A rosaleira Eva María Baz Cerqueira (á esquerda da imaxe) vén de realizar unha tesina de final de carreira sobre a arquitectura mariñeira no barrio da Marina en A Guarda, co título Barrio de A Marina. Descaracterización o evolución.
Segundo confesa a Noticias O Rosal, Eva escolleu a realización deste traballo "por sentirme identificada con este lugar, xa que parte das miñas raíces están na Marina".
Eva María Baz, xunto coa súa compañeira lusa Renata Sousa Monteiro, que realizou o traballo A rua e as meias casas de pescadores de Caminha, elaboraron unha comunicación para participar nas "XXXVIII Jornadas Internacionales sobre la Intervención en el Patrimonio Arquitectónico" que se celebran dende mañá, xoves 17, ata o domingo 20 de decembro en Barcelona.
A organización corre a cargo do Col·legi d'Arquitectes de Catalunya e a Agrupació d'Arquitectes per a la Defensa i la Intervenció en el Patrimoni arquitectónica, este ano centrándose na "Arquitectura Tradicional: Essència o Forma".
O obxectivo desta intervención é dar a coñecer entre as dúas participantes "o patrimonio que temos, e que en moitos casos non valoramos, evaluando os procesos evolutivos das casas mariñeiras tanto en A Guarda como en Caminha, para poñer en cuestión en que momento se pode chegar a perder por completo este patrimonio, non protexido".
Tanto Eva, a nosa veciña do Rosal, como a súa compañeira caminhense Renata, cren que é necesaria "a concienciación tanto da comunidade mariñeira como das partes intervintes para a protección, tanto do patrimonio material como inmaterial, para que así pervivan a memoria e con ela a identidade".
¡Dende Noticias O Rosal, noraboa a Eva e a Renata e moita sorte!
0 comentarios:
Publicar un comentario