Informa: Agrupación Musical do Rosal
A Agrupación Musical do Rosal convídalles a asistir ao Festival Solidario pola Paz que terá lugar este domingo día 1 de febreiro ás 18,00 h. no Auditorio do Rosal. A Agrupación organiza este acto con motivo da celebración do "Día Escolar da non violencia e da paz" que se conmemora todos os 31 de xaneiro.
Ademais o acto será por unha causa benéfica xa que o lema do festival é "1 kg. de alimentos por unha entrada". Pedímoslle ao público que asista que traia 1 kg. de alimentos non perecedeiros que serán destinados á asociación Conrazones que axuda a máis de 90 familias do Baixo Miño, e que está realizando unha gran labor (os alimentos que máis necesitan son leite, cacao e galletas).
No festival participarán de maneira totalmente solidaria e gratuíta os grupos Airiños Novos de Pinzás, o dúo Cuarto Izquierda, Xamaraina (baile moderno), o cantautor Tino Baz e os Coros da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Non vos perdades esta cita, é por unha boa causa!!
0 comentarios:
Publicar un comentario