Mostrando entradas con la etiqueta A Guarda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Guarda. Mostrar todas las entradas
22 ene 2016
Marzán acolle o domingo 24 de xaneiro a Romaría na honra de San Vicente
22.1.16
A Guarda, Coral da Agrupación Musical do Rosal, Marzán, Os Pelouros, Romaría de San Vicente, Tomiño
Comentar
A Romaría de San Vicente (Marzán-O Rosal) celebrarase este domingo 24 de xaneiro de 2016.
Dende primeiras horas da mañá, haberá música ambiental a cargo de Electrosil de Tomiño. A partir das 10:00 h, actuación do grupo de gaitas Os Pelouros (A Guarda). Durante a Romaría, serviranse "deliciosos callos caseiros".
A misa solemne con sermón e procesión, será ás 12:00 horas, acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
Rematada a misa, tradicional subasta de produtos típicos do Rosal, con salva de bombas que porá punto e final á Romaría.
18 ene 2016
Nace a BTT do Atlántico cun circuito polos montes da Guarda, Oia e O Rosal
18.1.16
10 K O Rosal. Feira do Viño, 15k do Atlántico, A Guarda, BTT do Atlántico, O Rosal, Oia, Serafín Martínez Acevedo (ciclista), Ximnasio Excalibur
Comentar
Informa: Qualité Sport
A primeira edición da marcha BTT do Atlántico inicia o vindeiro mércores 20 de xaneiro o seu período de inscricións.
Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.
As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com, de forma presencial no ximnasio Excálibur do Rosal ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.
A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosaleiro Serafín Martínez, declarou que “con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal”.
A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.
16 dic 2015
A rosaleira Eva Baz Cerqueira presenta unha comunicación en Barcelona
A rosaleira Eva María Baz Cerqueira (á esquerda da imaxe) vén de realizar unha tesina de final de carreira sobre a arquitectura mariñeira no barrio da Marina en A Guarda, co título Barrio de A Marina. Descaracterización o evolución.
Segundo confesa a Noticias O Rosal, Eva escolleu a realización deste traballo "por sentirme identificada con este lugar, xa que parte das miñas raíces están na Marina".
Eva María Baz, xunto coa súa compañeira lusa Renata Sousa Monteiro, que realizou o traballo A rua e as meias casas de pescadores de Caminha, elaboraron unha comunicación para participar nas "XXXVIII Jornadas Internacionales sobre la Intervención en el Patrimonio Arquitectónico" que se celebran dende mañá, xoves 17, ata o domingo 20 de decembro en Barcelona.
A organización corre a cargo do Col·legi d'Arquitectes de Catalunya e a Agrupació d'Arquitectes per a la Defensa i la Intervenció en el Patrimoni arquitectónica, este ano centrándose na "Arquitectura Tradicional: Essència o Forma".
O obxectivo desta intervención é dar a coñecer entre as dúas participantes "o patrimonio que temos, e que en moitos casos non valoramos, evaluando os procesos evolutivos das casas mariñeiras tanto en A Guarda como en Caminha, para poñer en cuestión en que momento se pode chegar a perder por completo este patrimonio, non protexido".
Tanto Eva, a nosa veciña do Rosal, como a súa compañeira caminhense Renata, cren que é necesaria "a concienciación tanto da comunidade mariñeira como das partes intervintes para a protección, tanto do patrimonio material como inmaterial, para que así pervivan a memoria e con ela a identidade".
¡Dende Noticias O Rosal, noraboa a Eva e a Renata e moita sorte!
3 mar 2015
Reportaxe fotográfica da "Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo"
Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe fotográfica realizada polo guía rosaleiro nesta "1ª Andaina de Santa Cruz A San Lourenzo", organizada conxuntamente polos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.
3 feb 2015
I Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda, O Rosal, Goián-Tomiño)
O sábado 21 de febreiro celebrarase a "I Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda-ORosal-Goián, Tomiño)" cunha distancia de 13 km.
Tal e como reza o cartel, a saída será ás 9:30 horas dende o Castelo de Santa Cruz (A Guarda).
A inscrición -que é gratuíta- pode facerse nos respectivos concellos, organizadores deste evento, ata o 16 de febreiro.
Máis info:
Concello da Guarda (986 61 45 46)
Concello do Rosal (986 62 50 00)
Concello de Tomiño (986 62 20 01)
2 feb 2015
O rosaleiro Sergio R. Rodríguez "Trinta" crea a Liga de Fútbol de FIFA 15
2.2.15
A Guarda, Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta, Sergio Rodríguez "Trinta", Torneos
Comentar
O emprendedor rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños, sito no lugar da Gándara (Salcidos-A Guarda) vén de crear a Liga de Fútbol de FIFA15 para todas as idades e públicos.
A competición, que se xogará na plataforma PlayStation3, con premios segundo inscricións, comezará este venres 6 de febreiro, sendo o último día para anotarse o mércores día 4 ás 21:00 horas no local, cando se realice a presentación e os sorteos dos equipos.
En palabras de Sergio "Trinta" -organizador da Liga- a Noticias O Rosal, "queremos que los que se apunten se lo pasen genial con uno de nuestros juegos preferidos de siempre, el Fifa. Animo a pequeños y mayores a venir a conocernos y pasar un buen rato aquí, en Os Seixiños".
¿Como anotarse? A inscrición para todo o campionato é de tan só 5 €. Se tes algunha dúbida ou queres máis información, pásate polos "Seixiños" ou chama ao teléfono 986 61 01 39.
En palabras de Sergio "Trinta" -organizador da Liga- a Noticias O Rosal, "queremos que los que se apunten se lo pasen genial con uno de nuestros juegos preferidos de siempre, el Fifa. Animo a pequeños y mayores a venir a conocernos y pasar un buen rato aquí, en Os Seixiños".
¿Como anotarse? A inscrición para todo o campionato é de tan só 5 €. Se tes algunha dúbida ou queres máis información, pásate polos "Seixiños" ou chama ao teléfono 986 61 01 39.
5 nov 2014
O Grupo Mascarenhas organiza o día 23 un Festival de Acordeóns en O Rosal
(Foto: Grupo Mascarenhas / facebook)
O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro domingo 23 de novembro, a partir das 18:00 horas, un Festival de Acordeóns en honor a Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas* da vila da Guarda.
*Dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez forman o Grupo Mascarenhas: Juan Bande, Víctor Valcárcel, Daniel Vilanova, Iván Rodríguez, Rocío Lomba, Sandra Pérez, Ana Portela, Fátima Daval, Natalia Fernández, Susana Chaver e Raquel Rodríguez.
14 ago 2014
Concerto de Guille Verde & Eric Barceló no Porto de A Guarda (15 de agosto)
Este venres 15 de agosto, ás 12:00 horas da mañá, terá lugar no Porto de A Guarda o concerto do cantante e guitarrista guardés Guille Verde, acompañado polo batería rosaleiro Eric Barceló.
Música en directo e ao aire libre destes dous rapaces, que coa súa simpatía e bo facer están encandilando ao público do Baixo Miño nas numerosas actuacións que están ofrecendo nos últimos meses polos locais e festivais da zona.
7 jul 2014
O Campionato de Galicia de Contrarreloxo, este sábado 12, en O Rosal
Este sábado 12 de xullo a partir das 15:00 horas celébrase o Campionato de Galicia de Contrarreloxo con saída e chegada na Praza do Calvario.
Organizado polo Club Ciclista O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez, o evento tamén percorrerá os concellos de A Guarda e Tomiño.
Esta foi a presentación o venres 4 de xullo no Concello do Rosal.
Esta foi a presentación o venres 4 de xullo no Concello do Rosal.
23 may 2014
O GRUPO "COSA DE TRES" OFRECE O DÍA 26 UN CONCERTO NAS CARMELITAS
O grupo "COSA DE TRES" ofrecerá un concerto este luns 26 de maio no Colexio San José das HH Carmelitas de la Caridad (A Guarda) a partir das 16:00 horas. Na imaxe, de esquerda a dereita, Guille Verde (guitarra), Eva Piñel (voz) e o rosaleiro Eric Barceló (batería).
Esta actuación está enmarcada dentro dos actos do 188 aniversario da fundación de Santa Joaquina de Vedruna. A entrada é libre e gratuíta.
12 may 2014
VOTA POR JAVI DÍAZ E DANI CERQUEIRA PARA O "PARTIDO DAS ESTRELAS"
12.5.14
A Guarda, Dani Cerqueira (balonmán), Estela Doiro, Javi Díaz (porteiro de balonmán)
Comentar
Javi e Dani en 2012 cando xogaron no Rosal militando no Academia Octavio
Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o domingo 15 de xuño xógase en Ciudad Real o "Partido de las Estrellas" de balonmán, que enfrontará á selección española (masculina e feminina) cun combinado de estrelas da Liga Asobal.
Dende o club da vila pídese o voto para os rosaleiros Javi Díaz (porteiro do Villa de Aranda) e Dani Cerqueira (pivote do Frigoríficos Morrazo) para que poidan ser integrantes da selección das estrelas.
Podes votar por Javi Díaz (Javier Díaz Pérez) e por Dani Cerqueira (Daniel Cerqueira Rodríguez) -elixindo tamén a cinco xogadores máis- no seguinte enlace.
Foto: FDV / Ignacio Sáa
P.D.: A veciña da Guarda, Estela Doiro (na imaxe) e a súa compañeira do Mecalia Atlético Guardés, Isabel Cristina Maestro Sanz, tamén son elixibles para o combinado feminino.
21 feb 2014
TAPERÍA DE A GUARDA OFRECE TRABALLO A COCIÑEIRO/A CON EXPERIENCIA
Publicamos agora, a oferta inaugural de traballo no Baixo Miño.
Tapería de A Guarda (Pontevedra) precisa de cociñeiro/a con experiencia, para incorporación inmediata.
Valoraranse de forma positiva os coñecementos do candidato/a na elaboración de menús e tapas, así como en repostería.
Envía, pois, o teu currículum a emprego@noticiasorosal.es co asunto COCIÑEIRO/A TAPERÍA e faremos chegar a túa mensaxe canto antes á dita empresa.
20 feb 2014
MÁIS DE 600 ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
Este sábado 22 de febreiro levarase a cabo o
Campionato Galego de Campo A Través para persoas con discapacidade no Camping de Salcidos (A Guarda) a partir das 10.30h.
Participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca
(Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII
(Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San
Xerome (A Guarda).
Como novidade, cabe destacar que se realizará de forma
conxunta co Campionato Provincial de Cross escolar Xogade da Xunta, cun total
de 600 deportistas, nas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.
Onte
foi a súa presentación oficial en San Xerome, onde se ultimaron os detalles
para que esté todo listo para o sábado. Coa presenza do Delegado Provincial da
Xunta de Galicia, o alcalde da Guarda, o alcalde do Rosal, e
membros de San Xerome e diferentes clubes deportivos do Baixo Miño destacouse
“a importancia por apostar polo deporte recreativo, ese que nos fai mellores
persoas”.
Organiza: Secretaría Xeral para o Deporte, FEGADDI, S.
Xerome e S.A. do Trega. Patrocinan: Deputación Provincial, Concellos da
Guarda e do Rosal.
Colaboran: BRILAT, Camping Santa Tecla, Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e Eurobanan.
12 ene 2014
O BAR DO TRINTA ACOLLE ESTE XOVES 16 UN CONCERTO DE GUILLE VERDE
12.1.14
A Guarda, Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta, Concertos, Guille Verde, Música, Sergio Rodríguez "Trinta"
Comentar
Tal e como se pode ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños, inaugurado o pasado mes de decembro polo rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", o vindeiro xoves 16 de xaneiro terá lugar un concerto a cargo de GUILLE VERDE.
Dende Os Seixiños recálcase que "además de gastronomía y ofrecer ricas tapas, bocadillos, comidas o cenas, velaremos por la cultura del pueblo y también de la comarca del Baixo Miño, cediendo nuestro espacio a emprendedores, jóvenes artistas e instituciones... para exposiciones, conciertos, actuaciones..."
Evento: Concerto acústico do mozo guardés Guille Verde.
Lugar: Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta. (A Gándara-A Guarda).
Hora: A partir das 19:00 horas. Entrada gratuíta e libre.
3 dic 2013
AQUÍ NON PAGA NINGUÉN. TEATRO NA GUARDA CO GRUPO VÁMOLANDANDO
3.12.13
A Guarda, Anselmo Martínez Pena, Centro Cultural da Guarda, Teatro, Vamolandando Teatro
1 comentario
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
Se ben o pasado 28 de setembro o Auditorio do Rosal acollía o estreo da obra "Aquí non paga ninguén", do grupo Vámolandando Teatro, desta vez serán os asistentes ao Centro Cultural da Guarda quen teñan a oportunidade de disfrutar desta peza teatral, que dirixe Álex Sobrino.
A cita, este venres 6 de decembro ás 18:00 horas. Tal e como reza o cartel, a entrada é de balde.
22 nov 2013
FESTIVAL DE ACORDEÓN EN HOMENAXE A SANTA CECILIA, O SÁBADO 23 NO ROSAL
O Auditorio Municipal do Rosal acolle este sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, un Festival de Acordeón en homenaxe a Santa Cecilia, coa participación do "Quinteto Infantil de Acordeones", o "Cuarteto de Estudiantes del Acordeón (O Rosal)" e o "Grupo de Acordeones Mascarenhas".
Este evento está organizado pola Asociación Musical Mascarenhas de A Guarda coa colaboración do Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra.
13 jul 2013
A GUARDA, O ROSAL E TOMIÑO ACOLLEN O XX ENCONTRO DOS POBOS ORGANIZADO POLO GRUPO "DO LUSCO Ó FUSCO"
13.7.13
A Guarda, Baixo Miño, Do Lusco ó Fusco, Encontro dos Pobos, Tomiño, Vento Mareiro (A Guarda), Xamaraina (A Guarda)
Comentar
Os vindeiros días 19, 20 e 21 de xullo celébrase o XX Encontro dos Pobos, recoñecido festival folclórico internacional no Baixo Miño, organizado polo grupo Do Lusco ó Fusco.
Este evento conta coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño.
A GUARDA
O venres 19 de xullo ás 21 horas, no Auditorio de San Bieito actuarán Xamaraina (A Guarda), Vento Mareiro (A Guarda), Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Reuzegom (Bélxica) e KUD Klek Ogulin (Croacia).
O ROSAL
O sábado 20 de xullo ás 21 horas, no Auditorio Municipal, actuación de Do Lusco ó Fusco, KUD Klek Ogulin e Reuzegom.
TOMIÑO
O domingo 21 de xullo ás 21 horas, na Fortaleza de Goián, actuación de Virxe do Alivio (Tomiño), Do Lusco ó Fusco, Reuzegom e KUD Klek Ogulin.






































