TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

5 may 2009

Presentouse o equipo "Sempre ó Corte" que participará no Campionato Galego de Rally

O venres 1 de maio ás 23:00 h e coa colaboración do Concello do Rosal tivo lugar en Martín a Presentación do equipo rosaleiro “Sempre ó Corte” que, con dous coches, participará no Campionato Galego de Rally. Por un lado estarán ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participarán no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competi-
rán tamén no grupo X pero na clase 12. Ata Martín se achegaron para apoiar a este novo equipo rosaleiro -entre outros pilotos- Pablo Pazó, que este ano participa no Nacional de Rallyes sobre Asfalto e Pedro Burgo, que o domingo vén de impoñerse co seu Mitshubishi Evo VIII ao campión do Mundo Didier Auriol na final da “Carrera de Campeones – Trofeo Caixanova” que se disputou no recinto do IFEVI con motivo do Racingshow no Salón do Automóbil de Vigo. O equipo “Sempre ó Corte” quere agradecer publicamente a axuda e implicación do Concello e o seu alcalde Jesús Mª Fernández Portela, ademais dos seus patrocinadores así como a desinteresa-
da cooperación da Comunidade de Montes de San Miguel de Tabagón, a adega Lagar de Cervera, o Bar San Martiño ou a tenda de recambios +EVO. En definitiva a todos os que fixeron posible a creación deste grupo humano de máis de 25 compoñentes e nesta ocasión a pilotos e particulares que axudaron na presentación e exposición de rally. Lembramos que o venres no Rosal púidose ver grazas á organización de “Sempre ó Corte” un Ferrari, un Mitshubishi Evo IX e tamén un Evo X, un Ford Sierra Cosworth, un ZX Kit-car, coches clásicos, de car cross, etc. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:

0 comentarios:

Publicar un comentario