Informa: Concello do Rosal.
Fotografías: Arquivo de Noticias O Rosal (2008)
O vindeiro domingo 25 de xaneiro celebrarase en Marzán a Romaría na honra de San Vicente.
Dende primeiras horas da mañá, haberá musica ambiental a cargo de Electrosil.
A partir das 10:00 horas, actuación do grupo de gaitas "Os Pelouros", de A Guarda.
Durante a Romaría serviranse "deliciosos callos caseiros".
A Misa Solemne, con Sermón e Procesión, celebrarase ás 12:00 horas, acompañada pola Coral da Agrupación Musical de O Rosal.
Rematada a Misa, tradicional "Subasta de produtos típicos de O Rosal".
Unha salva de bombas porá punto e final a esta Romaría.
0 comentarios:
Publicar un comentario