TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 dic 2015

O rosaleiro Raúl Fernández, Medalla de Bronce no Campionato de Galicia


Tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o pasado domingo 27 de decembro "disputouse en Ferrol o Campionato de Galicia de Ciclocross con dous novos podiums, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González".

Dende o CC. O Rosal recálcase que "Comezaba a categoría de Promoción e como xa vén sendo habitual o infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como o nome o di, ésta e unha categoría de promoción, polo que non lle foi adxudicado o Subcampionato de Galicia. O seu compañeiro Iago Álvarez chegaba un chisco máis retrasado e entraba no 7º posto".

"Continuaba a categoría Cadete e María Correa loitaba o indecible pero tiña que contentarse co 6º posto da clasificación, o mesmo que Mario Fernández quen tamén noutra grande loita, acadaba o 5º posto.

En Júnior os nosos representantes estaban ao nivel habitual e Xoel Villa entraba na 15ª posición, Adrián Santomé na 16ª i Ero Sobrino vítima de dous pinchazos, na 17ª.

En Féminas era Zaida a que nos voltaba a dar outra alegría ao conquistar ese Subcampionato que tanto loitou durante toda a carreira e que sen dúbida merecía. Parabéns Zaida".

Para rematar, afírmase dende o Club Ciclista O Rosal, "non podemos deixar de comentar que o "gran" Raúl Fernández agora enrolado no SuperFroiz, tamén se levaba a Medalla de Bronce en Sub23".


0 comentarios:

Publicar un comentario