Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal organiza un "Curso de Tapas, Petiscos e Canapés" a través do Programa Pensa en Ti da Deputación de Pontevedra.
O curso terá unha duración de 30 horas e o prezo por persoa é de 6 euros. Comezará mañá xoves 29 de xaneiro, de 19 a 22 horas.
Aínda quedan prazas vacantes, así que se te interesa facer este curso chama aos seguintes teléfonos: 677 431 318 // 696 865 315.
0 comentarios:
Publicar un comentario