guarda, Baiona, Gondomar, Tomiño,
Salceda de Caselas, O Rosal) e o Espazo Xove de Tui.
TEMÁTICA
- A temática das
fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado cas viaxes
realizadas polos mozos/as participantes, primando a idea que emana do propio
nome do concurso ”Viaxando”.
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en
concurso único, mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode
presentar unha única fotografía. As fotografías presentadas poderán ser en cor
ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 25x30 ,
sempre pegadas sobre unha cartulina negra DIN A3.
- A fotografía deberá
ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada
noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír
terceiros.
- As fotografías
presentadas nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a
responsabilidade do autor/a.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía
entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada
fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título de dita
fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a
escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos,
enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
- As fotografías
entregaranse nas instalacions das OMIX do Porriño , A Guarda, Baiona, Gondomar,
Tomiño, Salceda de Caselas, O Rosal e no Espazo xove de Tui nos seús horarios
de atención ó público. O prazo comezará dende o día seguinte ao da publicación
das presentes bases no B.O.P. e rematará o 15 de setembro do 2014.
- Cando a fotografía se
presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da
Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas
e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por
fax ou telegrama ó concello correspondente ou Espazo Xove de Tui, o mesmo día
no que a presente.
XURADO E FALLO
- O xurado estará
composto por membros da Concellaría de Mocidade do Concello do Porriño, ou
persoas nas que deleguen, en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer
nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por
teléfono. Dito fallo farase público o 2 de outubro do 2014.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
Previamente a esta data, o xurado será nomeado mediante resolución da Alcaldía.
PREMIO
- Concederase un único
premio consistente nunha Tablet valorada en 236,85 euros.
EXPOSICIÓN
- Coas fotografías
presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá as
OMIX e o Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede,
inaugurandose oficialmente no Concello do Porriño o luns 6 de outubro ás 20:00
horas.
DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
- De conformidade co
previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen
prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ás Omix que levan a
cabo este traballo en rede e o Espazo Xove de Tui co carácter de exclusividade,
os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS
- A presentación dunha
fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en
calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ás OMIX
e ó Espazo Xove de Tui que forman parte deste traballo en rede, especialmente
no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos
exposicións, catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta no mes de novembro de 2015, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.
ACEPTACIÓN DAS BASES
- A participación neste
certame supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O
Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
CURSO DE INFORMÁTICA NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL
O vindeiro luns 7 de abril comezará no Centro Social Polivalente do Rosal un Curso de Informática dirixido a persoas que teñan coñecementos básicos na materia.
Celebrarase os luns e mércores de 10 a 11:30 horas, cun total de 9 horas. O prezo será de 12 euros.
Se estás interesado/a podes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, chamando ao teléfono 986 62 50 00.
7 mar 2014
PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DESTE 2014
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este luns 10 de marzo comeza o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de grao superior.
Pódese consultar o borrador da Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014 nesta ligazón.
25 feb 2014
CONVÓCANSE OS CURSOS CELGA 2014 NAS ESCOLAS DE IDIOMAS
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, "a Consellería de Educación convoca os cursos preparatorios dos CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2014.
Os cursos impartiranse entre marzo e maio.
O prazo de presentación será ata o 7 de marzo".
Máis información: 986 62 50 00.
19 feb 2014
PROBAS OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
PROBAS OBTENCIÓN GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Contido: Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
Requisitos:
- As persoas deben ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren matriculadas na ESO, na ESA ou no 2º curso dun PCPI
- Non estaren matriculadas na ESO, na ESA ou no 2º curso dun PCPI
Matrícula
- Convocatoria maio: do 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria maio: do 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
Realización das probas:
- 23 de maio de 2014
- 11 de setembro de 2014
- 23 de maio de 2014
- 11 de setembro de 2014
Información e inscricións nas probas no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. Teléfono: 986 625000
17 ene 2014
A OMIX DO ROSAL ORGANIZA UNHA VIAXE Á NEVE DO 7 AO 9 DE FEBREIRO
A OMIX do Concello de O Rosal organiza conxuntamente coas OMIX da Guarda, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas e Tomiño unha viaxe á NEVE.
Esta realizarase a fin de semana do 7 ao 9 de febreiro do 2014 á Estación de San Isidro en León e inclúe o autobús, os seguros de accidentes e RC, a estancia e numerosas actividades na neve.
Este é o programa:
Venres:
•16:00 h. - 22:00 --> Traslado Concello do Rosal– Estación San Isidro (León)
• 22:00 - 22:30 --> Asignación de apartamentos e instalación de maletas
• 22:30- 00:00 --> Cea no Restaurante Toneo
Sábado:
• 08:00 - 08:30--> Almorzo no Restaurante Toneo
• 08:30 - 10:30 --> Asignación de material de esquí/snow e de monitores
• 10:30 - 13:30 --> Clase de Esquí en grupo co monitor da escola oficial
- 13:30 - 14:30 --> Comida en pistas
• 14:30 - 16:45 --> Esquí libre
• 16:45 - 18:00 --> Tempo libre para ducharse e descansar
• 18:00 - 21:00 --> Visita á Casa del Parque e Torreón, ou Museo de la Fauna Salvaje (optativo, solicitar prezos)
• 21:00 - 22:30 --> Cea no Restaurante Toneo
Domingo:
• 08:00 - 09:00 --> Almorzo no Restaurante Toneo
• 09:00 - 09:30 --> Traslado a pistas de esquí
• 09:30 - 12:30 --> Clase de Esquí en grupo con monitor da escola oficial
• 13:00 - 14:00 --> Comida no Restaurante Toneo
• 14:00 - 17:00 --> Duchas e saída dos apartamentos
• 17:00 – 22:00--> Traslado San Isidro (León) – Concello do Rosal
19 nov 2013
CONCURSO DE BELÉNS. O ROSAL 2013
Yolanda González Freitas recibe un premio na edición de 2009*
O Rosal celebra unha nova edición do seu "Concurso de Beléns". Tal e como reza o cartel anunciador que nos remite o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e a técnica empregada serán libres.
Haberá tres categorías, cun único premio para cada unha:
Infantil: ata os 12 anos.
Xuvenil: dos 13 aos 17 anos.
Adulto: a partir dos 18 anos.
Un lote de libros adecuado ao participante gañador/a (categoría infantil e xuvenil).
Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal (categoría adulto).
O prazo e lugar de inscrición dos Beléns: ata o día 10 de decembro no Concello do Rosal. Máis info: 986 62 50 00.
*Na categoría infantil-xuvenil de 2009, o Belén gañador cun lote de libros foi “Outro xeito de mirar a televisión”, presentado polo Grupo de Iniciación Musical da Agrupación Musical do Rosal. Yolanda foi a encargada de recoller o premio.
24 oct 2013
XORNADAS NO ROSAL PARA APRENDER A TÉCNICA E COIDADO DOS BONSAIS
A Casa de Oficios da Mata acollerá os días 30 de novembro, 14 e 21 de xaneiro unhas xornadas sobre bonsais, en horario de 16 a 20 horas.
Tal e como reza o cartel, estas xornadas, nas que se aprenderá a técnica de creación e o coidado dos bonsais, serán gratuítas, agás "o material empregado para o correto desenvolvemento do curso" que correrá a cargo do alumno.
Para máis información e inscricións podedes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal no teléfono 986 62 50 00.
23 oct 2013
O MUÍÑO DAS ACEÑAS (O ROSAL) ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE COGOMELOS
Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro sábado 23 de novembro de 9 a 14 horas terá lugar no Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón-O Rosal) unha xornada sobre cogomelos.
Haberá unha charla formativa, con saída de campo e clasificación dos mesmos incluída.
As prazas son limitadas (20) e o prezo para participar, 10 euros.
Más información e inscricións: 986 62 50 00.
6 oct 2013
CARMEN DÍAZ DEL RÍO NÚÑEZ-TORRÓN, GAÑADORA DO 7º CERTAME "VIAXANDO"
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural // Concello do Rosal
O día 3 de outubro, ás 9.45 no Concello do
Rosal, reuniuse o tribunal cualificador para seleccionar a fotografía gañadora
do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes
OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño,
Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.
O xurado formado polos fotógrafos Florencio Rubio
Silva, Naomi Brey e o responsable das páxinas de información Noticias O Rosal,
Juan Ramón Martínez Barbosa, seleccionaron
como gañadora, de entre máis de 40 fotografías, a foto titulada Mausoleo, Ho
Chi Minh, Hanoi, da moza Carmen Díaz del Río Núñez-Torrón que presentou a
súa fotografía na OMIX de Gondomar.
As fotografías poderán ser visitadas a partir do
día 18 de outubro no Concello do Rosal, data na que se entregará o premio á
gañadora, consistente nunha tablet, e no que se inaugurará a exposición que,
como tódolos anos, realizará un percorrido itinerante polos concellos
participantes no certame do seguinte xeito: outubro no Rosal, novembro na Casa
de Xuventude de Tui, decembro en Tomiño, xaneiro na Guarda, febreiro Baiona, marzo ou abril en Porriño, maio en Salceda de Caselas, finalizando en Gondomar
no mes de xuño.



































