Informa: Agrupación Musical do Rosal.
Por medio da presente informamos da programación que se vai realizar con motivo da celebración de Sta. Icía (patroa dos músicos) e das festas do Nadal.
Sábado, 5 de decembro
• 18,30 h. Misa na honra da nosa patroa na Igrexa Parroquial de Santa Mariña acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.
• 20,30 h. Concerto de Santa Icía a cargo da banda de música Agrupación Musical do Rosal coa incorporación dos novos músicos, baixo a batuta do seu novo director José Javier Bascoy Iglesias, que interpretarán un programa centrado na música de orixe celta e irlandesa.
• 22,30 h. Cea-Baile no Restaurante Juan - O Rosal. Prezo: 20,00 €
Menú: aperitivos, langostinos á prancha, carrilleiras de tenreira, postre, café e chupitos.
O importe da cea terá que ser aboado por todas as persoas que desexen asistir. Os interesados poden anotarse na oficina ata o día 2 de decembro.
Venres, 11 de decembro
• 20,30 h. Audición de adultos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Venres, 18 de decembro
• 20,00 h. Audición de alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Sábado, 19 de decembro
• 20,30 h. Audición de alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Domingo, 20 de decembro
• 18,00 h. Festival de Nadal a cargo do Coro Infantil, Coro de Voces Brancas Medio Tempo, Minibanda, Banda Infantil e nenas/os de Iniciación Musical. Durante o transcurso do acto realizarase a entrega dos premios do I Concurso Infantil de Carteis de Nadal. Tamén estarán expostos na entrada principal do auditorio os carteis dos gañadores e finalistas do concurso.
Sábado, 26 de decembro
• 19,00 h. Concerto de Nadal na Igrexa do Rosal a cargo da Coral da Agrupación Musical do Rosal (será ao rematar a misa diaria).
Domingo, 27 de decembro
• 17,00 h. Nestes momentos aínda non está confirmado (debido a un posible sorteo), pero posiblemente a Coral da Agrupación Musical do Rosal participará no XIII Concurso de Corais da Catedral de Tui.
Domingo, 3 de xaneiro
• 17,00 h. Igual que pasa coa Coral de Adultos todavía non está confirmado pero seguramente o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal participe no XVIII Concurso de Villancicos da Catedral de Tui.
Mércores, 6 de xaneiro
• 18,30 h. Concerto de Reis, a cargo da banda da Agrupación Musical do Rosal.
Informamos que como todos os anos dende a Agrupación xogamos na Lotería do Nadal, esta vez co número 15.668. Pódese adquirir na oficina e nalgúns establecementos da zona.
Tamén temos a venda de novo as tarxetas do xogo do Euromillón. Por tan só 4,00 € que custa cada tarxeta participará nos sorteos dos martes e venres durante todo un ano. ¡Non quedes sen ela!
0 comentarios:
Publicar un comentario