31 may 2009
Especial III Feira de Oportunidades no Rosal
31.5.09
Comentar
Sucédense as peticións de rutas guiadas polos muíños do Folón-Picón e polo Rosal en xeral
31.5.09
Comentar
28 may 2009
Nova visita guiada aos muíños do Folón e Picón
28.5.09
Comentar
Autopsia, no Auditorio Municipal do Rosal
28.5.09
Comentar
O sábado 30 de maio ás 20:30 horas, nova proxección de cine no
Auditorio Municipal. Nesta ocasión a película é "Autopsia". Trátase dun film de suspense dirixido por Milagros Bará Viñas e producido por Aldea Films. Na imaxe, Isabel Blanco Picallo, unha das súas actrices protagonistas (foto: A.A.G.). O seu argumento, o seguinte: Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmá dunha das vítimas, involucrarao máis na investigación. Coa axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

27 may 2009
Contacontos de Sonia Fernández ao aire libre
27.5.09
Comentar
O curso de patchwork está a piques de rematar
27.5.09
Comentar
Segundo información que foi remitida á nosa redacción o curso da técnica de patchwork
(http://noticiasorosal.blogspot.com/2009/01/nova-clase-do-curso-de-patchwork.html) que se imparte no Centro Social Polivalente dende mediados de xaneiro rematará en breve. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica dunha das súas alumnas: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/ResultadosDoCursoDePatchwork#
26 may 2009
Animado curso de cociña na rúa Simón del Mazo
26.5.09
Comentar
Alumnos do Colexio Marcote de Vigo e do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña) visitan O Rosal
26.5.09
Comentar
Rematada esta ruta fixeron outro tanto do mesmo, con demostración en directo da conversión do millo en fariña, 35 nenos e nenas do CEIP A Igrexa-Calo de Teo (A Coruña).
25 may 2009
Un paseo polas actividades do Concello
25.5.09
Comentar
Actuación de Mascarenhas e o coro Cantábile
25.5.09
Comentar
24 may 2009
III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario
24.5.09
Comentar

O domingo 31 de maio e organizado pola Asociación de Comerciantes do Rosal (A.C.O.R.) celebrarase a III Feira de Oportunidades na Praza do Calvario. O seu horario será dende as 9:30 horas da mañá ata as 20:30 horas da tarde. Paralelamente -e a partir das 17:00 horas- haberá un obradoiro de debuxo. A todos os participantes se lles obsequiará cun agasallo.
23 may 2009
Nova proxección de cine no Auditorio Municipal
23.5.09
Comentar
O sábado 23 de maio e dentro do programa Cinemas Dixitais tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a proxección
da película Condenado a vivir, do director Roberto Bodegas e coa participación, entre outros, dos actores Ernesto Chao Pinto, Vicente Montoto, Cristina Pascual, Rosa Álvarez Cabo, María Bouzas, Mariana Carballal e Sonia Castelo. O film conta a historia de Ramón Sampedro, condenado a vivir deitado nunha cama por un accidente e que reivindica o seu dereito a morrer con dignidade. Un telefilme que se adiante en varios anos a Mar adentro de Alejandro Amenábar coa que establece unhas estrañas relacións. Unha película íntima que toca, de maneira ambiciosa, un tema arriscado como é a eutanasia.

Reportaxe do Día das Letras Galegas no Rosal
23.5.09
Comentar
A U.D. Ribera consegue o ascenso á 2ª Rexional
23.5.09
Comentar

22 may 2009
O club de montañismo Ártabros visitou O Rosal
22.5.09
Comentar


21 may 2009
O arqueólogo Alexi Rojas Guerra impartiu no Rosal un curioso obradoiro de pintura lítica
21.5.09
Comentar
Homenaxe ao mestre e poeta ourensán Xosé Carlos Gómez Alfaro na vila de Ribadavia
21.5.09
Comentar

celleiro de Cultura quen deu paso á intervención de Xoán Martínez Tamuxe, presidente do Instituto de Estudos Tudenses e amigo do finado, quen fixo unha breve semblanza biográfica de Gómez Alfaro. De seguido actuaron Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José Luis Chao, presidente do citado Centro de Estudos Medievais. Escritores e poetas procederon á lectura da obra do que foi durante anos coñecido mestre dos PP Somascos de A Guarda. Estiveron presentes nesta homenaxe a súa muller Rosa Berta Alfaro e o seu fillo Daniel. Aquí vos deixamos tamén o enlace á reportaxe especial que realizaron os nosos activos compañeiros de Infogauda con motivo doutro acto que se celebrou na súa honra ao día seguinte en Cenlle (Ourense):
19 may 2009
Medio centenar de automóbiles antigos pararon o sábado no Rosal nun día marcado pola choiva
19.5.09
Comentar
Celebrouse a Festa de San Isidro 2009
19.5.09
Comentar
Os días 15 e 16 de maio celebráronse na Praza do Calvario do Rosal as
festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorreu a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas tivo lugar a Misa Solemne -en galego- que foi oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, asistido por D. Isaac Penela Carbajales. Houbo como é habitual sermón e a procesión de ritual. O sábado 16 e debaixo da carpa instalada para a ocasión tivo lugar a gran subasta de produtos típicos da nosa terra. Aquí vos deixamos a reportaxe destes actos: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/FestaDeSanIsidro2009NoRosal#
Correlingua 2009 na Praza do Calvario do Rosal
19.5.09
Comentar
17 may 2009
Programa para o Día das Letras Galegas
17.5.09
Comentar
Baixo a organización da Agrupación Musical de O Rosal e o Concello, xunto coa colaboración da Fundación O Rosal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra terán lugar na Praza do Calvario multitude de actos con motivo do Día das Letras Galegas que este ano se lle dedica a Ramón Piñeiro:
11,00 h: Grupo de Gaitas
11,30 h: Grupo de Clarinetes Kla-son
12,30 h: Banda Infantil
16,00 h: Grupo de Pandeiretas "Ir e Vir"
17,00 h: Monicreques
18,00 h: Coro Infantil
18,30 h: Grupo de Pandeiretas "Lirolai", grupo de Tamborís e Gaitas
19,00 h: Grupo de Saxos
19,30 h: Grupo Folk "Can de Palleiro"
(Horarios aproximados). Durante todo o día serviranse tapas de polbo á feira, zorza, tortilla, empanadas, rosca de rexóns, filloas, doces e pasteis caseiros, acompañados dos exquisitos viños do Rosal. Paralelamente haberá actividades como obradoiros para nenos e nenas, xoguetes antigos ou exposicións de diferentes asociacións.
14 may 2009
En xuño comezará un curso para obter o PNB
14.5.09
Comentar
O Concello do Rosal está organizando un curso para obter o título PNB (Patrón de Navegación Básica). Levarase a cabo a partir do mes de xuño. O custo aproximado é de 450 euros. As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información deben dirixirse ao Centro Social Polivalente ou chamar ao teléfono 986 609450 antes do 23 de maio.
O "IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos" parará o sábado no Rosal
14.5.09
Comentar

13 may 2009
O venres 15 comezan as Festas de San Isidro
13.5.09
Comentar
Os días 15 e 16 de maio celebraranse na Praza do Calvario do Rosal a
s Festas en honor a San Isidro. O venres ás 10 da mañá percorrerá a vila o grupo de gaitas "Os Beira Miño". Ás 12 horas terá lugar a Misa Solemne con sermón e procesión. A verbena a partir das 21:30 horas coa orquestra "Costa Blanca" e o grupo de gaitas "A Boalleira". O sábado 16, e sobre as 19:00 horas presentación das orquestras "Super Fama" e "Estelares". Ás 8 da tarde, Gran Subasta de produtos típicos da nosa terra. Seguidamente, a verbena coas citadas orquestras.

12 may 2009
Noticiasorosal entrevistou ao arqueólogo e mestre venezolano Alexi J. Rojas Guerra
12.5.09
Comentar
Grazas ás xestións da concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio, o recoñecido
mestre Alexi José Rojas Guerra, director do Museo Arqueoló-
gico Marapa (Estado Vargas, Venezuela) impartirá no Rosal un obradoiro de "Pintura Lítica". Inventor desta novidosa técnica (pintura elaborada artesanal-
mente a base de pedra triturada e pulverizada), o Sr. Rojas está de xira por Europa achegando as manifestacións rupestres internacionais, nacionais e mesmo de cada rexión que visita á xente interesada na temática. Noticiasorosal estivo con el e co seu amigo, o tamén arqueólogo e investigador Pablo Novoa Álvarez, afincado na nosa vila. Aquí vos deixamos esta pequena entrevista:
Alumnos do I.E.S. Doña Nieves López Pastor (Jaén) visitan os Muíños do Folón e Picón
12.5.09
Comentar
Concerto do XXIII Aniversario da Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal
12.5.09
Comentar

Cristóbal Dios (Hierros Diego), gañador do IV Gran Premio Deputación de Pontevedra
12.5.09
Comentar

8 may 2009
Nuria Villa Vicente e Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel da XVII Feira do Viño
8.5.09
Comentar
A rosaleira Nuria Villa Vicente, natural de San Xoán de
Tabagón e a ecuatoriana residente en Madrid, Vannia Palacio Suárez, veñen de ser elixidas como as gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal que este ano se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo na Praza do Calvario. Como é tradicional estarán representadas a maioría das adegas pertencentes á subzo-
na do Rosal, nun evento que hoxe por hoxe recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, da gran variedade de produtos típicos e as numerosas actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días.
5 may 2009
Presentouse o equipo "Sempre ó Corte" que participará no Campionato Galego de Rally
5.5.09
Comentar
O venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally. Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fu
sco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competi-
rán tamén no grupo X pero na clase 12. Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro -entre outros pilotos- Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo. O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernán
dez Portela, ademais dos seus patrocinadores así como a desinteresa-
da cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO. En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally. Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari, un Mitshubishi Evo IX e tamén un Evo X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:
3 may 2009
Os Campelos si son profetas na súa terra
3.5.09
Comentar